• 'Thriller' en Vigo
  • ERTE Stellantis
  • Domusvi
  • Hamburguesería Vigo
  • Tráfico Navidad Vigo
  • Hinchables Marín
  • Black Friday
  • Audasa peajes
  • Bib Gourmand
  • Socavón acera
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A escudería universitaria UVigo Motorsport "conquista" o circuíto de Silverstone cós seus vehículos

A escudería universitaria UVigo Motorsport "conquista" o circuíto de Silverstone cós seus vehículos
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
27/07/2023

“Estamos non só orgullosos, senón eufóricos polos resultados”. Así de rotundos se amosan esta semana os responsables de UVigo Motorsport ao seu regreso de Silverstone, no Reino Unido, a primeira gran cita da escudaría universitaria para este verán.  Competían máis de 60 equipos de todo o mundo e o UM23 vigués fíxose cunha “incrible” 10ª posición no ranking xeral da competición, ademais de acadar o trofeo Best Newcomer 2023, que premia ao equipo cos mellores resultados de entre os que compiten por primeira vez na competición de coches autónomos FSUK AI.

“Estes resultados están ao nivel das nosas mellores expectativas e non podemos senón consideralos un éxito rotundo e a mellor recompensa posible para todos tantos meses de esforzo e dedicación”, explica Óscar Hermida, responsable de Comunicación e Márketing de UVigo Motorsport, un proxecto que agrupa a 71 estudantes de diferentes titulacións da Universidade de Vigo.

Másnoticias

A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo

A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo

26/11/2025
Arrancan las actividades en la ensenada de San Simón para visiblizar el trabajo de las mariscadoras

Arrancan las actividades en la ensenada de San Simón para visiblizar el trabajo de las mariscadoras

25/11/2025

Tiñan moitas expectativas postas nesta cita xa que ademais de participar na proba clásica do Formula Student UK, que nesta ocasión celebraba o seu 25 aniversario, por primeira vez a escudaría universitaria viguesa participou tamén no Formula Student UK AI para vehículos autónomos, unha proba no que o bólido vigués superou sen problema todas as inspeccións de seguridade e probas técnicas, o que lle permitiu participar en todas as probas dinámicas programadas  nesta categoría..

Superou todas as probas e inspeccións

Imaxe do UM23 durante a competición universitaria. // UVigo

No que respecta ao UM23 tamén se superaron con éxito todas as inspeccións técnicas e de seguridade, sen ningún tipo de incidencia destacable. Completáronse as tres probas técnicas esixidas aos vehículos de combustión, así como as relativas aos catro pilotos. “Fomos o 8º equipo en superar todas estas inspeccións, un tempo récord para nós, polo que puidemos dedicarlle máis tempo a axustar de forma máis precisa o resto das probas”, explican desde o equipo.

Superadas todas as probas e inspeccións só quedaba rodar e, neste aspecto, o equipo volveu bater récords, xa que ao longo da fin de semana o UM23 presentouse a todas as probas dinámicas, algo que só se lograra dúas veces na historia do equipo. Ao longo da mañá do sábado completáronse con éxito o Skidpad e o Acceleration, conseguindo un 6º e un 11º postos respectivamente, mentres que, xa pola tarde, conseguiuse puntuar na proba de Sprint, obtendo outro 6ª posto. Quedou para o domingo a proba máis esixente da Formula Student, a Endurance, “pero, desafortunadamente, un fallo nun sensor impediunos acabar a proba e, aínda que o solucionamos con facilidade, xa non houbo opción de volvelo tentar”.

Todos estes resultados, sumados ao 6ª posto no Engineering Design Report, ao 4º na Lap Time Simulation, e aos puntos obtidos no resto de probas estáticas fixo que o equipo alcanzase unha puntuación total de 344,4 puntos, a puntuación máis alta obtida polo equipo nunha competición e que se traduciron nesa 10ª posición no ranking xeral da competición.

Gañadores do Best Newcomer 2023

Como colofón final, na gala de despedida celebrada o domingo pola noite topáronse coa sorpresa de que eran os gañadores do trofeo Best Newcomer 2023 para os que participaban por primeira vez na competición de vehículos autónomos. “Todos quedamos moi sorprendidos cando no medio da cerimonia chamaron ao escenario ao coche número 14, UVigo Motorsport, como gañadores deste premio”, salienta Hermida.

A seguinte cita será en Montmeló 

A segunda cita da temporada, como vén sendo habitual, será en territorio nacional dentro da Formula Student Spain, do 6 ao 12 de agosto no evento máis grande deste tipo en España, o circuíto catalán de Montmeló, onde competirán con outros 89 equipos.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigoUvigo Motorsport

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo pide apoyo para iluminar el único árbol de Navidad en la ciudad que no brilla todavía
Enfoque

Vigo pide apoyo para iluminar el único árbol de Navidad en la ciudad que no brilla todavía

...

PorAlfredo Teja
27/11/2025
National Geographic elimina el vídeo que tildaba al Puerto de Vigo como el de mayor pesca ilegal de Europa
Enfoque

Golpe al narcotráfico al desarticular la organización que introdujo en Vigo cocaína entre fruta

...

PorEuropa Press
27/11/2025
Las 'olimpiadas' de la hostelería en Vigo ya tienen ganador, este es el mejor camarero de la provincia
Enfoque

Las 'olimpiadas' de la hostelería en Vigo ya tienen ganador, este es el mejor camarero de la provincia

...

PorMetropolitano
27/11/2025
Martín Códax elige Vigo para un "encuentro único" para avanzar en su crecimiento en la provincia
Enfoque

Martín Códax elige Vigo para un "encuentro único" para avanzar en su crecimiento en la provincia

...

PorMetropolitano
26/11/2025
A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo
Enfoque

A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo

PorCarlos I. Castrillón
26/11/2025

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

28novTodo el díaEncendido de Navidad O Porriño

29novTodo el díaEncendido de Navidad Redondela

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X