Máis de 50 nadadores participaron na Travesía a nado do Porto da Guarda





Na mañá do sábado día 7 de xullo, o Porto da Guarda acolleu a XXIII edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda, un evento deportivo ligado á celebración da XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira que dende o pasado venres celébrase na vila da Guarda.

Ás 12:00 horas os participantes tomaron a saída nesta proba, cunha boa temperatura da auga, que propiciou o goce deste deporte. Nesta XXIII edición resultaron gañadores absolutos Marcos Martínez Martínez e Antía Ortego Porta, entregándose ademais premios para o nadador máis xove, Hugo Calvo Castro, o nadador máis veterano, Juan Enrique Salgado González, a nadadora máis xove, Laura Blanco Pérez para a nadadora máis veterana, Iria Álvarez Nion.




Este evento deportivo estivo organizado pola Concellería de Deportes do Concello da Guarda en colaboración co Clube de Remo Robaleira, o Clube Alagua, a Confraría de Pescadores Santa Tecla e Río Verde embarcacións.

Ás 13:00 horas realizouse no interior da carpa a entrega de premios, participando o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o concelleiro de Deportes, Xavier Crespo, a concelleira de Cultura, Elena Baz e a concelleira de Turismo e deputada provincial, Montserrat Magallanes.

Gañadores por categorías

Categoría E – Nados entre 2003 e 2006
1- Laura Blanco Pérez
2- Ana Paula Eijo Gil

Categoría F – Nados entre 1998 e 2002
1- Antía Ortego Porta
2- Irene Rivadulla Mallo

Categoría G – Nados entre 1981 e 1997
1- Sandra Vidal Lino
2- Sara Noa Martínez Rodríguez
3- Carolina Carrera Pérez

Categoría H – Nados entre 1980 e anteriores
1- Iria Álvarez Nion
2- María Costa Ríos
3- Ledicia Seoane Núñez

Categoría I – Nados entre 2003 e 2006
1- Marcos Martínez Martínez
2- Diego Gutiérrez López
3- Sul Baz Oliveira

Categoría J – Nados entre 1998 e 2002
1- Jorge Calvo Castro
2- Pedro Comesaña Amoedo

Categoría K – Nados entre 1981 e 1997
1- Eugenio Miguez González
2- David Comesaña Amoedo
3- Adrián Trillo Rodríguez

Categoría L – Nados entre 1980 e anteriores
1- Ramón Vázquez Otero
2- Miguel Fins Seoane
3- Javier Olea Coomonte

Casificación Xeral 1500m
1- Marcos Martínez Martínez
2- Antía Ortego Porta
3- Ramón Vázuez Otero
4- Miguel Fins Seoane
5- Eugenio Míguez González
6- Javier Olea Coomontte
7- Diego Gutiérrez López
8- Jorge Calvo Castro
9- Laura Blanco Pérez
10- Rafael Salcidos Vázquez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*