• Proyecto Teis
  • Planazos finde
  • Liquidación en Vigo
  • Ruta gastro Mos
  • Tortilla gigante
  • Transformación en Samil
  • Festa do Marisco
  • La Vuelta Galicia
  • "Fodechinchos Fest"
  • Festival Tui
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo, protagonista na primeira misión satelital en órbita para comunicacións cuánticas

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
14/09/2022

A Universidade de Vigo é unha das entidades que está a participar no estudo de viabilidade de Caramuel, a primeira misión satelital global en órbita xeoestacionaria destinada á distribución cuántica de claves, unha das principais tecnoloxías que definirán as comunicacións seguras do futuro. Financiado pola Axencia Espacial Europea e liderado pola empresa Hispasat, este estudo reúne a participación de empresas e organismos de relevancia internacional co obxectivo de desenvolver unha carga útil que sitúe a España á vangarda das comunicacións espaciais seguras. “A intención é lanzar un satélite comercial xeoestacionario para comunicacións cuánticas, algo que, se todo sae ben, podería producirse en 2025”, explica o profesor e investigador de atlanTTic, Marcos Curty, responsable deste proxecto na Universidade de Vigo.

A misión Caramuel atópase na fase A e nela a Universidade de Vigo participa liderando o paquete de traballo relacionado coa avaliación de protocolos. Tal e como explica Curty, o principal mérito das comunicacións cuánticas é que se pode demostrar que son seguras. “O obxectivo final é destilar unha clave secreta, unha serie de números –ceros e uns- totalmente aleatorios que son iguais entre o emisor e o receptor, garantindo a súa seguridade, é dicir, que ningún posible atacante poida ter acceso á información”, salienta para recalcar o feito de que ter unha clave secreta simétrica é fundamental para poder transmitir a información de maneira segura. “Na UVigo o que fixemos foi avaliar todos os protocolos existentes e seleccionar aquel que se considera máis adecuado para este tipo de misión, é dicir, aquel que permite establecer claves desde un satélite xeoestacionario, algo que a maioría non permitiría debido as perdas ópticas neste tipo de enlace”, explica.

Másnoticias

A investigadora da UVigo Lucía Cassani acada o premio Young Investigator Award

05/09/2025

A UVigo comeza a escavación dunha antiga necrópole situada no propio campus universitario

04/09/2025

A maiores fíxose tamén unha estimación da taxa de xeración de claves secretas que se poderían chegar a alcanzar, isto é, cantos bits de claves secretas por segundo sería posible lograr cun satélite xeoestacionario, en función dos parámetros de seguridade que se queiran conseguir.

Ademais de liderar o paquete de traballo de Avaliación de Protocolos, a Universidade de Vigo participa tamén no comité asesor desta misión, encargada de supervisar o conxunto de tarefas que se fixeron e que se están facer. “Somos responsables de revisar a tecnoloxía dos protocolos cuánticos seleccionados, algo moi vinculado ás tarefas do grupo de traballo que nós lideramos, de revisar a arquitectura global do sistema –como se vai facer para establecer as claves entre os diferentes puntos- e de avaliar a seguridade de extremo a extremo”.

A aparición dos computadores cuánticos achega unha potencia computacional moito maior que a dos computadores tradicionais para determinados problemas, entre eles, a descomposición en factores primos nos que está baseada a seguridade da actual criptografía non simétrica. Isto supoñerá un cambio de paradigma nas comunicacións seguras, xa que atacantes con ordenadores cuánticos poderán descifrar as encriptacións actuais en cuestión de segundos. Por iso, é fundamental o desenvolvemento dun sistema que permita enviar información coas garantías necesarias nas contornas de comunicacións gobernamentais (civís e militares), xestión de infraestruturas críticas e aplicacións e servizos de interese económico, ambiental ou tecnolóxico, así como grandes corporacións.

Na actualidade, a tecnoloxía comercial non permite usar conexións baseadas en fibra óptica para establecer comunicacións cuánticas de algo máis de 100 quilómetros de distancia sen empregar nodos confiables. En cambio, o uso do satélite para o envío de claves cuánticas permite cubrir calquera distancia, xa que a atenuación do sinal é menor no espazo libre. En concreto —e a diferenza doutras órbitas—, as coberturas xeoestacionarias, a 36.786 km de altura, permiten establecer estas comunicacións entre continentes enteiros cun só satélite, de maneira continua e sen necesidade de establecer seguimento do sinal.

Achega española ao espazo europeo seguro

A Comisión Europea anunciou en xuño de 2019 o seu manifesto a favor da European Quantum Communications Infrastructure (EuroQCI), que despregará nos próximos anos os primeiros nodos de comunicacións cuánticas en diversos países da Unión. Estes nodos, de alcance metropolitano, estarán conectados entre si vía satélite para garantir a súa resiliencia. Para iso, o sistema de comunicacións seguras por satélite promovido pola Comisión —en cuxo estudo preliminar participou Hispasat—, incluirá entre as súas misións estas conexións satelitales da EuroQCI. Caramuel permitirá a España configurar a súa principal contribución a estas iniciativas europeas no ámbito espacial.

“Xa no ano 2020 a Comisión encargou un primeiro estudo sobre o diseño da arquitectura da futura EuroQCI a un grupo de expertos de diferentes empresas e institucións e, entre 2021 e 2022, realizouse un segundo estudo máis detallado desta arquitectura. Na Universidade de Vigo participamos en ambos estudos liderando as tarefas relacionadas coa seguridade das comunicacións cuánticas”, recalca Curty.

Neste estudo de viabilidade participan xunto a Hispasat empresas como Alter, Banco Santander, BBVA, Cellnex, Das Photonics, GMV, Indra, Oesia, Quside, Sener, Telefónica e Thales Alenia Space España; e instituciones e universidades coma, a propia Universidade de Vigo, o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), o Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO), o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), a Universidad Politécnica de Madrid (UPM) e a Universidade de Vigo.

Temas: Universidade de VigoUVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

El "bar de pueblo" que ha llegado a los 120 años vive su jornada más especial en Mos

Casa Gallardo celebra su histórico aniversario convertido en el restaurante más longevo del área de Vigo y uno de los de más solera de Galicia

PorUxía Pérez
06/09/2025
Deportes

Las obras en Mos del proyecto Celta 360 van "incluso más rápido de lo esperado"

El director de infraestructuras y relaciones institucionales del RC Celta, Carlos Cao, avanza la situación de las obras de Celta 360 en Mos

PorMiguel Alonso
06/09/2025
La alcaldesa de Redondela, Digna Rivas // ARCHIVO
Enfoque

Redondela presume de situación económica saneada al "no gastar por encima de sus posibilidades"

El Gobierno local presenta la cuenta general del Concello con un superávit en 2024 de 1,7 millones y un remanente de más de cuatro

PorUxía Pérez
06/09/2025
Enfoque

Así reabrirá una tienda del centro de Vigo con una apuesta por las camisetas retro de fútbol

Una conocida tienda vintage ya tiene fecha de reapertura y promete traer muchas novedades que se podrán descubrir muy pronto

PorShelly Villaverde
06/09/2025
Enfoque

A investigadora da UVigo Lucía Cassani acada o premio Young Investigator Award

PorMetropolitano
05/09/2025

O seu traballo céntrase na extracción verde de compostos bioactivos de subprodutos agroalimentarios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiesta del Marisco de Vigo 2025GASTRO | VIGO

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

06sep11:00Festival Boas Vibes de TuiFESTIVALES | TUI

06sep(sep 6)16:15Negrita Music Festival en O PorriñoFESTIVAL | O PORRIÑO

06sep19:00Festival de Charangas de SalcedaFESTIVAL | SALCEDA | GRATIS

07sep09:00Festa dos Callos de SalcedaFIESTA GASTRONÓMICA | SALCEDA

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X