• Próxima apertura Vigo
  • Montaje Navidad
  • Cortes de tráfico
  • Barco Navidad Vigo
  • Concentración Redondela
  • Panettone Vigo
  • Pizza concurso Vigo
  • Homenaje en Vigo
  • Ryanair Galicia
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo lidera un estudo pioneiro sobre o clima educativo nas facultades de Fisioterapia de España

A UVigo lidera un estudo pioneiro sobre o clima educativo nas facultades de Fisioterapia de España
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
12/12/2024

Un total de 7178 alumnos e alumnas de 42 universidades españolas e 265 docentes participaron no primeiro estudo que se leva a cabo en España sobre a percepción do alumnado de Fisioterapia do clima educativo nesta titulación. Dirixido a coñecer a valoración do estudantado da súa propia aprendizaxe, do seu profesorado ou da atmosfera do centro, este traballo foi liderado pola profesora da Universidade de Vigo Eva María Lantarón e impulsado na súa etapa á fronte da Conferencia Nacional de Decanos de Facultades de Fisioterapia (CNDFF), xunto co resto da xunta directiva. Coa participación de alumnado do 75% das universidades públicas e privadas nas que se imparte este grao, os resultados deste traballo permitiron constatar que, en termos xerais, a percepción do alumnado da súa formación é positiva ou altamente satisfactoria, así como identificar posibles áreas de mellora. De feito, tras presentar os resultados á CNDFF, o obxectivo das e dos responsables deste traballo, explica Lantarón, é “remitir un informe detallado a cada centro participante coas recomendacións específicas resultantes da análise realizada”.

Vicerreitora do campus de Pontevedra, Lantarón explica que este proxecto naceu “no seo da CNDFF”, da man da directiva que presidiu entre 2020 e 2023 e que completaban Juan Martínez, da UCAM de Murcia; Esther Medrano, da Universidad de Sevilla, e Jesús Seco, da Universidad de León. De feito, iniciaron este traballo en 2020 “en plena pandemia”, co obxectivo de analizar como as “limitacións de mobilidade e restricións social impostas” puideron afectar o desenvolvemento da docencia. De feito, a idea inicial era unicamente analizar a “repercusión no clima educativo” daquela “contorna sobrevida”, mais a boa resposta que obtiveron de alumnado e profesorado motivou que “ampliásemos os obxectivos e continuásemos no tempo”. Aquela análise dun momento concreto rematou converténdose nun “estudo pioneiro”, xa que, como explica Lantarón, son escasas “a nivel internacional” as investigación sobre o clima educativo en Fisioterapia e estas adoitan ser traballos focalizados “nun só centro”, con mostras moito máis pequenas.

Másnoticias

Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

05/11/2025
Descubre los 17 cines de Galicia, cuatro de ellos en Vigo, que ofrecen precios reducidos a mayores de 65 años

Tarde de cine gratis en pleno centro de Vigo con la proyección de 5 cortos

05/11/2025

O clima educativo, sinala o equipo responsable deste estudo, componse de “cinco esferas”; a percepción do alumnado da súa propia aprendizaxe, das e dos docentes e da atmosfera, a súa autopercepción académica e a súa autopercepción social. Deste xeito, o seu estudo “contribúe a identificar as principais fortalezas e aspectos de mellora” dunha facultade, xa que permite coñecer a visión que ten o estudantado da ensinanza que recibe, da calidade do profesorado, das súas habilidades comunicativas ou do xeito no que preparan as clases, así como das súas estratexias de aprendizaxe, da atmosfera nas clases e estancias clínicas ou dos sistemas de apoio dos que dispoñen.

O 85% estudan na facultade que desexan

O primeiro dos traballos levados a cabo foi a adaptación e validación dun cuestionario para analizar a percepción do clima educativo nesta titulación, cuxos resultados recolléronse, sinalan, na “prestixiosa revista” científica Medical Teacher. A partir de aí, os seguintes traballos permitiron analizar as variacións do clima educativo ao inicio e o final de curso e en distintos anos académicos, así como comparar a percepción do estudantado coa do profesorado. En termos xerais, os resultados desta análise sinalan que a percepción que o alumnado de Fisioterapia de España ten do clima educativo é “altamente satisfactoria” ou “máis positiva que negativa”. De feito, o 85% das e dos participantes sinalan que “estudan na facultade que desexan” e que recomendarían, no 78% dos casos.

Non obstante, tamén se rexistrou “algunha área problemática”, na que poderían establecerse “plans de mellora". Parte deste proxecto formou parte da tese de doutoramento que levou a cabo na Universidade de Vigo Jesús Seco, quen explica que é na “autopercepción social” onde se rexistraron “as puntuacións máis baixas”, en termos xerais, das cinco dimensións analizadas. Concretamente, sinala, as afirmacións que acadaron menor puntuación no conxunto das universidades avaliadas foron “rara vez me aburro nas materias que estou cursando”, “rara vez síntome só”, e “as instalacións e recursos da miña facultade son agradables”.

Informes específicos para as diferentes facultades

Ademais do artigo publicado en Medical Teacher, parte dos resultados deste estudo foron presentados nos últimos meses en diferentes “foros nacionais e internacionais de educación en fisioterapia”. As e os responsables deste traballo trasladaron tamén un informe á CNDFF e, a medio prazo, apunta Lantarón, “remitirase un informe detallado a cada centro participante”, con recomendacións específicas que lles permitan implantar plans de mellora da titulación. “Neste período de desenvolvemento da LOSU, estamos seguros de que será unha ferramenta crucial na que apoiarse para mellorar a aprendizaxe dos estudantes”, conclúen.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Esta es la receta de pizza 'made in' Vigo que podría arrasar en España
Enfoque

Esta es la receta de pizza 'made in' Vigo que podría arrasar en España

...

PorSara Rodríguez
05/11/2025
Vigo monta a contrarreloj sus atracciones de Navidad a tan solo unos días del encendido
Enfoque

Vigo monta a contrarreloj sus atracciones de Navidad a tan solo unos días del encendido

...

PorSara Rodríguez
05/11/2025
"Eran mis primeras vacaciones", los clientes de una agencia de viajes de Redondela denuncian una estafa
Enfoque

Los afectados por la quiebra de Viaxes Loa se concentrarán en Redondela: "No queremos que se olvide"

...

PorAlfredo Teja
05/11/2025
La hamburguesería más viral de Madrid planea desembarcar en Vigo antes de 2026
Enfoque

La hamburguesería más viral de Madrid planea desembarcar en Vigo antes de 2026

...

PorAlfredo Teja
05/11/2025
Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal
Enfoque

Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

PorCarlos I. Castrillón
05/11/2025

El grupo biofarmacéutico entregará sus reconocimientos anuales en una gala que tendrá lugar el próximo martes 11 de noviembre

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X