O Clube de Xadrez Laroca, en colaboración co Concello de Nigrán, organiza un ano máis o 'VII Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol", pertencente ao XIII Circuito Gallego de Ajedrez Promoción, e que terá lugar durante todo o sábado no Pavillón Municipal de Panxón. Centos de xóvenes axedrecistas participarán nesta competición na que o clube nigranés rende homenaxe ao seu compañeiro Dani da Rocha, falecido en 2011. Coma no ano anterior, pídese como custe da inscrición unha achega para o banco de alimentos municipal de Nigrán.
O torneo congregará categorías sub-8, 10, 12, 14 e 20 dende as 11.00 horas, sucedéndose as sete roldas ata as 19.40 horas que será a clausura e entrega de premios. Para fomentar a participación, haberá trofeos para os participantes e sorteo de agasallos.
Dende o Concello de Nigrán celebran a aparición nos últimos anos de novos clubs e escolas de xadrez que promoven esta disciplina, o incremento da oferta de torneos por todo o territorio e a posibilidade de que o xadrez sexa materia de libre configuración. Por todo elo, o Concello séntese “especialmente orgulloso de acoller cada ano este evento que rende homenaxe a Dani da Rocha Prol".
Uno de los fichajes más esperados ya viste la zamarra celeste, Bryan Zaragoza firma su vinculación con el Celta
El Celta presenta su innovadora tercera camiseta y estrena su nueva tienda en Balaídos, con Celestino como sorpresa
La alcaldesa de Mos manifestó que espera que Feijóo inaugure la segunda fase de Afouteza como presidente del Gobierno
El asturiano logra su tercera victoria del Rallye Rías Baixas tras subirse a lo más alto del podio en 2021 y 2023
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL