• "Calma Chicha" Vigo
  • Sesión Tardeo Vigo
  • Fiesta Vikinga Cerveira
  • Reportaje videojuegos
  • Precios Parque Acuático
  • Nuevo ascensor Vigo
  • Festival Nigrán
  • Programa Fiestas Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A investigadora María Gabián realiza, na súa tese, unha análise xenómica do salmón atlántico da Península

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
16/12/2021

O salmón é unha das especies máis importantes da produción piscícola mundial e cada ano prodúcense arredor de 2,5 millóns de toneladas deste peixe en piscifactorías de todo o mundo. O seu alto valor económico e comercial fixo que sexa obxecto de numerosos estudos xenéticos, os máis extensos, realizados sobre poboacións do norte de Europa e América e, en menor medida, en poboacións da península ibérica. As últimas centran a tese de doutoramento de María Gabián, dirixida por Paloma Morán e Antonio Carvajal e realizada no marco do programa de doutoramento Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida. A investigadora explica que existen moitos menos estudos sobre o salmón da península ibérica porque estas poboacións do sur de Europa diminuíron drasticamente pola sobrepesca dende a década de 1980, chegando incluso a desaparecer en moitos ríos de España. Ademais, puntualiza, “os salmóns do norte son de maior tamaño, o que é beneficioso para a súa produción a grande escala, e cando unha especie resulta beneficiosa para un país, invístese máis no seu estudo”.

A investigadora, que pertence ao grupo de Xenética de Poboacións e Citoxenética do CIM (Centro de Investigación Mariña), destaca que as poboacións de salmón da península ibérica “poden resultar de interese debido a que a península ibérica constituíu un refuxio para a especie durante a glaciación do Pleistoceno e porque nas poboacións peninsulares foron introducidos diversos stocks foráneos do norte de Europa”. Estas repoboacións, explica, leváronse a cabo “nun intento de xestionar a gran diminución poboacional de finais do século XX, o que as converte nun material atractivo para o estudo das introgresións”, que son os movemento de xenes dunha especie a outra a consecuencia dun proceso de hibridación interespecífica seguido de retrocruzamento.

Másnoticias

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

06/06/2025

iLingua, o primeiro instituto de investigación das Humanidades da UVigo integra 80 expertas e expertos

05/06/2025

 Así, na primeira parte do seu estudo realiza unha busca de rexións xenómicas implicadas na determinación e diferenciación sexual; na segunda céntrase na validación do xen sdY como ferramenta para o estudo de introgresión vía machos; e finalmente, a parte final da tese abrangue a detección de selección diverxente entre poboacións do norte e o sur de Europa.

As rexións xenómicas implicadas na determinación e diferenciación sexual

O primeiro capítulo da tese de Gabián céntrase na busca das rexións xenómicas implicadas na determinación e diferenciación sexual. Para iso, a investigadora empregou un array de alta densidade de SNPs, “unha tecnoloxía que analiza de forma simultánea centos ou miles de posicións diferentes ao longo de todo un xenoma, proporcionándonos unha visión do xenoma completo de cada individuo”. Deste xeito, puido estudar as rexións potencialmente implicadas na determinación e/o diferenciación sexual dos salmóns. Os resultados dos análises “apoian as evidencias previas de que a determinación do sexo no salmón atlántico está ligada ao cromosoma Ssa02; non obstante, as rexións asociadas á determinación do sexo en Ssa21 suxiren unha linaxe alternativa nas poboacións do sur de Europa, ata agora non descrita”. Este achado, segundo Gabián, ten implicacións dende o punto de vista da conservación, xa que a xestión das poboacións da península ibérica debe realizarse de maneira diferente á doutras poboacións”. Esta linaxe responde ao feito de que as poboacións de salmón están moi illadas xeograficamente unhas doutras, e neste caso, “o capítulo 1 queda patente que tamén existen diferencias a nivel de determinación sexual”.

O estudo de introgresión vía machos

O segundo capítulo da tese céntrase na validación do xen sdY como ferramenta para o estudo de introgresión vía machos. A investigadora explica que naquelas especies de peixes nas que o sexo é indiferenciable antes que desenvolvan os caracteres sexuais secundarios, que son os que permiten a identificación visual, resulta “esencial atopar un método de diagnose previa para a xestión de reprodutores, o que tamén pode ser útil en estudos poboacionais”. Neste sentido, o xen determinante do sexo, sdY, ten demostrado ser un candidato fiable para a identificación do sexo no salmón atlántico. Para a realización do estudo, estudáronse as variantes haplotípicas da secuencia intrónica do sdY en diversos ríos, cubrindo todo o rango sur da súa distribución no continente europeo, ademais de mostras históricas de entre 1960 e 1964 dos ríos Miño, Ulla e Eo, que foron repoboados. “A maioría das mostras presentaron un haplotipo común (D), previamente detectado en salmóns de poboacións de toda Europa. Outras variantes propias de poboacións do norte do continente atópanse en ríos peninsulares repoboados de forma sistemática con salmóns foráneos entre 1981 e 1994. Polo tanto, a análise da variación no intrón do xen sdY constitúe unha ferramenta poderosa e económica, non só para a avaliación da introgresión mediada por machos, senón tamén para o seguimento dos escapes de piscifactoría”.

Selección diverxente entre poboacións do norte e sur de Europa

No terceiro e derradeiro capítulo da súa investigación, María Gabián abrangue a detección de selección diverxente entre poboacións do norte e o sur de Europa. Explica a investigadora que existen experimentos previos que constatan que a taxa de supervivencia dos salmóns foráneos introducidos nos ríos peninsulares foi baixa, probablemente por seren quen de adaptarse a un ambiente máis cálido. Porén, existen outros estudos que sinalan que si existiu introgresión de xenomas foráneos nas poboacións nativas da península. De feito, avanza Gabián, os experimentos realizados no río Ulla e na piscifactoría de Carballedo entre 1992 e 1995 comparando salmóns escoceses e deste río galego, demostraron que existen diferencias fisiolóxicas: os escoceses crecen máis e máis rápido, pero sobreviven menos.

Así, nesta parte do seu traballo, a investigadora do CIM marcouse como obxectivo demostrar se esas diferencias entre os salmóns do norte e do sur de Europa existen e se teñen un compoñente adaptativo, xa que afectan a xenes asociados ao desenvolvemento e ao crecemento do salmón, ademais do sistema inmune, maduración sexual e outros procesos. Ademais, engade Gabián, “como a metodoloxía estatística destes estudos continúa en desenvolvemento, realizamos unha comparativa da potencia estatística de dúas aproximacións diferentes realizando distintos tests e comparando os seus resultados”. As súas conclusións son claras: “as diferencias entre estas poboacións existen e semellan ter unha compoñente adaptativa”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

El histórico "Calma Chicha" de Vigo se transformará en un 'wine bar' gastronómico

...

PorAlfredo Teja
07/06/2025
Cidade da Xustiza (Foto: Iván Dacal)
Enfoque

Caballero insiste en que Vigo "necesita" ocho juzgados de instrucción y exige guardias de 24 horas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
ARCHIVO. Helicóptero Pesca 1 // GARDACOSTAS DE GALICIA
Enfoque

Rescatan inconscientes a dos personas en dos playas diferentes de Cangas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
Foto: Concello do Porriño.
Enfoque

O Porriño celebra el centenario cumpleaños de Juaniña y le pone su nombre a una calle

...

PorIván Dacal
07/06/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X