Alertas
miércoles, 22 de marzo 2023
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo e Balidea queren que os asistentes por voz falen galego e precisan de ti

A UVigo e Balidea queren que os asistentes por voz falen galego e precisan de ti
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
20/02/2023

Nace FalAI, un proxecto desenvolvido por atlanTTic e a empresa Balidea, que ten o obxectivo de recoller voces en galego que permitan xerar ferramentas de interacción co mundo dixital en galego. Co cancelo #A30frases, o centro de investigación e a empresa procuran a participación do maior número de persoas posible que, de xeito anónimo, graven a súa voz lendo 30 frases, indicadas a través da plataforma falai.balidea.com, coas que se compoñerá un corpus lingüístico que permita adestrar un asistente conversacional por voz. O proxecto foi presentado publicamente este mediodía no edificio Redeiras da UVigo, nun acto presidido polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e no que tamén participaron a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama; a investigadora principal do proxecto, Laura Docío e o director xeral de Balidea, Lorenzo Rodríguez.

Valderrama asegurou que “para a institución este proxecto é un auténtico orgullo”, ademais dun exemplo da colaboración público-privada e do compromiso das enxeñarías coa lingua. Pola súa banda, o director xeral de Balidea referiuse a falAI como un “fito importante tecnoloxicamente e por ser en galego, porque non hai ningunha tecnoloxía en galego”, razón pola que “sumará moito á tecnoloxía a fala”. Mentres, Abel Caballero felicitou aos promotores da iniciativa e emprazou ás e aos vigueses e viguesas e aos habitantes da área metropolitana e do sur de Galicia en xeral a participar no proxecto que permitirá “que o diálogo que estamos mantendo de forma permanente coas máquinas, responda na nosa propia lingua e co noso propio acento”, dixo Abel Caballero.

Másnoticias

Siete rutas de costa, ríos y paisajes únicos en Vigo y su área con el agua como gran protagonista

Siete rutas de costa, ríos y paisajes únicos en Vigo y su área con el agua como gran protagonista

22/03/2023
Tanxugueiras cierra la edición más especial de Vigo Porté

El Vialia Vigo se convertirá en el escenario de la nueva edición de Vigo Porté

22/03/2023

O obxectivo final é que unha persoa galegofalante poida interactuar co mundo dixital na súa lingua usando os axentes conversacionais por voz.

Voces anónimas, diversas e con finalidade investigadora

“Temos o obxectivo de acadar 6.000 participantes, cumprindo ademais os criterios de que 30 horas de gravación correspondan a persoas de máis de 50 anos; 10 horas correspondan a cada provincia e cun equilibrio de xénero de 40-60% ”, explica Laura Docío Fernández, investigadora principal de falAI, do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo. Estas achegas son anónimas e a as voces participantes nunca serán expostas ou escoitadas de forma aberta. Todos aqueles que graven 30 frases poderán participar no sorteo dunha PlayStation 5 e outros premios.

Docío, xunto á catedrática do mesmo departamento, Carmen García Mateo, e ao tamén investigador e persoal do departamento de I+D+i de Balidea, Andrés Piñeiro Martín, conforman o equipo que está a desenvolver falAI. “O único requisito que deben cumprir as persoas que queiran participar no proxecto é que sexan maiores de idade. Canta maior diversidade de voces teñamos mellor”, sinala Docio, que sinala que as voces se recollerán de forma anónima, “non se recollen datos persoais sensibles que poidan identificar ás persoas participantes. Ademais, estas voces estarán dispoñibles con fins de investigación no ámbito das tecnoloxías da fala”, detalla a investigadora de atlanTTic.

Ademais de recadar voces que falen en galego, que permitirán xerar datasets neste idioma en dominios como a saúde ou os trámites administrativos, falAI tamén ten o obxectivo de facer un estudo que sirva de guía no deseño e posta en marcha de axentes conversacionais por voz en linguas con baixos recursos, con dasets moi limitados en canto ao número de horas de gravacións dispoñibles e á cantidade doutros recursos lingüísticos. “Un punto importante tamén é o deseño destes conxuntos de datos (que frases gravar, o seu número, como medir e validar a calidade das gravacións de forma automática… ) para poder adestrar os algoritmos de aprendizaxe que usan os axentes conversacionais por voz e utilizalos en escenarios con poucos recursos, como poden ser linguas minoritarias como o croata, danés, checo, búlgaro. etc.”, explica Laura Docío.

As orixes do proxecto

O proxecto falaAI enmárcase dentro da colaboración que as investigadoras de atlanTTic, Laura Docío e Carmen García Mateo teñen en marcha coa empresa Balidea desde hai dous anos e que se formalizou coa concesión dunha axuda da Xunta de Galicia para o desenvolvemento da tese de doutoramento de Andrés Piñeiro no campo dos axentes conversacionais por voz en galego, en particular en aplicacións onde a poboación obxectivo sexa xente maior.

O equipo de investigación, conformado por personal de Balidea e as investigadoras da UVigo, tamén acadou 22.500 euros de financiamento nunha convocatoria aberta do proxecto europeo European Language Equality-ELE para a contribución na Strategic research, innovation and implementation agenda for achieving full digital language equality in Europe by 2030 (SRIA). Na convocatoria seleccionáronse nove proxectos e un deles foi o presentado por Balidea, e no que ía como parte do equipo de traballo a UVigo, titulado Building E2E spoken-language understanding systems for virtual assistants in low-resources scenarios. “O proxecto ten como un dos seus obxectivos a realización dun estudio sobre o deseño e posta en marcha de axentes conversacionais por voz en linguas de baixos recursos lingüísticos. A experiencia gañada con falAI é fundamental para a realización deste estudo”, explica Docío.

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

marzo de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Valença

Vigo

Vilaboa

Más noticias

El cielo está loco en Vigo: lluvia, tormenta y sol en apenas unas horas para comenzar la semana
Enfoque

Alerta naranja por temporal costero y precipitaciones para acabar la semana en Vigo

...

PorCarolina Cifuentes
22/03/2023
Descubren que los primeros pobladores de Galicia vivieron en O Porriño hace 300.000 años
Enfoque

Descubren que los primeros pobladores de Galicia vivieron en O Porriño hace 300.000 años

...

PorMetropolitano
22/03/2023
Stellantis Vigo anuncia nuevos paros por la falta de aprovisionamientos
Enfoque

Stellantis Vigo prevé un abril con “alta actividad” en los turnos de noche y programa sábados de trabajo

...

PorEuropa Press
22/03/2023
Denuncian muertes por “gestión negligente” en VigoZoo y el Concello lo desmiente
Enfoque

Animalistas piden información al Concello sobre el proyecto de transformación del zoo de Vigo

...

PorEuropa Press
22/03/2023
A Biblioteca Central da UVigo pon en valor as pintoras esquecidas da historia da arte
Gafapasta

A Biblioteca Central da UVigo pon en valor as pintoras esquecidas da historia da arte

PorMetropolitano
22/03/2023

A mostra, que recolle biografías, autorretratos ou coleccións, poderase visitar ata o vindeiro 10 de abril

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

marzo de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Valença

Vigo

Vilaboa

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X