O Concello de Nigrán, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza o curso “Reciclaxe creativo en familia” no contexto do programa Tecendo Lazos. O curso está destinado a elaboración de obxectos relacionados co Nadal, con material de refugallo (a modo de exemplo elaborarase tarxetas, separadores de libros, moedeiros, bandexas, paxaritas, caixas-niño…). O curso terá unha duración de 16 horas e desenvolverase dende o día 26 de decembro ata o día 29 de decembro, de 10.00 horas a 14.00 horas na Asociación de Veciños de Monteferro (Panxón).
Está destinado prioritariamente á persoas empadroadas en Nigrán e terán preferencia as persoas que formen parte da mesma familia, se inscriban xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos…). Poderán participar menores a partir de 10 anos.
O prazo de inscrición remata o 16 de decembro. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello acompañada da seguinte documentación: fotocopia do DNI, autorización do pai, nai ou persoa responsable do menor e fotocopia de volante de empadroamento. Para máis información na Oficina de Atención Cidadá tlf. 986 365000.
El Eixo Atlántico lanza por primera vez este concurso fotográfico que permite hacer noche en dos parajes de Viana do Castelo y Sarria
Es la primera convocatoria de los cursos gratuitos dirigidos a motoristas y que la Xunta desarrollará a lo largo de los próximos dos años
Organizado por la Asociación Española Contra el Cáncer, está dirigido a personas que han perdido a su pareja por enfermedad oncológica
Dirigidos a motoristas, las personas usuarias aprenderán a reaccionar ante situaciones adversas en la carretera
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL