El Concello asegura que “no pone en duda” la existencia de los cascotes de Balaídos

Imagen subida por un aficionado de la grada de Marcador // FOTO: @david4lema

El Concello de Vigo ha emitido un nuevo comunicado sobre la imagen del pasado domingo que denunciaba desprendimientos en el campo de Balaídos. Tras la polémica suscitada el pasado lunes al señalar que los técnicos “no encontraron correlación entre el material de la fotografía y los existentes en la parte estructural de la grada de Marcador” y que esta zona del estadio “no se correspondía con el empleado en las reparaciones”, el Concello aclara que “no pone en duda la versión de ningún aficionado”.

El titular de Fomento, Javier Pardo, explica que el Concello “garantiza siempre la seguridad, tanto es así que al día siguiente de ver la foto los técnicos se desplazaron al estadio para estudiar las posibles causas de los desprendimientos”.

El Concello de Vigo asegura en este segundo comunicado que quiere evitar “interpretaciones” y aclara que “en ningún momento se pone en duda la existencia de los restos” que aparecían en la imagen que un aficionado publicó el pasado domingo en sus redes sociales. El Gobierno municipal explica que en los próximos días se continuará estudiando y revisando la grada con el objetivo de “concretar la causa del desprendimiento y garantizar la seguridad de los espectadores”.

Precisamente, este miércoles la Federación de Peña del Celta emitía un comunicado para mostrar su rechazo a las acusaciones de “mentirosos” a los peñistas que denunciaron la caída de cascotes durante el encuentro disputado entre el Celta y el Betis. La asociación exige que no se implique al celtismo en “tramas políticas interesadas” e insisten en la necesidad de solucionar los “problemas estructurales de las gradas para garantizar la seguridad de los aficionados”.

A continuación puedes leer de forma íntegra el comunicado enviado el pasado lunes 11 de marzo y el remitido este miércoles 13 de marzo.

Comunicado del lunes, 11 de marzo

Vigo, 11 de marzo de 2019.- Logo da publicación hoxe nos medios de comunicación dunha fotografía difundida nas redes sociais onte domingo sobre a bancada de Marcador, este luns ordenamos a realización dunha inspección visual da citada bancada e da súa cubrición.

Un total de sete profesionais inspeccionaron Marcador e percorreron todos os corredores entre os asentos da bancada, co obxecto de determinar a posible orixe da imaxe aparecida nas redes sociais. O equipo técnico estivo formado por:

  • dous xefes de obra e o encargado das actuacións de reparación levadas a cabo en Marcador entre decembro do pasado ano e xaneiro de 2019
  • un enxeñeiro de estruturas pertencente ao equipo redactor do informe técnico sobre o estado das bancadas de Marcador e Gol de decembro de 2018
  • un inspector e dous técnicos municipais.

Rematada a inspección deste luns, e coa cautela pertinente ao dispoñer só dunha fotografía difundida en redes sociais, os responsables técnicos conclúen o seguinte:

  • inicialmente non se atopa correlación entre o material da imaxe publicada e os existentes na parte estrutural da bancada de Marcador
  • o material da nomeada imaxe non se corresponde co empregado nas reparacións efectuadas recentemente (decembro de 2018 e xaneiro de 2019)
  • na inspección visual non se atoparon patoloxías estruturais que poidan dar lugar a ese resto que aparece na fotografía publicada en redes sociais

De todos formas, e como xa vimos facendo periodicamente, desde o Concello continuaremos nos próximos días coa avaliación e revisión das estruturas para garantir a seguridade de todos os espectadores.

Comunicado del miércoles, 13 de marzo
Vigo, 13 de marzo de 2019.– Despois da publicación nos medios de comunicación de partes do comunicado emitido polo Concello o pasado luns, ao respecto da incidencia acaecida na grada de Marcador durante o partido do pasado domingo en Balaídos, e ante as interpretacións levadas a cabo sobre este, queremos aclarar:
  • En ningún momento o Concello de Vigo pon en dúbida a existencia dos citados restos.
  • No comunicado indícase de forma clara que, inicialmente, tras esta primeira visita, os técnicos non atoparon correlación entre o morteiro amosado e o material da parte estrutural da grada de Marcador. Isto quere dicir eses restos mostrados non forman parte do soporte estrutural da grada (principalmente conformada con formigón e aceiro), senón que asemellan ser morteiro ou algún material similar cunha función complementaria á estrutural, como se indica no citado comunicado.
  • Tamén se recolle no citado documento que nesa inspección visual non se atoparon patoloxías estruturais, polo que o desprendemento non está asociado á estabilidade estrutural da grada de Marcador.
  • Ademais, o comunicado recolle que nos próximos días vaise continuar coa avaliación e a revisión da grada. Esta inspección complementaria, que anunciabamos o luns no comunicado, está a realizarse hoxe mércores co obxectivo de rematar de concretar a causa do desprendemento e garantir a seguridade de todos os espectadores.

O Concello de Vigo garante sempre a seguridade e non pon en dúbida a versión de ningún afeccionado. Tanto é así que, ao día seguinte de ver as fotos, os técnicos municipais desprazáronse ao estadio para estudar as posibles causas dos desprendementos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*