Moaña prepara con mimo o que será un dos días máis felices da vida de Iago Aspas. O Concello morracense amosou as datas chave para esa gran festa que incorporará o nome do internacional español ao estadio do fútbol do CD Moaña nunha xornada na que destaca, ademais dos actos institucionais, ese encontro que levará ao primeiro equipo do Celta, liderado polo propio Iago Aspas, a medirse ao conxunto moañés.
A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, detallaba este mércores as datas. O vindeiro martes 23 de xullo terá lugar o pleno no que se aprobará a denominación do estadio do CD Moaña como “Iago Aspas Juncal – O Casal”. O acto central celebrarase o domingo 28. Está garantida a presenza do “10” celeste e a súa familia. O apartado institucional comezará ás 19:00 horas nun evento no que o xogador do Celta e da Selección descubrirá unha placa. A rexedora moañesa apuntou que se mantén o nome de O Casal para manter a importancia dos veciños no club deportivo moañés.
Esta homenaxe ao máximo goleador nacional da Liga nas últimas tres tempadas culminará cun partido amistoso, ás 20:00 horas, no que está previsto que a nai de Iago Aspas faga o saque de honra. O encontro medirá ao CD Moaña e ao Celta de Vigo, un choque que será un dos encontros da pretempada do conxunto que dirixe Fran Escribá. Silverio Álvarez, da Peña Iago Aspas, sinalaba na rolda de prensa deste mércores que a presenza de Iago Aspas neste partido está asegurada.
O partido amistoso entre ambos conxuntos será mediante convite. O aforo do estadio “Iago Aspas Juncal – O Casal” é de 400 persoas, polo que se prevé que entre as entidades deportivas, institucionais e persoas que apoiaron a nova denominación do estadio se complete o aforo do campo de fútbol no que Iago Aspas vivirá un dos días máis bonitos da súa vida. Como afirmaban tanto Leticia Santos como José Manuel Sotelo, vocal do CD Moaña, o futbolista ben merece este recoñecemento. “É un gran embaixador da vila”.
A rolda de prensa contou coa presenza da alcaldesa Leticia Santos, de José Manuel Sotelo, vocal do CD Moaña; de Silverio Álvarez; da Peña Iago Aspas; Juan Parcero, concelleiro do BNG; e os concelleiros do PP Araceli Otero e Daniel González.
Vigo afronta la resaca del triunfo de España en la Copa del Mundo con el sueño de que Balaídos acoja el Mundial 2030
Personas de Portugal, Reino Unido, Estados Unidos, Noruega y Suiza, además de españoles, participaron este fin de semana en la Costa Serena
La Diputación de Pontevedra instalará una pantalla en una céntrica plaza de Vigo para ver el España - Bélgica de este viernes
Los jóvenes deportistas compiten esta semana en diferentes modalidades como baloncesto, balonmano, voleibol, atletismo y natación
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL