O Concello de Bueu convocou este xoves o Concurso de Carteis do Entroido, no que poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos cun máximo de tres obras orixinais e inéditas. O deseño gañador será o seleccionado para o cartel da programación do Entroido de Bueu nesta edición.
Entroido 2018: Toda a información sobre unha das festas do ano en Galicia
As bases, que se poden consultar na web municipal, foron aprobadas hoxe por resolución da alcaldía e establece que o prazo de entrega de orixinais remata o 2 de febreiro ás 14.00 horas. Establecerase un único premio cun importe de 300 euros, e para a valoración do xurado teranse en conta criterios como a calidade técnica e artística, o impacto visual, a creatividade e a orixinalidade.
As persoas que desexen participar poden empregar a técnica artística que consideren máis axeitada, tales como a pintura, a ilustración, a fotografía… Os traballos entregaranse ou persoalmente ou por correo postal no Rexistro Xeral do Concello.
O ano pasado a gañadora foi a pontevedresa Isabel Núñez Montero, quen presentou un deseño con moito dinamismo da imaxe, o humor e sobre todo a composición e a forza visual que expresaba plenamente o espírito do Entroido bueués.
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
O obxectivo é crear unha plataforma dixital de alfabetización ambiental na que se amosará a conexión entre cambio climático e incendios forestais
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL