• Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • Hito en el Cunqueiro
  • Nuevo restaurante Vigo
  • Conciertos Peregrina
  • Castrelos
  • Rutas barco Rías Baixas
  • Fiestas de Bouzas
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A UVigo cítase co seu futuro nas Xornadas de Orientación Universitaria

A UVigo cítase co seu futuro nas Xornadas de Orientación Universitaria
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
30/01/2024

Entre o 4 e o 6 de xullo miles de mozos e mozas galegas deberán enfrontarse ás probas de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU). Pero da man deste proceso deberán tamén tomar unha das decisións máis importantes da súa vida, elixir a titulación que van estudar. Para que esta elección a poidan facer contando con información sobre todas as opcións posibles, a Universidade de Vigo celebrou este martes a XOU, Xornada de Orientación Universitaria, unha iniciativa que permite que estudantes de institutos de toda Galicia se acheguen a coñecer a oferta académica dos tres campus.

Ao longo da mañá 1.053 mozos e mozas de 15 institutos de Vigo, A Guarda, Redondela, Porriño, Ponteareas, Gondomar, Mos, A Coruña, Pontevedra, Santiago ou Cangas do Morrazo pasaron pola feira académica que tivo lugar no pavillón deportivo do campus vigués. Neste espazo puideron informarse sobre cada un dos graos e recibir información sobre mobilidade, cursos de idiomas, instalacións deportivas, oferta cultural, cooperación ou igualdade. A feira tamén reservou un espazo para as delegacións de alumnado dos diferentes centros, de modo que as e os visitantes puideron coñecer de primeira man como é estudar mas diferentes escolas e facultades e os contidos das diferentes titulacións.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Ademais, divididos en tres quendas, estes máis de 1000 futuros universitarios e universitarias participaron en sesións informativas que se desenvolveron na Facultade de Filoloxía e Tradución, onde foron recibidos tanto pola vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, como pola vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini. Ambas lles trasladaron ao alumnado de secundaria que é “un pracer contar con vós aquí e agardamos que esta sexa unha oportunidade para que coñezades o que ofrece a UVigo”, engadindo que estarían “moi felices de que nos escollerades”.

Ademais, a vicerreitora de Comunicación explicoulles que, máis aló da información académica e institucional, a Universidade de Vigo conta con toda unha serie ferramentas á súa disposición e adaptadas á súa idade, como por exemplo, redes sociais e, en concreto, a recentemente estreada canle de TikTok, UVigoShow, que convidou a seguir. “Agardamos que pasedes por aquí e coñezades a nosa institución a través deste tipo de vías pensadas especialmente para persoas destas idades”. O encargado de achegar a información sobre a oferta académica e todos os servizos dispoñibles nos tres campus foi Ricardo Corderí, xefe do Servizo de Xestión da Extensión Universitaria. Ademais, nas charlas tamén participou o decano da FFT, José Montero, xunto con varios docentes do centro, que tiveron a oportunidade de presentar ao alumnado as titulacións da súa facultade.

Retomar unha iniciativa pre-pandemia

Esta é a segunda edición das Xornadas de Orientación Universitaria tal e como foron concibidas, xa que despois dunha primeira experiencia en 2019 na que se deron cita 650 estudantes, no 2020 tívose que optar polo formato virtual por mor da pandemia. Despois deste parón de tres anos, a Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade apostou por retomar esta cita co futuro alumnado universitario para brindarlles a oportunidade de descubrir as titulacións que se ofertan nos tres campus, así como os servizos que teñen á súa disposición, as asociacións de estudantes que existen, as axudas e bolsas de estudo ou as actividades formativas complementarias. “Trátase de que encamiñen a súa futura vida, de que coñezan os diferentes graos que poden cursar e que se familiaricen coa Universidade de Vigo, de xerar un contacto directo co futuro da institución”.

O alumnado, aínda moi indeciso

Boa parte do alumnado que este martes pasou a mañá coñecendo a Universidade de Vigo está aínda indeciso respecto do seu futuro, principalmente as e os que aínda están cursando 1º de Bacharelato, que teñen por diante un curso e medio antes de enfrontarse á ABAU. É o caso de Mateo e Sergio, dous estudantes do IES A Sangriña, de A Guarda, que barallan varias opcións e mesmo varias ramas do coñecemento.

O primeiro decántase polas ciencias, en concreto por Fisioterapia, pero non descarta a rama social; o segundo amosábase interesado pola informática, a comunicación audiovisual ou algunha formación relacionada coa programación. Para eles a presenza na feira das Delegacións de Alumnado e o feito de ter a oportunidade falar directamente con estudantes das carreiras que lles interesan foi unha moi boa opción para coñecer a realidade de cada unha delas e desbotar estereotipos. Por exemplo, detallaban, “que en Dereito non é preciso estudar todas as leis e normativas, que non é ‘chapatoria’ todo o rato e isto é algo moi interesante para tomar decisións”.

Alicia e Candela, alumnas do CPR María Auxiliadora (Salesianos Vigo), tamén se amosan indecisas. Alicia está entre varias opcións, como o dobre grao en Comunicación Audiovisual e Xornalismo ou o grao en Tradución e Interpretación, mentres que Cadela prefire a rama biosanitaria, “Fisioterapia, Medicina ou Farmacia”. A xornada de hoxe valeulles a ambas para informarse sobre estas alternativas elixidas previamente. Por exemplo, a charla inicial na FFT permitiu a Alicia coñecer máis afondo o Grao en Tradución e Interpretación e confirmar esta como unha das súas principais alternativas. O mesmo lle sucedeu a Candela con Fisioterapia, que tras achegarse ao posto informativo, puido reafirmala como unha das súas escollas potenciais.

O caso de Alba e Lara, do IES Pedro Floriani de Redondela, é moi diferente, xa que ambas tiñan moi claro o que van estudar antes da súa visita ao campus. A vocación foi determinante para ambas, que optan pola formación artística e creativa non universitaria: unha decántase por Deseño de Moda e a outra por Música. Con todo, consideran importante poder coñecer todas as opcións que se abren na formación superior a través de xornadas coma esta.

De moita máis axuda foi a xornada para dúas mozas estudantes de 1º de Bacharelato no IES Pino Manso de Porriño. Mentres Laura se decanta por Relacións Laborais ou Administración e Dirección de Empresas, a súa compañeira inclínase pola rama sanitaria, “Enfermaría, Psicoloxía, etc”. Para elas esta foi unha primeira toma de contacto para poder coñecer os contidos das diferentes titulacións e ir dirimindo o seu futuro ata que dean o salto á universidade dentro dun ano e medio.

Temas: UniversidadUniversidad de VigoUniversidade de Vigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Llega al centro de Vigo un súper con "horarios extendidos" que abrirá todos los días
Enfoque

Llega al centro de Vigo un súper con "horarios extendidos" que abrirá todos los días

...

PorIván Dacal
20/07/2026
Enfoque

Más autobuses, más rutas o abonos ilimitados, las propuestas para mejorar bus urbano de Vigo

...

PorUxía Pérez
20/07/2026
El Concello de Vigo regalará trozos de la grada de Gol como recuerdo del "viejo" estadio de Balaídos
Enfoque

Vigo da otro paso en la grada de Gol para que Balaídos sea el gran fortín del Celta en Liga y en Europa

...

PorIván Dacal
20/07/2026
Pasión por los chiringuitos en Vigo, con lleno total en los conciertos gratis al atardecer
Enfoque

Primera reunión en el Concello para abordar el regreso de los conciertos gratis a los chiringuitos de Vigo

...

PorIván Dacal
20/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X