• Crece el Vigo Vertical
  • Novedad en Vigo
  • Mapa Artístico Vigo
  • Fiesta Espumosos
  • Fiesta Zorza
  • Magosto Baiona
  • K-Pop en Vigo
  • Fortaleza Chocolate Valença
  • Venta pensión Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo participa no deseño dun sistema de antenas más eficiente para os satélites de comunicación

A UVigo participa no deseño dun sistema de antenas más eficiente para os satélites de comunicación

Imagen de recurso // Freepik

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
12/04/2024

Investigadores do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións e do Grupo de Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas, ambos de atlanTTic, participaron no deseño dun sistema de antenas máis eficiente para os satélites destinados a comunicacións de alta capacidade. A súa proposta baséase nunha configuración que permite ter a mesma cobertura coa metade das antenas, o que repercute, entre outros aspectos, nunha redución de custes.

O proxecto, bautizado como RealSat e liderado pola Universidad Politécnica de Madrid no marco da convocatoria de proxectos de Proba Concepto do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, desenvolveuse entre os anos 2021 e 2023 e permitiu aos investigadores de ambas universidades validar unha tecnoloxía que posibilita unha redución na masa e volume da carga útil de satélites GEO, ofrecendo unha solución de antena viable para os novos Small-GEO, satélites xeoestacionarios de alta capacidade, pero con dimensións e custe reducidos. Ademais, tamén pode ser de interese para satélites aínda máis pequenos, que orbitan en forma de constelacións preto da superficie terrestre (LEO).

Másnoticias

La Semana de Cine Submarino de la UVigo ofrece más de una decena de proyecciones gratis en la ciudad

La Semana de Cine Submarino de la UVigo ofrece más de una decena de proyecciones gratis en la ciudad

13/11/2025
Día de “agradecemento infinito” na UVigo aos 44 docentes e 20 PTXAS xubilados o curso pasado

Día de “agradecemento infinito” na UVigo aos 44 docentes e 20 PTXAS xubilados o curso pasado

12/11/2025

O proxecto estivo liderado por José Antonio Encinar, catedrático de la Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Telecomunicación (ETSIT), recentemente xubilado, mentres que o equipo da Universidade de Vigo estivo coordinado polo catedrático Carlos Mosquera, do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións de atlanTTic. O investigador da Universidade de Vigo destaca que “as antenas dos satélites son un elemento clave para a súa operación como elementos de comunicacións, con un número crecente de operadores que despregan constelacións de numerosos satélites que deben coexistir entre elas e ofrecer boa cobertura en terra”. Polo tanto, considera de especial relevancia todas as solucións, como a desenvolvida neste proxecto, “que permitan reducir o número de antenas no satélite e, polo tanto, a súa complexidade e coste, tamén no que se refire ao lanzamento”.

Reducir o número de reflectores á metade

Os satélites xeoestacionarios para comunicacións de banda ancha operan mediante coberturas multifeixe, o que significa que proxectan unha serie de feixes sobre a extensión xeográfica que se desexa cubrir, un por cada unha das celas de cobertura en que dividen o territorio. Así, os satélites tradicionais empregan catro antenas reflectoras de aproximadamente dous metros de diámetro para xerar arredor dos 100 feixes dunha cobertura típica europea. Para os requisitos dun satélite compacto este é un sistema “demasiado voluminoso” que, ademais, precisa tantas cadeas de alimentación como feixes ten a cobertura. Por iso, o obxectivo do proxecto era reducir o número de antenas a bordo para avanzar no desenvolvemento de satélites máis pequenos.

Os resultados obtidos polos investigadores demostran a viabilidade dunha configuración de antena en banda Ka que xera múltiples feixes para proporcionar acceso a internet de banda ancha dende satélites xeoestacionarios. Así, mentes os satélites actuais empregan catro reflectores para xerar unha cobertura celular con dúas frecuencias e dúas polarizacións, esta proba concepto require só a metade, ao substituír as catro antenas reflectoras por dúas antenas reflectarray, que permiten reconfigurar os feixes e xerar coberturas flexibles.

Por outra banda, o novo sistema de antenas non só reduce os custes da fabricación do propio satélite, senón tamén os custes asociados ao seu lanzamento, como destaca Daniel Martínez de Rioja, investigador do Grupo de Electromagnetismo Aplicado da ETSIT da Politécnica de Madrid. Ademais dun “desenvolvemento máis rápido” en canto a tempos de fabricación e testeo, esta clase de satélites compactos proporciona “maior accesibilidade a internet de alta velocidade naquelas zonas onde non é viable por fibra”, ao tratarse de áreas illadas, ou no caso de avións e cruceiros. O investigador tamén fai referencia ao seu “menor impacto ambiental”, xa que a “redución de pezas e do tamaño do satélite minimiza a cantidade de lixo espacial”.

Como parte do proxecto, o equipo deseñou un prototipo a escala 1:2 da antena ideada para os satélites compactos, que foi fabricado polas empresas españolas Elate e Acom Sistemas e caracterizado na cámara anecoica do Laboratorio de Ensaios e Homologación de Antenas da ETSIT. Os resultados das medicións realizadas, recalcan dende o equipo, “validaron a proposta desenvolvida polos investigadores”.

A participación da Universidade de Vigo no proxecto RealSat a través dos investigadores dos grupos COM e GPSC, centrouse nos aspectos de deseño e simulación da antena, analizando diferentes solucións e comprobando as prestacións que tería unha vez embarcada no satélite, como explica Carlos Mosquera.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nueva imagen para uno de los principales espacios culturales de Tomiño, así ha transformado su auditorio
Enfoque

Nueva imagen para uno de los principales espacios culturales de Tomiño, así ha transformado su auditorio

...

PorMetropolitano
13/11/2025
Renfe pone en servicio unas 2.000 plazas extra entre Galicia y Madrid desde este miércoles hasta el lunes
Enfoque

Restablecida la conexión en tren entre Ourense y Vigo interrumpida por el temporal

...

PorEuropa Press
13/11/2025
Miguel Fernández, alcalde de Lugo, elegido nuevo presidente del Eixo Atlántico
Enfoque

Miguel Fernández, alcalde de Lugo, elegido nuevo presidente del Eixo Atlántico

...

PorMetropolitano
13/11/2025
Caballero denuncia que la Xunta instó a desalojar el albergue municipal por no rotar sus usuarios
Enfoque

Vigo despliega su dispositivo de emergencia para personas sin hogar por alerta meteorológica

...

PorEuropa Press
13/11/2025
Día de “agradecemento infinito” na UVigo aos 44 docentes e 20 PTXAS xubilados o curso pasado
Enfoque

Día de “agradecemento infinito” na UVigo aos 44 docentes e 20 PTXAS xubilados o curso pasado

PorCarlos I. Castrillón
12/11/2025

“Puxemos en marcha unha institución que naceu co soño compartido de formar parte da sociedade"

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

15novTodo el díaEncendido de la Navidad de Vigo 2025STREAMING | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X