A poesía e os produtos locais serán protagonistas do obradoiro de poesía que impartirá a poeta Míriam Ferradáns no lugar de Sanamedio, en Bon, e que hoxe se presentou nun acto no que estiveron presentes a poeta de Bon e o concelleiro de cultura, Xosé Leal.
Segundo salientou o Leal, o obxectivo desta actividade, que se celebrará os días 12 e 26 de maio de 11 a 13 horas, é “poñer en valor a creación literaria das mulleres en Bueu”. Así, nesta primeira edición, o protagonismo recaerá en Míriam Ferradáns e nas cantigas de amor, escarnio e maldicir, que tiveron moita importancia na figura de Xohán de Cangas. Así mesmo, o acto reivindica o Pergamiño Vindel, rendendo homenaxe a un dos lugares de referencia destas cantigas.
Pola súa banda, a poeta Míriam Ferradáns apuntou que se trata duns obradoiros que terán unha primeira parte de aproximación teórica e outra de práctica a través da creación, cunha metodoloxía de aprendizaxe “moi lúdica e divulgativa, para achegarse ao que podían sentir os trobadores”. Sen dúbida, será unha boa forma de aprender, ao tempo que se visibiliza o impacto dos produtos locais como fonte de cultura popular.
As persoas que desexen participar, recoméndase que teñan máis de 16 anos, e deberán inscribirse previamente a través do correo electrónico [email protected] ou no teléfono 986324338.
El Eixo Atlántico lanza por primera vez este concurso fotográfico que permite hacer noche en dos parajes de Viana do Castelo y Sarria
Es la primera convocatoria de los cursos gratuitos dirigidos a motoristas y que la Xunta desarrollará a lo largo de los próximos dos años
Organizado por la Asociación Española Contra el Cáncer, está dirigido a personas que han perdido a su pareja por enfermedad oncológica
Dirigidos a motoristas, las personas usuarias aprenderán a reaccionar ante situaciones adversas en la carretera
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL