• Vigo Arena
  • Vigo Vertical
  • Porrigalia
  • Entradas Abraham Mateo
  • Desaparecido Miño
  • Camiseta España Vigo
  • Próxima apertura
  • Conciertos chiringuitos
  • Fiestas Baiona
  • Eclipse
  • Fiesta Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A UVigo e o sector da hortofloricultura do Baixo Miño inician unha senda de colaboración

A UVigo e o sector da hortofloricultura do Baixo Miño inician unha senda de colaboración
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
01/04/2022

Tender pontes entre a academia e a sociedade e achegar o coñecemento científico que se xera nos laboratorios universitarios ao tecido empresarial, tratando de dar respostas ás necesidades e demandas das empresas. Ese é o obxectivo do encontro de transferencia que este venres tivo lugar no Concello de Tomiño entre a Universidade de Vigo e a Asociación de Cultivos do Baixo Miño, acuBam.

Esta iniciativa congregou a 14 grupos de investigación xunto cos representantes das empresas do sector da hortofloricultura. A xornada arrancou cunha visita a Flores Toxal, na Guarda, e ao Viveiro Río Tollo, en Goián, para posteriormente trasladarse ao salón de plenos de Tomiño, onde se desenvolveu unha sesión de traballo na que as empresas do agro do Baixo Miño explicaron a situación actual do sector e os principais retos que teñen por diante, mentres que o persoal científico da Universidade lles presentou as liñas de investigación que se están desenvolvendo en eidos que poden de ser de interese para estas compañías. Por exemplo, abordáronse temas como a reutilización das augas sobrantes da rega, a xestión dos residuos orgánicos, a viabilidade de diferentes alternativas enerxéticas, as técnicas de loita BIO contra as pragas, o uso de drones para facer inventarios de campo, a mellora da conectividade das explotacións, a mecanización e robotización ou a optimización da cadea de loxística. Tamén se presentaron liñas de investigación relacionadas coa metodoloxía LEAN, a situación laboral do sector a e posibilidade de elaborar un convenio colectivo sectorial ou unha campaña de promoción do sector.

Másnoticias

La experiencia de "La Casa de Papel" llega al área de Vigo con una prueba inmersiva en Tui

La experiencia de "La Casa de Papel" llega al área de Vigo con una prueba inmersiva en Tui

20/07/2026
Tui descubre su memoria democrática con una visita guiada completamente gratuita

Tui descubre su memoria democrática con una visita guiada completamente gratuita

20/07/2026

Como explica a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, este encontro naceu do propio interese das empresas que conforman acuBan que, nunha xuntanza co reitor, solicitaron a posibilidade de abrir unha liña de cooperación que permitise exportar á contorna o coñecemento que se xera na UVigo, achegando así solucións a problemas reais das empresas, como os relacionados coa conectividade, precaria nesta zona da provincia, ou os relacionados coa automatización de procesos, entre outros.

Achegar riqueza ao territorio

Na inauguración deste evento, a alcaldesa da vila, Sandra González, destacou que para o concello é unha honra acoller estas xornadas de transferencia e agradeceu que “a Universidade saia da Universidade, que pise territorio e traslade o seu coñecemento ao sector empresarial de todo o Baixo Miño”. González lembrou que Tomiño é “un concello verde, que aposta pola industria de futuro, por unha agricultura moderna e sostible, para o que é imprescindible a innovación, a tecnoloxía e o coñecemento que tedes na Universidade e que é tan valioso, por iso nos encanta que hoxe esteades aquí”.

Pola súa banda, o reitor da Universidade, Manuel Reigosa, agradeceu a acuBan a súa iniciativa poñéndose en contacto coa Universidade e, ao Concello de Tomiño, a súa disposición. “Estamos hoxe plantando unha semente que esperemos que agrome no futuro”, destacaba Reigosa, ato tempo que recalcaba que “como Universidade pública e galega apostamos porque o noso territorio sexa máis rico e, para iso, temos que formar os mellores egresados, facer investigación de primeiro nivel e apostar polo traballo público-privado en todos os sectores”.

Finalmente, no acto de apertura interveu a presidenta de acuBan, Mariví Álvarez, que puxo en valor o sector de cultivos de planta ornamental, flor cortada e horta, un sector que “representa o esforzo de persoas comprometidas co desenvolvemento sostible do Baixo Miño, persoas para as que esta xornada é unha recompensa e unha porta para reforzar o noso crecemento”. Neste sentido, subliñou que “a innovación é unha da claves para o cambio cara a sostibilidade, solo se apostamos por ela nos produtos, nos procesos e nas accións seremos capaces de crecer e ser unha referencia a nivel nacional e internacional”. Respecto ao sector da hortofloricultura na comarca, Álvarez destacou que contan “cun clima inmellorable, unha experiencia e un coñecemento indiscutible, pero son moitos retos os que afrontamos e algúns deles, como o cambio climático, a dixitalización, a captación de talento ou a profesionalización, sabemos que só podemos afrontalos reforzando os nosos lazos con outros actores do coñecemento, como é a Universidade de Vigo”.

O acto deste venres, ao que tamén asistiu a alcaldesa do Rosal, será o primeiro dunha liña de colaboración que se prevé máis ampla e que permitirá que os representantes das empresas poidan coñecer os laboratorios e liñas de investigación dos grupos que consideren que poden achegarlles respostas ás súas demandas. A medio prazo isto permitirá establecer proxectos conxuntos que se traduzan na transferencia do coñecemento universitario cara o tecido empresarial.

Temas: O Baixo MiñoTomiñoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Importantes retenciones en la A-55 en sentido Vigo tras el accidente de tres vehículos en Mos
Enfoque

Importantes retenciones en la A-55 en sentido Vigo tras el accidente de tres vehículos en Mos

...

PorIván Dacal
22/07/2026
Vigo hará un homenaje a Borja Iglesias, "el primer jugador del Celta que es campeón del mundo"
Deportes

Vigo hará un homenaje a Borja Iglesias, "el primer jugador del Celta que es campeón del mundo"

...

PorIván Dacal
22/07/2026
La réplica de la camiseta blanca de España con las dos estrellas se adelanta a las oficiales en Vigo
Enfoque

La réplica de la camiseta blanca de España con las dos estrellas se adelanta a las oficiales en Vigo

...

PorMiguel Alonso
22/07/2026
Un incendio forestal cerca el outlet de Tui
Enfoque

Una marca de moda inédita en Galicia llega con su primera apertura en el Outlet de Tui

...

PorSara Rodríguez
22/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Comentarios 1

  1. María says:
    Hace 4 años

    Paréceme unha idea estupenda.Demostra que Tomillo está facendo ben as cousas e dame moita envexa, porque o Concello de Vigo ten abandoado o tema medioambiental e non sabe sacar partido da riqueza de todo o rural do seu contorno.Debería facer tamén proxetos de colaboración coa universidade e formar aos cidadáns para potenciar as hortas urbanas.

    Responder

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X