A proposta de reducción de impostos que o Goberno Municipal do Porriño levaba onte a pleno non conseguiu o respaldo dos grupos da oposición. As dúas modificacións das ordenanzas fiscais que contemplan bonificacións no IBI e no ICIO quedaron sobre a mesa a petición do grupo municipal do PSOE, que contou co respaldo de BNG, EU SON e os dous concelleiros non adscritos, Manuel Carrera e Lourdes Moure.
A proposta do executivo contemplaba bonificacións no IBI do 30% da cuota íntegra para os inmobles que non dispoñan de conexión á rede de saneamento, do 90% e 50% para familias numerosas e de ata un 90% naqueles inmobles urbanos nos que se desenvolvan actividades económicas que creen postos de traballo. Tamén pagarían menos aquelas vivendas que instalaran sistemas de eficiencia enerxética, con bonificacións do 50% da cuota durante cinco periodos impositivos para a finalización ou obtención da obra. A modificación incorporaban bonificacións no ICIO do 95% naquelas declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concurrir circunstancias sociais, culturais, histórico-artístico ou de fomento do emprego; do 60% para as obras e construcións necesarias para a posta en marcha de proxectos empresariais e do 30% sobre as instalacións de sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo, que no caso de tratarse dunha vivenda de uso residencial ascendería ao 95%.
“Presentamos unha proposta viable e responsable co único fin de paliar a carga fiscal sobre a veciñanza nos tempos tan complicados que estamos a vivir”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, quen defendeu que contaba "cos pertinentes informes e estudos financieiros para ser aprobado polo pleno" co obxectivo de que puidera entrar en vigor no 2023.
Pola contra, a oposición defendeu en bloque que as propostas non contaban con diálogo nin acordo político e pediron que se deixaran sobre a mesa para realizar un estudo económico sobre o impacto das mesmas. Por parte do PSdeG, David Alonso, cargou contra o "interese electoralista imitando o que fixo a anterior primeira ministra británica prometendo o ouro e o mouro" e alertou sobre que a medida implicaría o incumprimento do plan de estabilidade financeira ao que está sometido o Concello.
Dende EU Son pediron aprobar as modificacións "con cabeza e progresividade", unha medida que consideran "necesaria pero non así a correr", mentres que o BNG insistiu no estudo económico que acredite o "equilibrio das contas" aprobando unha modificación "para facer máis xustos os impostos municipais".
Una de las tiendas vintage más populares de Vigo entra en liquidación con sus prendas y accesorios a precios que van de los tres a los 30€
Una empresa internacional se prepara para abrir su primer tienda en Vigo. Está centrada en la eliminación de tatuajes y abrirá en Urzáiz
¿Pensando en ver de cerca a Gente de Zona? Esto es todo lo que debes saber para comprar alguna de las entradas para su concierto en Castrelos
Destaca la intervención en el CEP Celso Emilio Ferreiro, donde se está llevando a cabo la sustitución completa de la cubierta del edificio
Las titulaciones con la nota de corte más alta son los dobles grado en Matemáticas y Física y en Ingeniería Informática y Matemáticas
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL