O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras para construír a primeira pista de atletismo homologada na comarca e un parque de skate, instalacións que estarán rematadas antes de que finalice o ano. Este novo complexo deportivo, que estará completamente integrado na paisaxe, sitúase en 18.000 metros cadrados da zona verde destinada a uso deportivo de Porto do Molle e forma parte do proxecto de acondicionamento das marxes do río Muíños e que ten un orzamento de 510.000 €.
A pista de atletismo, a primeira en Nigrán, contará con catro rúas para competir en carreiras de 400 metros e tamén estará habilitada para as probas de velocidade con 115 metros. A superficie será de pavimento sintético de poliuretano e caucho, permeable sobre base de aglomerado e recheo drenante. A maiores, a instalación contará con dúas rúas exteriores en balastro natural para velocidade e carreira e, no interior, salto de altura con 15 metros de zona de impulso, salto de lonxitude e triple salto. Terá tamén zona de lanzamentos.
Prácticamente anexo, nun espazo de 53×16 metros, estará o skate park con diferentes elementos para os skaters (en concreto, terá wave, quarter, wave invertido, funbox e spine). Toda a nova instalación deportiva estará nun recinto pechado con iluminación artificial e ao seu carón (tamén a piques de comezar a obra contemplada no mesmo proxecto) haberá unha zona de recreo infantil e familiar con elementos de recreo como columpios, tirolina, circuito de bicicletas BMX….
Os traballos nas marxes do río Muíños buscan devolver o equilibio natural o río facendo del un espazo fluvial de referencia en Galicia dende o punto de vista paisaxístico, ambiental, e incluso técnico, xa que para a súa recuperación se aplicarán solucións de drenaxe sostible pioneiras na comunidade.
As obras comprenden 300.000 metros cadrados nos máis de 2 km de curso medio en Porto do Molle e 3 no río Nespereira, contemplando dende á revexetación das súas ribeiras con técnicas de bioenxeñaría novidosas á creación de espazos de bosque natural (non sempre transitable) ou a instalación de bandas de protección nas marxes e creación de pendentes naturais.
marzo de 2023
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Valença
Vigo
Vilaboa
A programación da XXV edición da Miteu acollerá un total de seis representación entre os meses de marzo e maio con entrada de balde
marzo de 2023
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Valença
Vigo
Vilaboa
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL