A Escola Municipal de Teatro comeza este novo curso cunha importante novidade, a creación dun grupo de teatro para os adultos.
Aos tres grupos existentes, de 4 a 8 anos, de 9 a 12 anos e de 13 a 17 anos, este ano incorpórase un cuarto grupo para persoas maiores de 18 anos. Esta nova ampliación “nace da crecente demanda de persoas maiores de idade interesadas en asistir ás clases de teatro”, segundo apuntan dende o Concello.
As clases de teatro para adultos teñen lugar os martes en horario de 20:30 a 22:00 horas no Auditorio de Goián.
O grupo de persoas adultas ten un máximo de 16 prazas.
O prezo da actividade é de 15 € ao mes, aínda que existen descontos para familiares no grupo de maiores de idade.
As inscricións e toda a información necesaria están dispoñibles na Concellería de Cultura do Concello de Tomiño, no teléfono 986 622 001, ou na páxina web www.tomino.gal.
Para facilitarlle ao estudantado a preparación dos exames as bibliotecas centrais da UVigo amplían o seu horario dende este sábado día 27
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL