Do 18 ao 31 deste mes maio, a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo celebra dúas semanas de portas abertas. O obxectivo é que toda a comunidade universitaria poida coñecer, de balde e sen compromiso, tanto as instalacións xestionadas pola UVigo como as actividades deportivas que se desenvolven nos tres campus e que forman parte do Abono Muver.
Así, ao longo de quince días, as persoas que forman parte da institución poderán, por exemplo, coñecer as salas cardio-fitness ou participar en múltiples actividades, como HIIT, adestramento funcional, ioga, Core ou pilates. Para toda as actividades é preciso reservar praza.
Todas e todos aqueles que, despois de probar, queiran facerse co Abono mUVer, poden optar pola modalidade anual, cuadrimestral ou só para os meses de verán. Esta proposta da Área de Benestar, Saúde e Deporte está aberta tanto á comunidade universitaria e familia UVigo, como a outras persoas e colectivos vencellados á institución, así como a persoas externas. A subscrición dá acceso ás instalacións deportivas da Universidade de Vigo nos tres campus durante todo o seu horario de apertura: salas cardio-fitness, tenis de mesa e pistas de atletismo (Vigo e Ourense), pistas de tenis (Vigo e Ourense), muro de escalada (Vigo) e aluguer de bicicletas BTT (Vigo). Ademais, tamén se pode participar de balde nas actividades dirixidas de fitness incluídas no abono e ter un seguimento técnico dos programas de adestramento. A maiores, as e os abonados mUVer que formen parte da comunidade universitaria benefícianse dun 20 % de desconto nas escolas deportivas e nas actividades puntuais no medio natural, como son os programas Augaventura e Delecer.
Os prezos do abono Muver dependen tanto do colectivo ao que pertenza a persoa usuaria como da duración da inscrición. Así, o modalidade anual varía entre os 60 euros para a comunidade universitaria e familia UVigo, 90€ para outras persoas e colectivos vencellados á UVigo, 180 euros para persoas externas. A matrícula cuadrimestral varía entre 35€, 50€ ou 100€ mentres que se se opta por inscribirse tan só no verán os prezos móvense entre os 15€, 22.50€ e 30€.
El Celta ha anunciado el plazo para solicitar las entradas del primer partido como visitante en la Europa League. ¡Así es la inscripción!
El Celta abrirá su participación europea lejos de Balaídos el próximo 25 de septiembre ante el Stuttgart alemán
El centro educativo de O Porriño es uno de los seis que se suman este curso a impartir el Bachillerato STEM
El Celta se medirá a estos ocho rivales en la Fase Liga de la Europa League: estos son los adversarios, viajes y fechas del EuroCelta
O seu traballo céntrase na extracción verde de compostos bioactivos de subprodutos agroalimentarios
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL