Un total de 200 deportistas participarán este domingo, día 10 de abril, na terceira edición da “Enduro Faro de Budiño”. O evento deportivo, organizado pola Asociación Deportiva A Forna en colaboración co Concello do Porriño, foi presentada esta mañá polo alcalde, Alejandro Lorenzo, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, e representantes da organización, Eloy Hermida e Manuel del Gesso, que ademais participará na categoría Master 30.
A proba, incluida na Copa de Galicia de Enduro, disputarase na parroquia de Budiño e constará de 5 tramos de enlace e 5 cronometrados individuais que entre eles sumarán unha distancia aproximada de 30 quilómetros e desnivel positivo de 1200 metros. Serán nove as categorías que aglutinarán aos participantes na proba da que os organizadores destacaron a “súa vistosidade”.
O concelleiro de Deportes, destacou que “para o Concello do Porriño todas as modalidades deportivas son igual de importantes” e tamén o feito de que “se leve a cabo na parroquia de Budiño, que conta cun entorno impresionante. O Faro de Budiño é un bo escenario para este tipo de probas”. O edil explicou que un dos obxectivos do novo executivo é levar o deporte ás parroquias e reiterou o apoio do Concello á AD A Forna en todas as iniciativas deportivas que propoña. “Este é o inicio dunha relación, entre o Concello e o club, que ten que durar moitos anos porque estou seguro que vai ser un club moi importante neste concello”.
No mesmo sentido se expresou o rexedor porriñés, que reiterou o seu apoio á AD A Forna e salientou o “gran traballo que fan”. “O Concello do Porriño seguirá apoiando o Deporte, abrindo os eventos deportivos a todo o termo municipal”, concluíu o Lorenzo, “Por iso vos animo a todos e todas a disfrutar este domingo da proba en Budiño e apoiar así a práctica deportiva e en especial á AD A Forna”.
Caballero ha anunciado que el Concello de Vigo hará un homenaje a Borja Iglesias tras la conquista del Mundial con la selección española
Vigo afronta la resaca del triunfo de España en la Copa del Mundo con el sueño de que Balaídos acoja el Mundial 2030
Personas de Portugal, Reino Unido, Estados Unidos, Noruega y Suiza, además de españoles, participaron este fin de semana en la Costa Serena
La Diputación de Pontevedra instalará una pantalla en una céntrica plaza de Vigo para ver el España - Bélgica de este viernes
Trátase da primeira publicación que incorpora fotografías das diferentes especies
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL