• Nueva plaza en Vigo
  • Navidad Vigo Vialia
  • Mister España Redondela
  • Escape room Samaín
  • Aparcamiento gratis Porriño
  • Navidad Vigo
  • Voando nas Rías Baixas
  • Navidad Portugal
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A investigadora da UVigo Lucía Cassani acada o premio Young Investigator Award

A investigadora da UVigo Lucía Cassani acada o premio Young Investigator Award
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
05/09/2025

A investigadora da Universidade de Vigo Lucía Cassani acaba de ser galardoada co premio Young Investigator Award, un recoñecemento anual da revista Foods (MDPI). Este galardón outórgase desde 2021 a investigadoras e investigadores posdoutorais en etapas iniciais da súa carreira pero que destacan pola súa excelencia e contribucións innovadoras na área da ciencia dos alimentos.

Foods atópase no Journal Citation Reports (JCR) na categoría Food Science and Technology, posicionada no primeiro cuartil (Q1). O xurado do seu premio Young Investigator Award, composto por seis especialistas internacionais, avalía que as e os candidatos desenvolvesen unha investigación orixinal e de impacto, achegando avances significativos ao progreso da disciplina considerada. O galardón está dotado cun premio en efectivo de arredor de mil euros.

Másnoticias

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

24/10/2025
As mulleres lideran as novas incorporacións ao corpo de docentes catedráticos e titulares da UVigo

As mulleres lideran as novas incorporacións ao corpo de docentes catedráticos e titulares da UVigo

23/10/2025

“Para min é unha verdadeira honra ser distinguida co Young Investigator Award de Foods, un premio que non só recoñece a miña traxectoria investigadora, senón que tamén representa unha gran motivación para seguir impulsando o desenvolvemento de novas estratexias de formulación de alimentos funcionais, a identificación de ingredientes con beneficios para a saúde e a aplicación de solucións sostibles na industria alimentaria”, sinala Lucía Cassani. Esta distinción internacional, engade, “favorecerá o establecemento de novas colaboracións, ampliando a miña rede científica e dando maior visibilidade á investigación galega”. A investigadora da UVigo sinala ademais que “recibir este premio reforza o meu compromiso de continuar contribuíndo a unha ciencia dos alimentos máis innovadora, responsable e orientada ao benestar da sociedade”.

Compromiso coa innovación sostible en alimentos

Lucía Cassani é investigadora do Grupo de Investigacións Agrarias e Alimentarias (AA1), no Departamento de Química Analítica e Alimentaria da Universidade de Vigo, onde desenvolve o seu traballo desde 2021. A súa investigación céntrase na extracción verde de compostos bioactivos a partir de subprodutos agroalimentarios, co fin de reintroducilos en alimentos, mellorar o seu perfil nutricional e estudar os seus efectos sobre a microbiota intestinal, contribuíndo ao mesmo tempo á redución de residuos e ao uso eficiente de recursos.

Doutora en Enxeñaría pola Universidad de Buenos Aires, Arxentina, Lucía ten un perfil internacional baseado en estadías, colaboracións en redes e participación en proxectos financiados en Arxentina, España e a Unión Europea. Obtivo diversas bolsas e axudas competitivas, entre elas dúas axudas posdoutorais da Xunta de Galicia; conta con máis de 50 publicacións indexadas, 10 capítulos de libro e máis de 30 comunicacións en congresos internacionais. Ademais, foi editora invitada en seis números especiais de revistas internacionais. Actualmente, lidera desde a UVigo dous proxectos autonómicos e participa nos proxectos internacionais liderados polo catedrático desta institución académica Jesús Simal, compaxinando o seu labor investigador coa docencia e a divulgación científica, e “sempre cun forte compromiso cara a innovación sostible en ciencia e tecnoloxía dos alimentos”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Convocada huelga general del sector de la construcción en Galicia
Enfoque

Convocada huelga general del sector de la construcción en Galicia

...

PorEuropa Press
27/10/2025
Enfoque

Vigo busca repartir 6,5 toneladas de caramelos en la Cabalgata de Reyes por 32.700€

...

PorÁngel Vila
27/10/2025
Aterriza en Vigo una cadena de desayunos como el "paraíso sin gluten"
Enfoque

Aterriza en Vigo una cadena de desayunos como el "paraíso sin gluten"

...

PorSara Rodríguez
27/10/2025
De "riesgo de derrumbe" a "en instalación", Vigo pone fecha a su nuevo ascensor
Enfoque

De "riesgo de derrumbe" a "en instalación", Vigo pone fecha a su nuevo ascensor

...

PorAlfredo Teja
27/10/2025
A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú
Enfoque

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

PorCarlos I. Castrillón
24/10/2025

A Universidade de Vigo participou nas feiras Study in Spain celebradas nas cidades de San José, Bogotá e Lima

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X