En 2021 as condicións sanitarias derivadas da pandemia obrigaron a suspendelo, pero este ano a Universidade de Vigo volverá celebrar o seu patrón, San Tomé de Aquino. Será este venres, 28 de xaneiro, nun acto ao que están convidadas as diferentes autoridades académicas (equipo de goberno, directores e decanos…) e un grupo de máis de cen estudantes de grao, máster e doutoramento galardoados cos Premios Extraordinarios de Grao, Premios Extraordinarios de Doutoramento e Premios Egeria á inclusión da perspetiva de xénero nos traballos fin de grao e fin de mestrado. O resto da comunidade universitaria poderá seguir a celebración en directo a través da canle 1 de UVigo TV.
O acto estará presidido polo reitor, Manuel Reigosa, e o encargado de ir lendo os nomes de cada unha das persoas premiadas para entregarlles as correspondentes medallas, insignias e diplomas será, como é habitual, o secretario xeral, Miguel Ángel Michinel. En total entregaranse 50 Premios Extraordinarios de Grao, 23 Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao curso 2019/2020 e, outros 30, ao curso 2020/2021, así como seis Premios Egeria á inclusión da perspetiva de xénero nos traballos fin de grao e traballos fin de mestrado.
A cerimonia completarase co discurso institucional do reitor con motivo desta festividade e coa actuación musical de Xoan Curiel a dúo con Iria Estevéz, que pecharán o acto coa tradicional interpretación do Gaudeamus Igitur. O acto académico da festividade de San Tomé de Aquino coincide nesta ocasión co propio día da efeméride, festivo na Universidade, polo que as instalacións dos tres campus permanecerán pechadas, salvo no caso da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais que abrirá de xeito exclusivo para a celebración deste acto.
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL