• TSXG Guns N'Roses
  • Ascensor Vigo
  • Apertura Vigo
  • Fiesta gastro Vigo
  • Chicote Rías Baixas
  • HematoFesti
  • Camping Sanxenxo
  • Rodaje Galicia
  • Nuevo supermercado Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A Deputación premia o talento da mocidade na sétima gala dos Premios Provinciais da Xuventude

A Deputación premia o talento da mocidade na sétima gala dos Premios Provinciais da Xuventude
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
18/11/2023

A Deputación de Pontevedra entregou este venres os galardóns aos gañadores da sétima edición dos Premios Provinciais á Xuventude nunha gala celebrada no Salón de Plenos do Pazo Provincial que contou coa participación do presidente Luis López, quen destacou o talento, creatividade, intelixencia e sensibilidade dos participantes, mozos e mozas de toda a provincia que fan “que a provincia teña asegurado o seu futuro” porque “vós sodes precisamente ese futuro”, subliñou nun discurso que serviu para clausurar a gala. Un evento que estivo presentado pola xornalista Patricia Bea, que contou coa actuación musical da premiada no 2021, Ainhoa Mosquera; e no que o deputado de Xuventude e Reto Demográfico, Jorge Cubela, recordou o compromiso da Deputación co apoio ao talento xuvenil a través da creación dun novo servizo dotado con 1,2 millóns de euros.

Presentáronse a esta edición dos premios, que reparte un total de 36.000 euros entre os gañadores, un total de 77 traballos correspondentes a nove categorías. En banda deseñada, Ánxel Carramal levou o primeiro premio, mentres que Manuel Alejandro Vázquez fíxose co segundo premio e Andrés Chincilla, co terceiro.

Másnoticias

La Diputación presenta su presupuesto con el foco en los pequeños concellos e inversiones en Vigo

La Diputación presenta su presupuesto con el foco en los pequeños concellos e inversiones en Vigo

28/10/2025
Una nueva Vía Verde en plena naturaleza para unir Soutomaior, Vilaboa y Pontevedra, ¿más cerca?

Avanza el proyecto de la gran Vía Verde de las Rías Baixas para unir Vigo y Pontevedra

28/10/2025

En fotografía orixinal, o primeiro premio foi para Claudia Gómez, o segundo, para María Sarrapio; e o terceiro, para Helena Constenla. Na categoría de investigación de ciencias, arquitectura ou enxeñaría, o primeiro premio compartírono Silvia García e Francisco de Arriba, mentres que o segundo foi para Laura Rubio e o terceiro, para Moisés Cordeiro.

No apartado de Artes, Humanidades e Ciencias Sociais, a gañadora foi Andrea Domínguez, mentres que o segundo e o terceiro posto foron para Adrián Paramés e Laura Docampo, respectivamente. En literatura, na subcategoría de narrativa, o primeiro premio levouno Ana Iglesias, o segundo estivo compartido por Fabio Rivas e Inés Alonso e o terceiro conseguiuno Rebeca López. Na subcategoría de poesía, Pedro Rodríguez fíxose co primeiro premio, César Manuel Gil, co segundo; e Rebeca López repetiu cun novo terceiro posto.

Na categoría de traballo musical, Santiago Guerra foi o gañador e Javier Lago levou o segundo premio. En deseño e moda, Regina Chamorro foi a gañadora, mentres que en contido audiovisual, o xurado concedeu o segundo posto a Susana Cabaleiro.

Ademais, entregáronse premios colectivos a centros educativos da provincia polos seus traballos de investigación. Na categoría de educación en valores, o primeiro premio foi para o IES de Poio, o segundo, para o IES Illa de Ons de Bueu; e o terceiro, para o IES Paralaia de Moaña. Finalmente, na categoría de acción polo clima, o IES A Paralaia foi o gañador.

Despois de citar o nome de cada un dos premiados, o presidente da Deputación destacou a calidade e transcendencia dos traballos ao sinalar que “nos facedes medrar como provincia”. Neste sentido, López reiterou o compromiso da Deputación no apoio á xuventude. “Desde a Deputación non só faremos o posible para multiplicar o talento da nosa xuventude, nin sequera estaremos aí só para recoñecer o voso esforzo, como se demostra nesta gala, tamén estaremos ao voso carón para dar eco aos vosos traballos, para divulgalos, e que cheguen tan lonxe como merecen”, afirmou o mandatario provincial.

Coa entrega destes galardóns, a Deputación busca estimular e promover a creatividade da mocidade da provincia no ámbito sociocultural, así como amosar o seu compromiso no eido da loita contra o cambio climático e a recuperación do medio ambiente. Puideron optar aos Premios Provinciais á Xuventude persoas de entre 16 e 35 anos e, no caso da categoría de Reacción polo Clima, centros educativos nos que participe alumnado de entre 12 e 18 anos. Ademais, os gañadores levaron uns trofeos de cerámica elaborados polos usuarios da Asociación Alba de Familiares e Amigos de Enfermos Psíquicos de Pontevedra.

Listado de premiados

BANDA DESEÑADA:

  • Primeiro premio (1.000 euros): Ánxel Carramal Fernández, Pontevedra, 1994. Psicólogo. Polo seu proxecto “E Marcos puxo o seu suadoiro vermello”
  • Segundo premio (600 euros): Manuel Alejandro Vázquez Búa, Vilagarcía de Arousa, 1994. Biólogo. Polo seu proxecto: “O mergullo dunha vida”
  • Terceiro premio (400 euros): Andrés Chincilla Argibay, Vigo. Polo seu proxecto: “!Ei¡ Que hoy vamos a montar a caballo”

CONTIDO AUDIOVISUAL:

  • Segundo premio (600 euros): Susana Cabaleiro Álvarez, Salceda de Caselas. Polo seu proxecto: “Fogones Gallegos”

DESEÑO E MODA:

  • Primeiro premio (1.000 euros): Regina Chamorro Misa, Nigrán. Polo seu proxecto “Relindo Festejo”

EDUCACIÓN EN VALORES:

  • Primeiro premio (1.000 euros): Ies de Poio. Polo seu proxecto “I Cumio do Clima”
  • Segundo premio (600 euros): IES Illa de Ons, Polo seu proxecto: “#PatriarcadasRevirad@s”
  • Terceiro premio (400 euros): IES A Paralaia de Moaña. Polo seu proxecto: “Reactiva a igualdade”

FOTOGRAFÍA ORIXINAL:

  • Primeiro premio (1.000 euros): Claudia Gómez López, Pontevedra. Polo seu proxecto “O Mercado”
  • Segundo premio (600 euros): María Sarrapio Pol, Pontevedra. Polo seu proxecto: “Impermeables”
  • Terceiro premio (400 euros): Helena Constenla Lorenzo, Poio. Polo seu proxecto: “O instante do límite do turismo”

INVESTIGACIÓN – Subcategoría Ciencias, Arquitectura e Enxeñaría:

  • Primeiro premio (ex aequo) (2.000 euros): Silvia García Méndez, Baiona, 1992. Polo seu proxecto “Contribution to Natural Language Generation for Spanish”
  • Primeiro premio (ex aequo) (2.000 euros): Francisco de Arriba Pérez, Vigo, 1989. Polo seu proxecto: “Inteligencia conversacional para asistentes interactivos orientados al lenguaje – Celia”
  • Segundo premio (1.250 euros): Laura Rubio Lareu, Vila de Cruces, 1994. Polo seu proxecto: “Estratexias analíticas integrais para novos retos no control da seguridade de cosméticos”
  • Terceiro premio (750 euros): Moisés Cordeiro Costas, Cangas, 1996. Polo seu proxecto: “Modelado e optimización mediante técnicas de aprendizaxe automático en edificios con instalacións renovables de produción, almacenamento e consumo eléctricos”.

INVESTIGACIÓN - Subcategoría Artes, Humanidades e Ciencias sociais e xurídicas:

  • Primeiro premio (2.000 euros): Andrea Domínguez Torres, Marín, 1993. Polo seu proxecto “Arte en contra de la violencia especista (España, 2000-2019)”
  • Segundo premio (1.250 euros): Adrián Paramés González, Vigo, 1998. Polo seu proxecto: “El mobiliario en los centros educativos: valoración antropométrica e instrumentos de medida”
  • Terceiro premio (750 euros): Laura Docampo López, Vigo, 1999. Polo seu proxecto: “Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista”.

REACCIÓN POLO CLIMA:

  • Primeiro premio (1.000 euros): IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña. Polo seu proxecto “A Axenda 2030 no IES A Paralaia. Facemos economía circular? e A horta de Sofía”

TRABALLO LITERARIO BREVE – Subcategoría de narrativa:

  • Primeiro premio (1.000 euros): Ana Iglesias Calviño, Ponte Caldelas, 1993. Polo seu proxecto “A Telegrafista”
  • Segundo premio (ex aequo) (600 euros): Fabio Rivas Pardo, Pontevedra, 1997. Polo seu proxecto: “A meiga de Padrerrei”
  • Segundo premio (ex aequo) (600 euros): Inés Alonso Veloso, Vigo, 2004. Polo seu proxecto: “La Visita”
  • Terceiro premio (400 euros): Rebeca López Villar, Vigo, 1993. Polo seu proxecto: “Unha e outra vez”

TRABALLO LITERARIO BREVE – Subcategoría de poesía:

  • Primeiro premio (1.000 euros): Pedro Rodríguez Villar, Nigrán, 1996. Polo seu proxecto “Palabras nas Pedras”
  • Segundo premio (600 euros): César Manuel Gil, Cangas, 1995. Polo seu proxecto: “Catro movementos sobre a incomprensión”
  • Terceiro premio (400 euros): Rebeca López Villar, Vigo, 1993. Polo seu proxecto: “Xuntanza (preside a lúa)”

TRABALLO MUSICAL:

  • Primeiro premio (1.000 euros): Santiago Guerra Fernández, Cangas, 2000. Polo seu proxecto “When I think of you”
  • Segundo premio (600 euros): Javier Lago López, Pontevedra, 1996. Polo seu proxecto: “Todo a la vez”
Temas: Deputación de Pontevedra
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

PP y BNG, tras la sentencia del TSXG sobre Guns N'Roses, sostienen que hubo "irregularidades"

La oposición señala que la sentencia del TSXG sobre Guns N' Roses confirma negociaciones al margen del procedimiento

PorEuropa Press
03/11/2025
El plazo para preinscribirse en la Escuela Oficial de Idiomas en Galicia se abre el 16 de junio
Enfoque

Activan el protocolo por un posible caso de acoso escolar en un instituto de Poio

La Consellería de Educación señala que están "actuando de acuerdo con el protocolo establecido para solucionar esta situación cuanto antes"

PorEuropa Press
03/11/2025
Alberto Chicote elige esta noche en LaSexta cuál es el restaurante de Vigo con el mejor marisco
Enfoque

Chicote regresa a las Rías Baixas para buscar la mejor empanada en lo nuevo de "Batalla de Restaurantes"

Chicote, con "Batalla de Restaurantes", estrena temporada y uno de sus retos será descubrir quién ofrece la mejor empanada de Pontevedra

PorSara Rodríguez
03/11/2025
A la venta un camping en las Rías Baixas junto al mar en uno de los grandes atractivos turísticos de Galicia
Enfoque

A la venta un camping en las Rías Baixas junto al mar en uno de los grandes atractivos turísticos de Galicia

Un conocido camping de las Rías Baixas se encuentra a la venta en Sanxenxo. Así es el complejo que se puede comprar para seguir con el negocio

PorMiguel Alonso
03/11/2025
Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados
Enfoque

Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados

PorMetropolitano
31/10/2025

409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X