• Festa furancheira
  • Festa da Sardiña Vigo
  • Perreo en Vigo
  • Gen Z y ocio nocturno en Vigo
  • Chenoa
  • Amancio Ortega
  • Pueblo bonito de Galicia
  • Nuevo chiringuito
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

16 proxectos para 'revivir' o rural metropolitano: de turismo con encanto a un centro TIC para o monte

16 proxectos para 'revivir' o rural metropolitano: de turismo con encanto a un centro TIC para o monte
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
16/02/2021

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural continúa traballando na transformación do rural, apostando pola posta en marcha de iniciativas xeradoras de actividade económica e emprego nos 13 concellos do territorio. Neste sentido, nos últimos dous anos puxéronse en marcha un total de 16 proxectos co-financiados con fondos Leader a través do GDR 14 nas convocatorias 2019-2020 e 2020-2021, iniciativas que suporán un investimento total de máis de 2 millóns de euros para a mellora e modernización de instalacións, a dixitalización, a recuperación do territorio e o inicio de novas actividades económicas en oito dos seus municipios de actuación. O investimento público a estas iniciativas supón ao redor do 38% do investimento total. Con estes proxectos, dez de eles xa rematados e outros seis en fase de execución, xeraranse 30 novos postos de traballo e se consolidarán 39 postos de traballo xa existentes.

Entre as iniciativas postas en marcha na actual convocatoria, cun investimento total de máis de 921.000 euros, atópanse tres proxectos produtivos en Tomiño e Tui. Así, está en execución a ampliación da maquinaria nunha clínica veterinaria tomiñesa tras o traslado a un local maior e a implementación de novos servizos e tratamentos pioneiros no Baixo Miño e que ata o de agora non ofertaba por falta de espazo. Ampliarase a zona de hospitalización e internamento dos animais e porase en marcha un servizo de diagnose por imaxe outro de oftalmoloxía.

Másnoticias

El área de Vigo acogerá una fiesta furancheira a lo 'San Blas de Bembrive' con queimada gratis y música

El área de Vigo acogerá una fiesta furancheira a lo 'San Blas de Bembrive' con queimada gratis y música

06/06/2026
Tui y Valença ofrecen un viaje en el tiempo a través de la historia judía

Tui busca formar camareros con un curso gratis que facilitará encontrar empleo

06/06/2026

Pola súa banda, en Tui levarase a cabo a rehabilitación dun edificio singular situado na zona da explosión de Paramos para a posta en marcha do Centro da Torre, unha residencia para persoas maiores que ofertará tanto servizo completo de aloxamento, coidado e actividades aos usuarios e usuarias como o acceso a coidados específicos e atención nun servizo de centro de día. Esta iniciativa busca modificar a óptica xeral na prestación de servizos de atención a persoas da terceira idade. Neste mesmo concello tamén se traballa na posta en marcha dun centro de rehabilitación neurolóxica innovador e multidisciplinar, que ofrecerá unha rehabilitación coordinada e focal para o tratamento de alteracións do sistema nervioso central e/ou periférico, na infancia e na idade adulta.

Como proxecto non produtivo crearase un centro forestal adaptado TIC para persoas maiores no Rosal. Rehabilitarase unha edificación da CMVMC San Xoán de Tabagón no que ademais da posta en valor do patrimonio rural crearase unha aula adaptada TIC, unha aula de interpretación do monte, un espazo de charlas e conferencias relacionadas co medio natural, zona de exposicións de carácter etnográfico e de actividade cultural e oficinas administrativas. A súa ubicación, xunto a un parque biosaudable, completarán a oferta de usos múltiples da contorna adaptado ás persoas maiores e con mobilidade reducida.

Nesta convocatoria tamén se porán en marcha dous proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas. Por unha banda desenvolverase BAIONADIXITAL, dous espazos formativos en NTICS para a veciñanza situado no centro multiusos Ángel Bedriñana para fomentar a dixitalización e, por outra, poranse en marcha unha serie de iniciativas para construír un Concello de Tui 2.0 coa administración electrónica como peza clave, creando unha oficina virtual que sexa o punto neurálxico das relacións da veciñanza coa corporación municipal.

Dez proxectos que finalizaron a súa execución durante o pasado ano 2020

A anterior convocatoria dos fondos Leader permitiu co-financiar dez novas iniciativas cun investimento total de case 1,2 millóns de euros cos que seguir a transformar o rural, oito para proxectos produtivos, un para non produtivos e outro para non produtivos promovidos por entidades públicas.

Entre os produtivos e xa executados levouse a cabo a modernización do obradoiro e dun muíño para moer a súa propia fariña na panadería Argibay (O Porriño), procedeuse ao acondicionamento e creación de instalacións para a posta en marcha dunha escola de tenis na parroquia mosense de Sanguiñeda, creouse unha escola infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en Mos, púxose en marcha o centro de día ‘Adiante Mos’ e botaron a andar uns apartamentos turísticos en Figueiró con 16 novas prazas de aloxamento rural e unha oferta de actividades na contorna diferente, como rutas en bicicleta ou xornadas gastronómicas.

Neste mesmo apartado tamén se levou a cabo a transformación e comercialización de produtos cárnicos da nosa terra dun promotor vinculado coa explotación gandeira de razas autóctonas de vacún, porcino, caprino e avícola. Co proxecto acondicionouse un local con sala de elaboracións no Mercado de Goián, en Tomiño, e adquiriuse a maquinaria e o equipamento necesarios. Por outro lado, adquiriuse o mobiliario e equipamento informático para oficinas, laboratorio e cociña de Pazo de Valdomiño, un referente no Baixo Miño e na contorna dentro do sector da destilería e da elaboración de licores tradicionais galegos. Na fase final de execución atópase a creación dun centro de hípica no Galleiro, na antiga casa escola de Nespereira, no concello de Pazos de Borbén.

Xa dentro das iniciativas non produtivas, o GDR 14 colaborou na posta en marcha de ‘As vaquiñas de Pinzás’, un proxecto innovador para a xestión sostible do monte que busca por un lado recuperar a tradición gandeira con vacas de raza vianesa, en perigo de extinción, e, por outro, darlle novos aproveitamentos ao monte que repercutan na conservación da biodiversidade e na prevención de incendios.

Por último, e a iniciativa do Concello de Oia, realizáronse obras de mellora no centro de Torroña para transformar unha antiga escola unitaria nun espazo destinado á realización de cursos e actividades para a poboación do concello para o envellecemento activo da poboación.

Todos estes proxectos están co-financiados con fondos da Medida Leader Galicia 2014 - 2020 para a posta en marcha de estratexias de desenvolvemento local participativo dentro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR 2014-2020) para as anualidades 2019 – 2020 e 2020 - 2021, co-financiada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Temas: A LouriñaBaionaEu RuralO Baixo MiñoO PorriñoO RosalO Val MiñorruralTomiñoTui
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Tui y Valença ofrecen un viaje en el tiempo a través de la historia judía
Enfoque

Tui busca formar camareros con un curso gratis que facilitará encontrar empleo

Ante la dificultad de la hostelería para encontrar camareros, Tui ha lanzado un curso gratis. Dará formación y facilitará encontrar empleo

PorAlfredo Teja
06/06/2026
Generación Z y la fiesta, ¿en peligro de extinción el ocio nocturno de Vigo?
Enfoque

Generación Z y la fiesta, ¿en peligro de extinción el ocio nocturno de Vigo?

Cada vez surgen nuevas formas de ocio, más allá de las clásicas discotecas y pubs. ¿Las nuevas generaciones rechazan el ocio nocturno?

PorSara Rodríguez
06/06/2026
Amancio Ortega visita su particular paraíso de O Morrazo con su yate de ultralujo
Enfoque

Amancio Ortega visita su particular paraíso de O Morrazo con su yate de ultralujo

El yate Valoria B se encuentra este sábado en la Ría de Aldán. El paraíso que cada año conquista al propietario del barco, Amancio Ortega

PorUxía Pérez
06/06/2026
Galicia esconde, oficialmente, uno de los pueblos más bonitos de España y tiene poco más de 100 habitantes
Enfoque

Galicia esconde, oficialmente, uno de los pueblos más bonitos de España y tiene poco más de 100 habitantes

Reconocen oficialmente este concello de Galicia como uno de los más bonitos de toda España. ¿Lo has visitado alguna vez?

PorAlfredo Teja
06/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03jun(jun 3)18:0007(jun 7)21:30Festa da Coca de RedondelaFIESTAS | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X