• Alerta por lluvia
  • Centro boutique Vigo
  • Próxima apertura Vigo
  • Inversiones Xunta Vigo
  • Mercado Reciclado
  • Fiesta Vigo
  • Casa Rías Baixas
  • Samaín Tomiño
  • Navidad Portugal
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Cursos y concursos

Un novo proxecto piloto 5G aproxima as vantaxes da Educación 4.0 ás aulas universitarias

Un novo proxecto piloto 5G aproxima as vantaxes da Educación 4.0 ás aulas universitarias
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
04/11/2021

Clases enriquecidas con contidos 3D, soportados polas novas tecnoloxías 5G, para mellorar as experiencias do alumnado. A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación acolleu este xoves a presentación de resultados dun novo proxecto piloto 5G desenvolto, nesta ocasión, por un consorcio liderado pola empresa Orange en colaboración co centro atlanTTic da Universidade de Vigo e a multinancional Capgemini. Esta nova rede móbil 5G achega ás aulas universitarias as vantaxes da denominada educación 4.0 facilitando a realización de clases virtuais nas que se combinan as tecnoloxías da realidade aumentada coas comunicacións 5G, o que permite enriquecer a docencia con novos contidos avanzados que serán de utilidade non só para o caso de estudantes que sigan as clases desde os seus propios fogares, senón tamén para os que estean presentes na aula.

Enmarcado no Plan Nacional 5G, o programa para o desenvolvemento de proxectos piloto de tecnoloxía 5G que executa a entidade pública empresarial Red.es, impulsada polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital e cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Feder, “este proxecto é cun claro exemplo de como estas tecnoloxías permiten traer o futuro ao presente e con el pode tamén comprobarse de xeito claro os excelentes resultados que dá a colaboración público-privada”, tal e como recalcou na presentación o vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado Manuel Ramos, intres antes de que se iniciase, no propio salón de actos da escola, unha demostración práctica de como funciona este caso de uso.

Másnoticias

Vigo inspira a A Coruña, que estrena unas escaleras mecánicas en el barrio de Monte Alto

Vigo inspira a A Coruña, que estrena unas escaleras mecánicas en el barrio de Monte Alto

20/10/2025
Abre una panadería-pastelería con sabores de Portugal en Vigo con una inauguración llena de regalos

Abre una panadería-pastelería con sabores de Portugal en Vigo con una inauguración llena de regalos

20/10/2025

Contidos avanzados que enriquecen a docencia

A tecnoloxía desenvolta neste proxecto piloto consiste na instalación na aula dunha cámara que grava en alta definición e transmite en tempo real aos diferentes alumnos e alumnas que se conecten en remoto mediante un servidor instalado na aula. Na demostración os docentes empregan unhas gafas hololens (de realidade aumentada) para mostrar e manipular un modelo 3D, de forma que o alumnado poderá velo no seu móbil en tempo real. Deste xeito, tanto na aula como en remoto, o alumnado terá acceso a un material que facilita a aprendizaxe.

Neste caso a Universidade de Vigo colaborou como cliente final do proxecto, coa participación de varios investigadores e investigadoras do centro atlanTTic e docentes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación como Ana Vázquez Alejo e Felipe Gil. Concretamente, encargáronse de definir os contidos docentes que posteriormente elaborou Capgemini, xunto coa aplicación para as Hololens e a aplicación de vista en terceira persoa.

O desenvolvemento deste piloto 5G permite mostrar as vantaxes da tecnoloxía nun caso de uso de educación. “As redes 5G permiten transmitir en tempo real información multimedia de alta calidade, que pode consultar tanto o estudantado que está presente como o conectado en remoto para mellorar a comprensión dos contidos”, explica Felipe Gil, un dos responsables do proxecto, ao que engade que “este caso de uso mostra como se pode enriquecer a docencia con novos contidos avanzados soportados polas tecnoloxías 5G, tanto para a docencia presencial, a híbrida ou a remota", sinala Gil.

Froito da colaboración público-privada

Ao igual que o vicerreitor, Nani Fernández, directora de Relacións Institucionais de Orange España, insistiu na importancia da colaboración público-privada. “Con este proxecto demóstrase o bo que é colaborar empresas e institucións, sobre todo as universidades, onde están as alumnas e alumnos, que en breve serán o verdadeiro motor da economía e que deben estar en constante contacto coas empresas”, subliñou a responsable de Orange. Xunto a ela referiuse tamén a este aspecto a directora da escola, Rebeca Díaz, quen insistiu na idea de que os traballos que se realizan nestas liñas “tan novidosas” repercuten de xeito claro na formación que se lle dá ao alumnado, “unha formación que é eminentemente práctica e na que hai moito vínculo coas empresas”.

“Con este proxecto o que facemos é ofrecer toda unha serie de tecnoloxías que contribúen a mellorar a experiencia da ensinanza remota de xeito que, tanto os docentes como o alumnado, poidan incorporar novos contidos a través de formatos máis inmersivos”, explicou a responsable de Orange, ao que engadiu que a pandemia “ensinounos que a educación a distancia e, en xeral este tipo de proxectos, chegaron para quedar”.

Na presentación contouse tamén coa participación do director de atlanTTic, o profesor Martín Llamas, que fixo fincapé en que a tecnoloxía 5G é unha das liñas estratéxicas deste centro de investigación. “Neste caso o proxecto facilítanos facer realidade un dos nosos principais obxectivos, que é facer unha investigación de calidade e ser quen de transferila á sociedade, neste caso actuando como demostradores do que é capaz de facer unha tecnoloxía”, salientou o responsable de atlanTTIC.

En nome da empresa Capgemini, Pablo Herrero explicou as vantaxes da realidade aumentada como ferramenta de futuro, mentres que da presentación do caso de uso se fixo cargo a profesora Ana Vázquez Alejo. Pechou o acto, Francisco Javier García, director de Servizos Públicos Dixitais de Red.es, que puxo o acento en como este tipo de proxectos dan visibilidade as vantaxes do 5G e “ás aplicacións tan disruptivas que traen consigo”.

Temas: 5GtecnologíaUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La tercera ciudad más acogedora del mundo de 2024 se encuentra en el norte de Portugal
Cursos y concursos

Nace un concurso fotográfico que te lleva de escapada a estos concellos de Galicia y el Norte de Portugal

...

PorMetropolitano
03/07/2025
La Xunta anuncia una oleada de cursos gratis sobre conducción segura y para evitar accidentes
Cursos y concursos

Abren los cursos gratis de conducción segura en moto en Galicia: fechas y requisitos

...

PorMiguel Alonso
19/04/2025
"Viviendo mi duelo", Vigo acoge un taller gratuito para afrontar la muerte de un ser querido
Cursos y concursos

"Viviendo mi duelo", Vigo acoge un taller gratuito para afrontar la muerte de un ser querido

...

PorMetropolitano
08/04/2025
La Xunta anuncia una oleada de cursos gratis sobre conducción segura y para evitar accidentes
Cursos y concursos

La Xunta anuncia una oleada de cursos gratis sobre conducción segura y para evitar accidentes

...

PorMetropolitano
22/02/2025
La UVigo solicitará Medicina si no hay nuevo convenio de descentralización antes de un mes
Enfoque

La UVigo solicitará Medicina si no hay nuevo convenio de descentralización antes de un mes

PorEuropa Press
18/10/2025

En el Consello de Goberno de la UVigo se ha aprobado la "expresión de interés" en la implantación de ese grado

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

26oct16:00Motohalloween en VigoRUTA DE MOTOS | VIGO

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X