A vixilancia do cumprimento das novas medidas restritivas que o sábado entraron en vigor en Tui xunto á restrición á mobilidade de 23:00 a 6:00 horas centraron as actuacións da Policía Local de Tui durante a fin de semana.
Os axentes locais tramitaron un total de seis denuncias polo incumprimento do toque de queda, polo peche perimetral, e por viaxar nun mesmo vehículo persoas non convivintes, algo que non está permitido en Tui dende o sábado. En total, realizaron o control de máis de 500 vehículos tanto no entorno da vella Ponte Internacional coma noutros puntos da cidade para comprobar o cumprimento do peche perimetral que dende o sábado está en vigor no municipio.
Os policías informaron aos condutores procedentes de Portugal das novas medidas establecidas en Tui polas que non se pode acceder ao municipio, salvo nos casos establecidos. Tanto a liña fixa coma a móbil da Policía Local chegou a colapsar na fin de semana ante as numerosas consultas recibidas tanto dende Galicia coma dende Portugal sobre as novas medidas restritivas que están vixentes. Compre lembrar o teléfono 900 400 116 para resolver dúbidas tanto sobre a COVID19 coma sobre as medidas establecidas.
Amais na noite do sábado os municipais deron o alto a dous vehículos cuxos condutores deron positivo no control de alcoholemia e incumpría o toque de queda. Ás 23:20 horas na rotonda de Guillarei os axentes deron o alto a un vehículo que circulaba en zigzag. O condutor triplicaba a taxa de alcohol permitida ao dar un resultado de 0,94 mg/l na primeira proba realizada, e 0,91 mg/l na segunda. Minutos despois na PO-552, en colaboración coa Garda Civil, deron o alto a outro condutor que duplicaba a taxa permitida ao dar un resultado de 0,58 mg/l na primeira proba e 0,54 mg/l na segunda.
El hombre, de 29 años, fue detenido este domingo por la tarde por un supuesto delito de violencia doméstica
¿Pensando en ir al Rallye Rías Baixas 2025? Aquí tienes la guía completa con toda la información sobre la prueba en Vigo y su área
¿Cómo es el lugar ideal para casarse? Estos son los once lugares premiados por la celebración de bodas en sus instalaciones
Más de una docena de concellos de la provincia de Pontevedra estarán tanto el lunes como el martes en aviso amarillo por altas temperaturas
Apuesta por primera vez por el etanol como combustible para su monoplaza y para 2026 piensa en un vehículo autónomo
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL