• Escapada Pazo Rías Baixas
  • Galicia Fest
  • Feira do Libro
  • Carnaval Verano Valladares
  • Verbenas en Galicia
  • Fiesta Mexicana
  • Festa da Langosta
  • Verano en O Rosal
  • Histórico local Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Cursos y concursos

Salceda de Caselas súmase ao programa de "Vilas en flor"

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
22/09/2020

O programa "Vilas en Flor", unha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos de menos de 45.000 habitantes, chega este ano á súa terceira edición con doce novos concellos participantes confirmados. Este ano, incorpórase á lista de participantes a localidade pontevedresa de Salceda de Caselas xunto cos concellos de Cambados, Fene, Guitiriz, Lalín, Narón, Pontedeume, Sada, Sarria, San Sadurniño, Ames e Tui. Desta forma, xunto cos participantes do ano pasado (Allariz, Caldas de Reis, Chantada, Salvaterra de Miño, Betanzos, Culleredo, Cuntis, Tomiño, A Guarda, Carballiño, Gondomar, Mondoñedo, Ortigueira, Ponteceso, Portomarín e Baiona) xa son 28 os competidores desta terceira edición. A organización continúa a rolda de contactos coas localidades galegas de menos de 45.000 habitantes.

No caso de Salceda de Caselas destacan os numerosos investimentos que levan realizando desde hai máis dunha década para a recuperación dos espazos públicos para as persoas, tanto no casco urbano como nas sete parroquias que conforman o municipio. De feito, as sendas fluviais convertéronse xa no sinal de identidade deste concello, con espazos verdes de recreo ao longo das ribeiras dos ríos Caselas, Landres e Lagoela; un bo exemplo de actuación respetuosa co medio que ademais cumple cos parámetros de accesibilidade universal.

Másnoticias

Verónica Tourón y David Regades en una foto de archivo

Dimisión en bloque en el PSOE de Salceda por desavenencias con la agrupación provincial

21/06/2025

Salvaterra y Salceda ponen fecha a la apertura de sus piscinas municipales

18/06/2025

Entre as actuacións máis destacadas tamén resalta o acondicionamento de numerosos espazos verdes no rural como a Carballeira de Xabarís, a área recreativa de Rubás ou a dos muíños do Regueiro. En canto ao casco urbano, o concello segue unha política de humanización e recuperación dos espazos públicos para as persoas con actuacións en numerosas rúas, prazas e outros espazos da vila, destacando a remodelación da Praza da Devesa, a humanización da Rúa Compostela e adxacentes ou a urbanización da Rúa da Gándara.

O programa

Vilas en Flor persegue a mellora ambiental, social e económica dos concellos, así como a dinamización do sector do paisaxismo e a ornamentación, seguindo o modelo existente noutras comunidades autónomas como Cataluña, Aragón, Canarias e Valencia, a semellanza do sistema implantado desde hai décadas noutros países como Reino Unido, Irlanda, Francia, Italia e Canadá.

É un programa encamiñado á posta en valor da riqueza natural e paisaxística, na liña dalgunha das multifuncionalidades da infraestrutura verde. Con este proxecto preténdese a mellora estética e funcional do territorio mediante o recoñecemento público daquelas actuacións medioambientais, enriquecidas con obras de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos. As “Flores de Honra”, que abranguen cinco niveis, son o distintivo que se concede anualmente aos municipios participantes, segundo criterio dun xurado especializado formado por expertos de recoñecido prestixio no ámbito do paisaxismo. O programa recoñece tanto a traxectoria como as accións levadas a cabo polos concellos galegos para mellorar e resaltar os espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna.

Na pasada edición, o xurado distinguiu aos concellos de Chantada e Allariz con catro flores de honra, Caldas de Reis e Salvaterra con tres. A Portomarín, Ponteceso, Tomiño, Mondoñedo, A Guarda, Culleredo, Cuntis, Carballiño e Betanzos con dous; e Gondomar, Ortigueira e Baiona foron recoñecidos cunha flor de honra.

No último trimestre do ano un xurado realizará as visitas a todos os concellos participantes e decidirá que concellos son merecedores de algunha distinción así como de subir ou baixar o número de flores que alcanza cada concello ata un máximo de cinco.

Deste xeito, os concellos son recoñecidos pola súa adecuada implantación e xestión dos espazos verdes, contribuíndo de maneira directa ao desenvolvemento económico local, xerando máis actividade económica derivada do propio sector da planta ornamental e da xardinería así como dun previsible aumento de visitas turísticas. De feito existen rutas específicas para os concellos que participan neste tipo de programas. Por outra parte, os concellos polos que transcorre o Camiño de Santiago poderán ser considerados, recoñecidos e valorados desde un prisma internacional, construíndo unha marca de calidade local.

Temas: SalcedaSalceda de Caselas
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Cursos y concursos

Abren los cursos gratis de conducción segura en moto en Galicia: fechas y requisitos

Es la primera convocatoria de los cursos gratuitos dirigidos a motoristas y que la Xunta desarrollará a lo largo de los próximos dos años

PorMiguel Alonso
19/04/2025
Cursos y concursos

"Viviendo mi duelo", Vigo acoge un taller gratuito para afrontar la muerte de un ser querido

Organizado por la Asociación Española Contra el Cáncer, está dirigido a personas que han perdido a su pareja por enfermedad oncológica

PorMetropolitano
08/04/2025
Cursos y concursos

La Xunta anuncia una oleada de cursos gratis sobre conducción segura y para evitar accidentes

Dirigidos a motoristas, las personas usuarias aprenderán a reaccionar ante situaciones adversas en la carretera

PorMetropolitano
22/02/2025
Cursos y concursos

Moda y solidaridad se unen en Vigo en este concurso que te recordará al mítico "Precio justo"

El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial

PorMetropolitano
29/05/2024
Denis Pallarés, Eva Freire e Óscar Hermida con uno de los monoplazas de temporadas anteriores
( Foto: Universidade de Vigo)
Enfoque

UVigo Motorsport presenta su monoplaza UM25, más potente, ligero y aerodinámico

PorMetropolitano
27/06/2025

Apuesta por primera vez por el etanol como combustible para su monoplaza y para 2026 piensa en un vehículo autónomo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X