O Porriño ofrece apoio psicolóxico a adolescentes e coidadores para resistir o confinamento

O Concello do Porriño en colaboración coa Asociación para a Saúde Emocional na Infancia (ASEIA) vén de poñer en marcha un servizo de “primeiros auxilios emocionais” para diferentes sectores da sociedade durante o confinamento decretado tras a activación do estado de alarma.

A prestación deste apoio psicolóxico está dirixido a adolescentes do municipio e a coidadores de nenos e nenas de 0 a 11 anos. As sesión estarán realizadas, segundo informa o Concello, por profesionais da psicoloxía, traballo social, enfermería e educación social.

O servizo de atención, que será gratuíto, busca dar cobertura de apoio emocional e orientación psicolóxica, educativa e social a adolescentes e coidadores que se atopen en dificultados de desbordamento emocional, derivadas da situación de illamento social.
Aquelas persoas que desexen solicitar a axuda poden facelo a través do teléfono 622 245 545 ou no correo aseia.galicia@gmail.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*