• Jardín en Vigo
  • Nuevo obrador Vigo
  • Estadio Balaídos
  • Castillo Sobroso
  • Conciertos atardecer
  • Fiesta histórica
  • Mercado O Porriño
  • Despliegue militar
  • Festa da Coca
  • Mundial 2030
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A UVigo, a un paso da aprobación final do seu orzamento récord coa ratificación do Consello Social

A UVigo, a un paso da aprobación final do seu orzamento récord coa ratificación do Consello Social
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
28/12/2023

Tras o seu paso polo Claustro e polo Consello de Goberno, o Consello Social da Universidade de Vigo deu este xoves o seu visto e prace ao orzamento da institución académica para 2024, que será o máis elevado da súa historia, situándose nos 248,8 millóns de euros, o que supón un incremento do 9,17% con respecto ao do presente exercicio. A Escola de Enxeñaría Forestal do campus de Pontevedra acolleu nesta xornada o derradeiro pleno deste órgano no 2023, que tivo como punto central a ratificación dun orzamento que será remitido á Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva. Así mesmo, o pleno do Consello Social tamén deu o seu visto e prace ao teito de gasto da UVigo para o vindeiro ano, que se sitúa nos 180,2 millóns de euros, e informou favorablemente das ofertas de emprego público para persoal docente e investigador e de administración e servizos da Universidade.

Como “un orzamento de récord, un ano máis, que vai permitir avanzar nas políticas de desenvolvemento do programa de goberno, pero que ademais manifesta o enorme pulo que ten neste momento a investigación” na Universidade, definiu o reitor, Manuel Reigosa, o documento aprobado nesta xornada. Nese senso, o orzamento da UVigo para 2024 rexistra un aumento do 9,17% motivado pola sinatura do novo plan de financiamento do Sistema Universitario de Galicia e polo incremento na captación de fondos en convocatorias externas de carácter competitivo, aspecto no que fixo énfase o reitor, quen salientou que “os nosos grupos de investigación están a acadar moitísimos fondos externos en convocatorias de todo tipo, nomeadamente nas europeas, e iso tamén asegura a sustentabilidade de toda a institución”. A captación de fondos a través deste tipo de convocatorias foi tamén unha das cuestións destacadas polo presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, que definiu como un “fito” a ratificación do “orzamento máis elevado” na historia da institución, lembrando que este “pasou nuns poucos anos de 182 millóns a 248”.

Másnoticias

La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026

As contas da institución académica foron presentadas neste pleno pola xerenta, Yolanda Lesmes, que explicou que o capítulo de persoal continuará sendo o que teña maior peso no orzamento de gasto no vindeiro exercicio, representando un 58% do total, un 6,47% máis que no actual exercicio. “As políticas de persoal son sen dúbida as máis importantes e os orzamentos o que van a permitir é que continúen pola mesma liña”, destacou Reigosa. Ao mesmo tempo, lembrou o reitor, no orzamento para 2024 inclúense tamén “algunhas iniciativas” que contan co financiamento do plan de infraestruturas da Xunta de Galicia “que vannos permitir seguir avanzando” nesta materia e "estar presentes a todos os niveis" nos tres campus. Neste punto, Reigosa referiuse á construción do edificio de Ciencias Aeroespaciais en Ourense, que “imos poder sacar a concurso” en 2024, á realización dun estudo de posibles futuros usos do actual Hospital Provincial de Pontevedra e o proxecto de rehabilitación do edificio Siemens na ETEA, en Vigo.

Ratificación da oferta de emprego público

Nunha sesión “de contido basicamente eocnómico” da que Pedrosa destacou “a elevada asistencia”, ao contar coa participación de 29 dos 31 compoñentes deste órgano, procedeuse tamén á aprobación do orzamento do Consello Social para 2024, á vez que se ratificaron as ofertas de emprego público da Universidade para 2023, aprobadas en novembro polo Consello de Goberno. Trátase, por unha banda, dunha oferta para persoal docente e investigador (PDI) que ascende a 160 prazas, das que 50 corresponden a profesorado titular e 80 a profesorado permanente laboral, ás que hai que sumar 30 prazas de promoción interna de catedrático; e doutra de persoal e administración e servizos. Esta última comprende 14 prazas, oito do subgrupo A1, catro do subgrupo A2; unha do C1 e outra do C2; das que, en conxunto, catro corresponden á promoción interna, nove serán de acceso libre e unha última forma parte da cota de reserva para persoas con discapacidade.

Por outra banda, o pleno tamén informou favorablemente da modificación do título de Máster Universitario en Biofabricación, aprobada este luns polo Consello de Goberno, valorou as conclusións dunha auditoría operativa sobre procedementos aplicados na xestión dos activos patrimoniais da UVigo e aprobou a modificación dos prezos públicos polos servizos deportivos da Universidade para 2024.

Temas: PresupuestosUniversidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial
Enfoque

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial

...

PorSara Rodríguez
04/06/2026
Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua
Enfoque

Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua

...

PorAlfredo Teja
04/06/2026
El Celta recoge antes del partido alimentos y otros productos para los afectados por la DANA
Enfoque

Campaña en Vigo para que el estadio de Balaídos no lleve el nombre de Abanca: "É público, é vigués"

...

PorCarlos I. Castrillón
04/06/2026
Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen
Enfoque

Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen

...

PorIván Dacal
04/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X