• Vigo Arena
  • Vigo Vertical
  • Porrigalia
  • Entradas Abraham Mateo
  • Desaparecido Miño
  • Camiseta España Vigo
  • Próxima apertura
  • Conciertos chiringuitos
  • Fiestas Baiona
  • Eclipse
  • Fiesta Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A UVigo internacionaliza a súa actividade arqueolóxica cun proxecto en Marrocos

A UVigo internacionaliza a súa actividade arqueolóxica cun proxecto en Marrocos
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
05/11/2021

No norte de Marrocos, a uns 20 quilómetros ao sur da cidade de Tánxer, nunha lingua de area entre o océano Atlántico e unha gran lagoa interior, localízase o xacemento de Tahaddart, un complexo de época romana en moi bo estado de conservación no que destacan ata seis grandes fábricas de salgadura de peixe. Este enclave é o escenario do primeiro proxecto arqueolóxico internacional da Universidade de Vigo, que levará ata o 2025 ao seu Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) a afondar no coñecemento deste xacemento e do comercio en época romana na fachada atlántica marroquí, a antiga provincia da Mauritania Tingitana. A primeira intervención no xacemento xa se está a levar a cabo a cargo dun equipo hispano-marroquí formado por 30 persoas.

A iniciativa desenvólvese en colaboración co Intitut National des Sciences de l’Archeologie et du Parimoine (INSAP) e co apoio dos ministerios de Cultura de España e do Reino de Marrocos (do que depende o INSAP) e da Xunta de Galicia. O profesor de arqueoloxía e investigador do GEAAT Adolfo Fernández, director do proxecto, destaca a relevancia desta iniciativa sinalando que “esta intervención en Tahaddart é a primeira escavación internacional que realiza a Universidade de Vigo”. O proxecto, apunta, “supón internacionalizar a actividade arqueolóxica da nosa Universidade, que era algo que tiñamos pendente” e “damos un salto cualitativo, de calidade, moi importante para todos”.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

O proxecto realízase ao abeiro dun convenio de colaboración en materia de patrimonio cultural asinado o pasado ano entre a Universidade de Vigo e o INSAP. Trátase, explica Adolfo Fernández, dun convenio “moi importante, pois só hai outro similar asinado con universidades españolas” e “un acordo imprescindible para desenvolver este proxecto”, dado que marca e recolle o protocolo para autorizar e desenvolver este tipo de actuacións no país africano. Ademais desta colaboración, a campaña arqueolóxica en Tahaddart deste ano está financiada polo Ministerio de Cultura de España a través da súa convocatoria para escavacións no exterior e o proxecto de estudo do comercio en época romana na costa marroquí está financiado para o período 2021-2025 pola Xunta de Galicia a través da convocatoria para proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. “Este proxecto aúna o esforzo, o compromiso e as achegas de moitas persoas e institucións sen as cales non sería posible levalo a cabo e ás que queremos transmitir todo o noso agradecemento”, comenta Adolfo Fernández.

Primeira misión arqueóloxica en marcha

Segundo explica o seu responsable, o proxecto está previsto que se prolongue ata 2025, ata o remate do convenio asinado co INSAP. A súa primeira liña de actuación é o estudo e escavacións no xacemento de Tahaddart, que os responsables da iniciativa salientan que é “impresionante e cunha potencia arqueolóxica enorme”. Trátase, sinala Adolfo Fernández, dun enclave “moi interesante, principalmente de época romana, que conta con polo menos seis factorías de salga para a produción industrial de grandes volumes de preparados de peixe en moi bo estado de conservación, algunhas delas conservada practicamente ata o tellado”. Porén, engade, este xacemento marroquí abrangue máis que a época romana, tendo tamén unha parte máis antiga, de ocupación mauritana, pre-romana, con presencia fenicia-púnica, e un xacemento islámico. Así, a ocupación deste enclave prolongaríase desde aproximadamente o primeiro milenio antes de Cristo ata o século XVI, cando foi abandonado. “Analizaremos toda esa ocupación humana, centrándonos especialmente na época romana e nas súas factorías de salga”, comenta o arqueólogo.

A primeira actuación de campo no xacemento marroquí está en marcha desde o pasado día 29 de outubro e prolongarase durante 17 días, sendo codirixida por Adolfo Fernández e pola investigadora do INSAP e profesora da Universidade de Kenitra Meriem Hansali e o vice-director do INSAP, o profesor M. Kbiri-Alaoui. O equipo do GEAAT que está traballando en Tahaddart está formado por nove persoas, persoal investigador e profesorado da Facultade de Historia do campus de Ourense, e un profesor da universidade lusa de Coimbra colaborador habitual deste equipo. A parte marroquí está formada por profesorado e alumnado de diferentes universidades marroquís e 15 obreiros, estando un total 31 persoas traballando no xacemento. “Este ano, o obxectivo é facer prospección, levantamento, limpeza e empezar coa escavación dalgunha das factorías”, adiantan os responsables do equipo da UVigo.

Abrindo a visión a África

A segunda liña de traballo do proxecto, paralela á anterior, é o desenvolvemento dun “estudo sobre o comercio e a economía da costa atlántica da provincia romana da Mauritania Tingitana”. A previsión, indica Adolfo Fernández, é, ademais de levar a cabo as actuacións e o estudo do xacemento de Tahaddart, “analizar materiais arqueolóxicos doutros xacementos principais da costa atlántica de Marrocos para estudar os ritmos económicos e as dinámicas comerciais nesta costa durante a antigüidade e poder comparala con outras partes do mundo romano, especialmente coa costa atlántica da península ibérica, na que levamos traballando os últimos anos”.

No seu conxunto, o proxecto permitirá ao Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio e ao seu director continuar a súa liña de investigación no eido do comercio en época romana na fachada atlántica, centrada ata o de agora na zona peninsular. Así, anteriormente teñen desenvolvido o proxecto de I+D Marie Curie Talent, financiado pola UE, Galtfish, salt and fish salting in Ancient Gallaecia. Looking for the origins of the Galician canned fish industry, do Campus do Mar. O seu foco de interese foi o coñecemento da produción do sal e as salgaduras no noroeste peninsular durante a época romana, realizando campañas en xacementos costeiros como os da illa de Ons (con financiamento da Xunta de Galicia), Sobreira (Vigo), Adro Vello (O Grove) e praia do Naso (IIla de Arousa), todas elas factorías de salga romanas que producían prebes e peixe salgado para a exportación. “O proxecto con Marrocos abriranos a visión á fachada africana, que tamén é atlántica”, indica por último Adolfo Fernández.

Temas: Universidade de VigoUVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La réplica de la camiseta blanca de España con las dos estrellas se adelanta a las oficiales en Vigo
Enfoque

La réplica de la camiseta blanca de España con las dos estrellas se adelanta a las oficiales en Vigo

La réplica de la camiseta blanca con dos estrellas ya se puede encontrar en Vigo. Una equipación que aún no ha salido a la venta de forma oficial

PorMiguel Alonso
22/07/2026
Un incendio forestal cerca el outlet de Tui
Enfoque

Una marca de moda inédita en Galicia llega con su primera apertura en el Outlet de Tui

El Outlet de Tui se prepara para acoger una nueva apertura. Se trata de una marca de moda italiana que llega con su primera tienda

PorSara Rodríguez
22/07/2026
Cuenta atrás para abrir el nuevo ascensor panorámico de Vigo, tras pasar las últimas pruebas
Enfoque

Cuenta atrás para abrir el nuevo ascensor panorámico de Vigo, tras pasar las últimas pruebas

La obra está financiada en su mayor parte por la Diputación, que "ya no es una mera comparsa en Vigo, sino que ahora es decisiva"

PorUxía Pérez
22/07/2026
Vigo, uno de los mejores puntos para ver el eclipse solar de este jueves
Enfoque

Pontevedra difunde estos consejos clave para disfrutar al máximo del eclipse en Galicia: estas son las claves

Los expertos dan las claves para disfrutar al máximo del histórico eclipse solar que se podrá ver en Galicia el 12 de agosto

PorUxía Pérez
22/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X