O Bloque Nacionalista Galego demandará no Parlamento de Galicia que a Xunta actúe para evitar a marcha do Festival "O Marisquiño", que vén de anunciar a decisión de abandonar a cidade de Vigo por falla de apoio institucional. A fronte nacionalista denuncia o veto do PSOE que impediu que se debatise estee mércores unha moción de urxencia no pleno municipal sobre a continuidade do festival e rexeita a “ocorrencia” do alcalde ao anunciar outro evento semellante para 2022.
A deputada do BNG no Parlamento galego, Alexandra Fernández, cualificou de “noticia pésima para a cidade de Vigo e especialmente para a súa mocidade”, o anuncio da entidade promotora de O Marisquiño de non celebrar a edición 2021 e de abandonar a cidade de Vigo, onde naceu. Fernández anunciou que xa rexistrou iniciativas para levar esta cuestión ao Parlamento co obxecto de urxir tamén á Xunta de Galicia a actuar para evitar a marcha deste evento, de grande relevo internacional, da cidade olívica. “O BNG reclamamos que desde xa todas as administración implicadas, e tamén a Xunta de Galiza, actúen para evitar que O Marisquiño marche”, explicou.
A deputada nacionalista inscribiu a situación creada arredor do Marisquiño no “proceso de debilitamento do panorama cultural da cidade” do que responsabilizou ao desleixo de Xunta e Concello. Un devalar que, segundo Fernández, queda verificado no feito de que Vigo volvese quedar fóra do ranking de cidades segundo a calidade e innovación da súa programación cultural en 2020, recollido no Informe Anual do Observatorio da Cultura elaborado pola Fundación Contemporánea.
A fronte nacionalista criticou con dureza o veto do PSOE vigués que impediu esta mañá o debate e votación dunha moción urxente do Bloque arredor da continuidade do Marisquiño. Unha posición que o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, cualificou de “surrealista” toda vez o propio PSOE rexistrara a primeira hora da mañá unha emenda á moción nacionalista.
“Non sabemos se foi unha decisión de última hora do alcalde para evitar que se debatese este tema, pero entendemos que a negativa a discutir deixa en evidencia a febleza do Goberno municipal que non ten argumentos que expliquen que a falla de apoio institucional por parte do Concello poida provocar a saída do principal evento internacional que se viña celebrando na cidade desde 2001”, reprochou.
Para Igrexas o anuncio de Abel Caballero de que o Concello promoverá un evento análogo ao Marisquiño para agosto de 2022 é “unha ocorrencia ofensiva”. “Do que se trata é de impedir a marcha do Marisquiño da cidade non de que o alcalde monte o seu propio ‘Abeliño’”, defendeu.
O edil nacionalista cre que o único motivo que está detrás da retirada de apoio municipal ao festival é que o alcalde considera que non ten nel o protagonismo que quixera. “A Caballero gostaríalle ser no Marisquiño o centro de atención como o é na cabalgata de Reis, nos concertos de Castrelos ou no Nadal de record Guiness. É todo por afán de protagonismo. Se en lugar dun festival foran unhas olimpiadas el querería ser o pebetero”, ironizou.
Desde a fronte nacionalista anuncian que seguirán demandando o apoio de todas as administraciónns para garantir a continuidade do Marisquiño en Vigo.
La ceremonia de salida marcó el punto de partida del Rallye Rías Baixas 2025. Los pilotos firmaron autógrafos, se sacaron fotos y presentaron sus vehículos
El Centro Comercial Gran Vía de Vigo, inmerso en el periodo de rebajas, activa para todo julio el sorteo de una Vespa Primavera 125
Las playas de Vigo estrenan un nuevo servicio especial de salvamento con una moto acuática que vigilará toda la costa
Descubre estas dos playas de Galicia en la frontera con Portugal que están entre las mejores. Desde este mes de julio ya se pueden disfrutar al máximo
O proxecto está liderado desde o CINBIO pola investigadora María M. Mayán. Contará cunha axuda de 25.000 euros
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL