• Pulmón verde Teis
  • Vigo Arena
  • Entradas The Dorrs
  • Festival Baiona
  • Liquidación en Vigo
  • Porrigalia
  • Próxima apertura
  • Visitas gratis O Rosal
  • Fiesta gastro
  • Fiestón Ourense
  • Playa O Cocho
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A área de Vigo pon en marcha a primeira unidade multidisciplinar de soporte nutricional de Galicia

A área de Vigo pon en marcha a primeira unidade multidisciplinar de soporte nutricional de Galicia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
24/02/2021

A Área Sanitaria de Vigo pon en marcha a primeira Unidade multidisciplinar de Soporte Nutricional de Galicia, unha iniciativa que parte dos servizos de Farmacia Hospitalaria e de Endocrinoloxía, mediante un traballo interdisciplinar de cada un deles, e que se presentou oficialmente hoxe. A Unidade será das poucas deste tipo que funcionan na sanidade pública española e dará cobertura a pacientes hospitalizados e ambulatorios, que serán derivados tanto desde Atención primaria como hospitalaria. O obxectivo é prestar un servizo para satisfacer as necesidades nutricionais de pacientes con diversas patoloxías ou problemas de saúde e conseguir e manter un adecuado estado nutricional en todos eles.

O carácter multidisciplinar da Unidade sitúa ao paciente no centro do proceso asistencial, e as súas accións están encamiñadas a poñer en valor o papel preventivo, terapéutico e de aforro de complicacións asociado ao adecuado soporte nutricional do paciente. O traballo asistencial levarase a cabo tanto no Hospital Álvaro Cunqueiro como no Meixoeiro e en estreita colaboración cos centros de saúde e cos distintos servizos de hospitalización da Área Sanitaria.

Másnoticias

El nuevo ecobarrio de Vigo, sin coches, con vistas al mar, vivienda protegida y zonas comerciales

Vigo ganará un gran "pulmón verde" en Teis y se hará con la zona arbolada del Colegio Apóstol

22/07/2026
Un "templo" del ciclismo en Vigo comienza una nueva vida con una "liquidación histórica" de sus artículos

Un "templo" del ciclismo en Vigo comienza una nueva vida con una "liquidación histórica" de sus artículos

22/07/2026

Segundo afirma a coordinadora desta nova Unidade, a xefa do servizo de Farmacia Hospitalaria Guadalupe Piñeiro, “É un proxecto moi ilusionante e cremos que é fundamental para que os pacientes, con distintas doenzas en domicilio ou hospitalizados, poidan dispoñer dunha pauta nutricional que lles sirva para recuperarse e, sobre todo para mellorar a súa calidade de vida”.

Os enfermos hospitalizados que atenderá este novo dispositivo asistencial serán tanto aqueles que estean ingresados con vinculación ao Servizo de Endocrinoloxía, como os que están noutros servizos do hospital e para os que se solicite unha interconsulta. Ademais da propia actividade asistencial, a nova Unidade ten en marcha unha liña de investigación coa Universidade, dúas teses doutorais, e participa en varios proxectos e estudos clínicos.

4.800 pacientes atendidos

Durante o último ano, 4.777 pacientes da Área Sanitaria foron atendidos con pautas nutricionais. Deles, 724 recibiron nutrición parenteral (intravenosa) mentres estaban hospitalizados, e o resto, 4.049 tiveron un soporte nutricional enteral (a través de sonda nasogástica). Ademais, realizáronse algo máis de 17.000 consultas externas con pacientes da Área Sanitaria de Vigo

A nova Unidade vén a supoñer un traballo conxunto e interdisciplinar entre os dous servizos, Farmacia e Endocrinoloxía, nos dous grandes hospitais públicos da Área Sanitaria de Vigo. Así, no Álvaro Cunqueiro conta cunha zona de traballo e unha sala branca de elaboración de nutrición parenteral dotada con tres cabinas de elaboración a cargo do Servizo de Farmacia. O Servizo de Endocrinoloxía dispón dunha consulta de Nutrición e un despacho médico. Pola súa banda, no Hospital do Meixoeiro, Endocrinoloxía dispón de tres consultas da Unidade de Nutrición na zona de Consultas Externas. Farmacia ten dúas consultas da Unidade de Nutrición, así como a zona de traballo administrativo e dous almacéns.

Máis dunha vintena de profesionais

Na Unidade colabora máis dunha vintena de profesionais de diversas categorías dos servizos de Farmacia e de Endocrinoloxía. Conta con persoal de enfermaría específico nas tarefas de valoración e seguimento nutricional dos pacientes tanto a nivel hospitalario como ambulatorio, e na elaboración das nutricións parenterais co apoio dos técnicos. Tamén dispón de persoal administrativo con tarefas de xestión. O persoal complétase coa presenza rotatoria de técnicos de Farmacia para a recepción de pedidos e un celador. A Unidade de Soporte Nutricional terá un coordinador ou coordinadora, que se alternará cada tres anos entre os dous servizos que a integran.

Temas: SERGASVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán anuncia la rehabilitación de varios lavaderos y fuentes para devolverles su valor patrimonial
Enfoque

Nigrán anuncia la rehabilitación de varios lavaderos y fuentes para devolverles su valor patrimonial

El Concello intervendrá en seis lavaderos y una fuente situados en las parroquias de Camos, Parada, Chandebrito y San Pedro da Ramallosa

PorMetropolitano
22/07/2026
El nuevo ecobarrio de Vigo, sin coches, con vistas al mar, vivienda protegida y zonas comerciales
Enfoque

Vigo ganará un gran "pulmón verde" en Teis y se hará con la zona arbolada del Colegio Apóstol

"Será un gran pulmón verde paralelo de Sanjurjo Badía", afirma el alcalde. Para ello la ciudad sumará a su patrimonio municipal un espacio de uso privado

PorÁngel Vila
22/07/2026
Un "templo" del ciclismo en Vigo comienza una nueva vida con una "liquidación histórica" de sus artículos
Enfoque

Un "templo" del ciclismo en Vigo comienza una nueva vida con una "liquidación histórica" de sus artículos

Una tienda de Vigo anuncia que comenzará una nueva etapa. Tendrá una liquidación de bicicletas, ropa, cascos y más

PorSara Rodríguez
22/07/2026
Vigo da el primer paso para mejorar los accesos a una de las playas de Alcabre, el arenal de O Cocho
Enfoque

Vigo da el primer paso para mejorar los accesos a una de las playas de Alcabre, el arenal de O Cocho

Abel Caballero anuncia que el Concello ha comprado dos parcelas en Alcabre para mejorar el acceso a una de sus playas

PorCarlos I. Castrillón
22/07/2026
De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas
Enfoque

De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas

PorUxía Pérez
22/07/2026

Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas - A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X