• Chiringuito de Vigo
  • Macroproyecto peatonal Vigo
  • Fuegos de Bouzas
  • Sentencias autobuses Vitrasa
  • Concierto gratis
  • Apertura en Vigo
  • Entroido Verán A Cañiza
  • Playlist Gente de Zona
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo considera "irrenunciable" o campus cidade que agromará no complexo de López Mora

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
15/03/2021

O “Campus Cidade” da Universidade de Vigo expandirase nos próximos anos no centro urbano de Vigo como un “obxectivo irrenunciable” do actual equipo directivo da institución académica. Nesta volta ao centro urbano o antigo edificio de Caixanova adquirido fai uns meses por Zona Franca será a primeira pica. Así o explicou este mediodía o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, nunha comparecencia aos medios ante os edificios que Zona Franca no número 6 de López Mora de Vigo. “Estamos rematando as negociacións para ver de que xeito facemos esta adquisición, pero para nós é importantísimo ter estes edificios, que ademais están a un tiro de pedra do noso campus histórico, onde esta a Escola de Enxeñaría Industrial e a futura Facultade de Comercio”, asegurou.

Acompañado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e polo delegado de Zona Franca, David Regades, Reigosa explicou que polo de agora non está decido que titulacións ou servizos se localizarían nestes inmobles, pero si sinalou que considera que “moitas titulacións poderían sacar vantaxe de estar ubicadas aquí nesta contorna preto do ideal”. O rector avanzou que a Universidade baraxe trasladar facultades enteiras dende o campus de Lagoas Marcosende, pero tamén estuda a opción de habilitar espazos para titulacións de máster, sobre todo as dirixidas a xente que está traballando e ten horarios incompatibles con subir e baixar ao campus.

Másnoticias

Quince investigadores da UVigo preparan a súa tese a cabalo entre a universidade e a industria

16/07/2025

El centro de Vigo será un balcón al universo con una observación astronómica gratuita

15/07/2025

Sobre os prazos deste proceso, Reigosa avanzou que primeiro cómpre proceder á compra, para logo proceder a uha certa reforma do edificio, “aínda que está moi ben, pero contamos que antes de dous anos é imposible que teñamos titulacións neste edificio”. Logo de pecharse a compra a Zona Franca, será o momento, segundo o reitor, no que cómpre decidir que se vai ubicar no espazo, polo que a reforma terá que agardar a que previamente se definan os usos. “Espero que en catro ou cinco meses a Universidade teña feita esta reflexión a través dos centros e teñamos xa claro cales van ser as titulacións que se implanten e que neses dous anos teñamos isto xa funcionando”, explicou Reigosa, que non se quixo pronunciar sobre o custo da operación, que no caso da compra realizada por Zona Franca a Abanca ascendera a 12,3 millóns de euros.

Crecer no entramado urbano

O reitor defende que instalarse en Vigo permite “non ter que pasar tanto tempo no transporte” e avanzou que nas vindeiras semanas explicará con detalle nos diferentes centros que están no campus de As Lagoas as posibilidades que ofrecen os inmobles de López Mora, para que realicen a súa propia reflexión sobre a importancia ou presa que poidan ter por baixar a Vigo . “Pode ser que haxa algunha titulación que pola relación que ten con algún centro de investigación do campus no queira baixar de aí e outras titulacións que teñan máis interese e daráselle máis prioridade a aquelas que teñan máis presa por baixar, loxicamente”, dixo o reitor. Non obstante, Reigosa apuntou que “por se min fose unhas da primeiras sería o Grao de Filoloxía Aplicada Galego Español”, que substituiría o vindeiro curso ao actual Grao en Estudos de Galego e Español, “como sinal da aposta que fai a UVigo polas humanidades, pero dígoo como unha querencia persoal porque a decisión temos que tomala entre todos”, explicou.

Con todo, Reigosa amósase contundente. “Para nós é un obxectivo irrenunciable que a Universidade teña máis presenza na cidade, presenza institucional, de titulacións, da investigación e do desenvolvemento”, aseverou. “Neste intre estamos na Universidade nun proceso de reflexión interna sobre cal vai ser o futuro, queremos plantexar cal vai ser o futuro dentro de Vigo” explicou o reitor, que reiterou que, o recentemente aprobado Plan Estratéxico, recolle como un obxectivo “irrenunciable” traer titulacións ao centro da cidade.

O reitor tamén se referiu na súa comparecencia á aposta que a institución está a facer polas instalacións da ETEA, “onde tamén hai edificios que pertencen á Xunta ou a Zona Franca e polos que seguimos interesados. Sobre o edificio de O Berbés, Reigosa lembrou que é unha cesión do consorcio Casco Vello, pagado pola Xunta, e que está piques de inaugurarse, para dedicarse a cuestións de atención ao alumnado, realización de roldas de prensa, sinatura de convenios e captación de alumnado.

Pola súa banda, o delegado da Zona Franca lembrou que o Consorcio adquirira hai uns meses a Abanca os edificios para facer inicialmente unha aceleradora de negocios que tiña noutros concellos limítrofes, pero non en Vigo. Non obstante, Regades sinalou que a covid mudou os plans iniciais e o Concello e a UVigo propuxéronlle a Zona Franca un cambio de uso “coa vontade de atraer a universidade ao centro da cidade e facilitar a docencia e o servizo”. O delegado confirmou que a negociación xa está nunha fase moi madura “para que UVigo recupere este espazo da cidade de Vigo”, ao tempo que incidiu no positivo do cambio na finalidade inicial do inmoble, porque “permitirá mellorar a cidade, a competitividade e o talento dentro da nosa cidade”, dixo.

Os catro edificios de Zona Franca localizados no número 6 de López Mora teñen as seguintes características: Edificio 1: 2.101 metros cadrados de planta. 10.370,55 metros cadrados de superficie total; Edificio 2: 366,52 metros cadrados de planta. 2.782,49 metros cadrados de superficie total; Edificio 3: 749,96 metros cadrados de planta. 4.275,84 metros cadrados de superficie total e Edificio 4: 254,95 metros cadrados de planta. 1.175,65 metros cadrados de superficie total.

Ideas que Suman denuncia o "desmantelamento da UVigo”

Desde as filas de Ideas que Suman, o grupo de oposición ao equipo de goberno pregunta nun comunicado sobre o que consideran “o desmantelamento da Universidade” a quen beneficia esta ocorrencia. Ideas que Suman sinala no seu escrito que “tras décadas de intenso traballo do conxunto dos seus membros para acadar unha Universidade que sentimos con orgullo, o actual equipo reitoral pretende transformala nunha rede de unidades docentes illadas, desconectadas das infraestruturas de investigación, o alicerce fundamental da nosa institución”, unha transformación, que segundo denuncian, abandona a esencia do concepto de universidade pública: a interacción entre os ámbitos do saber. Ambición á que nos negamos a renunciar”, afirman no comunicado.

Para o grupo de oposición, “o desmantelamento” non é unicamente un problema do campus de Vigo, senón que afectaría tamén aos campus de Ourense e Pontevedra, “que verán como a atención e os investimentos se concentrarán no primeiro, coa finalidade de duplicar na cidade o que xa existe, en mellores condicións, no actual campus”. Para o grupo de oposición, se a competitividade da Universidade de Vigo realmente dependera dos accesos aos seus campus, o problema da institución sería moi serio. “As mellores universidades non compiten por edificios ou emprazamentos. Compiten pola calidade docente, pola excelencia investigadora e pola eficacia na súa xestión. Todas elas fan o que levamos moitos anos facendo na Universidade de Vigo, e o que faremos no futuro se somos quen de parar este desatino”, aseguran.

Temas: Universidade de Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

¿Peligran los Fuegos de Bouzas por la previsión de lluvia en Vigo? La organización responde

Bouzas cuenta, por el momento, con el permiso para instalar una única atracción durante las fiestas que arrancan el viernes

PorMetropolitano
16/07/2025
Enfoque

Abre uno de los chiringuitos con las mejores vistas de Vigo cargado de conciertos al aire libre

Vigo recupera uno de sus chiringuitos más especiales y ya hay fecha de apertura. Así será su oferta cultural para el verano

PorShelly Villaverde
16/07/2025
Enfoque

Culpan a la Xunta de la "saturación" en el servicio de Urgencias del Álvaro Cunqueiro de Vigo

El BNG de Vigo indica que la "saturación" que se vive en Urgencias del Cunqueiro se debe a los "recortes" aplicados en los centros de salud

PorMetropolitano
16/07/2025
Enfoque

Mos se despide de una de sus viviendas más históricas, adiós a la emblemática "casa roja" de Puxeiros

"La casa roja fue testigo de una época que ya forma parte del pasado de Mos; con su desaparición se abre la puerta a un futuro más accesible"

PorPaula Carballo
16/07/2025
Enfoque

Quince investigadores da UVigo preparan a súa tese a cabalo entre a universidade e a industria

PorMetropolitano
16/07/2025

Destacan que esta modalidade ofrece a posibilidade de coñecer as necesidades do tecido empresarial

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

17jul(jul 17)20:00Festa da Vieira de CambadosFIESTA GASTRONÓMICA | CAMBADOS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X