• Aperitivo de moda en Vigo
  • Cartas Pokémon en Vigo
  • Cascada escondida
  • Villa indiana Redondela
  • Vídeo rescate Ourense
  • Nuevo mirador
  • Afectados Viaxes Loa
  • Arte urbano Nigrán
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo será o punto de encontro para máis de 130 docentes de español de todo o mundo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
19/07/2023

Máis de 130 docentes chegados de todo o mundo, 80 de xeito presencial e 50 a través do Campus Remoto, van participar a vindeira semana en Vigo no LVII Congreso Internacional AEPE,  a Asociación Europea de Profesores de Español, un encontro que se celebrará do 24 ao 28 de xullo na Facultade de Filoloxía e Tradución e que, nesta ocasión, se centrará en analizar os principais retos e desafíos aos que se enfronta este idioma na era da pospandemia, desde o ensino do español na infancia e adolescencia ata a ensinanza-aprendizaxe de Español como Lingua Estranxeira no ámbito universitario, pasando pola presentación de múltiples estudos sobre lingüística computacional e forense, literatura e xénero, sostibilidade ou tradución automática.

“Para o noso centro organizar esta xuntanza é unha oportunidade magnífica e todo un desafío”, explica o decano José Montero, principal cabeza visible dun comité organizador do que tamén forman parte as profesoras Inmaculada Anaya, Helena Cortés e Montserrat Ribao, xunto co profesor Miguel Cuevas e a investigadora Rocío Hernández.

Másnoticias

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

01/08/2025

El Gobierno anuncia una ayuda de 7,5 millones para la UVigo para fortalecer su área de fotónica

31/07/2025

“Ter reunidos a unha parte moi importante dos estudosos da ensinanza do español como lingua estranxeira na FFT supón que o noso centro poida ser coñecido por todo o mundo”, salientou Montero, quen se amosou convencido de que a celebración do congreso neste centro suporá unha difusión extraordinaria que pode ser de grande axuda para varias cousas: captación de alumnado internacional, contactos con outras universidades, apertura de convenios, etc.

“Por outra banda, é un desafío no que amosaremos a nosa capacidade de organización e as nosas fortalezas como centro de referencia nos estudos de lingua e literatura españolas no mundo”, recalcou o decano, quen foi o principal enlace entre AEPE e a Universidade de Vigo. “Desde a asociación coñecían a miña traxectoria como docente e investigador, o meu percorrido por moitas universidades do estranxeiro e as colaboracións feitas para o Instituto Cervantes”, aclara o decano”.

Nove liñas temáticas e máis dun cento de comunicacións

O congreso, que o ano pasado se celebrou na cidade xienense de Úbeda, pretende ser un punto de encontro entre as persoas interesadas na ensinanza do español, investigadores, especialistas e académicos. Trátase, tal e como explican na web do encontro, de compartir experiencias e novas ideas, algunhas froito das prácticas durante a pandemia, así como os resultados das investigacións máis recentes en torno á lingua, a literatura, a cultura e a tradución da lingua española.

A cita está estruturada en nove liñas temáticas: estudos sobre lingüística e investigacións interdisciplinares; investigacións sobre cultura e literatura; tradución literaria e outras traducións; ensinanza da cultura, a historia, a literatura, a tradución na aula de español como L1/L2 o LE como lingua de herdanza; as TIC e a ensinanza da lingua; o docente de ELE na era dixital; o ensino de español para nenos e adolescentes;  a ensinanza-aprendizaxede ELE no ámbito universitario e a ensinanza de español para fins específicos.

A apertura do encontro será o vindeiro luns ás 10:30 horas e contará coa participación da vicerreitora de Internacionalización, Maribel del Pozo; o alcalde Vigo, Abel Caballero; o presidente da AEPE, Pablo Deza, e o decano da facultade, José Montero. Será o arranque dun intenso programa no que se presentarán máis dun cento de comunicacións e cuxa conferencia inaugural correrá a cargo  da profesora da Universidad de Extremadura Marisa Montero Curiel, que estará centrada na creatividade léxica como recurso de humor verbal.

Ao longo de toda a semana, á excepción do festivo, xornada na que hai prevista unha excursión polas Rías Baixas, celebraranse múltiples actividades nos diferentes espazos da facultade. As sesións plenarias serán no salón de actos e as aulas acollerán de xeito simultáneo as diferentes charlas e talleres. Contarase como conferenciantes plenarios, a maiores de Montero Curiel, coa profesora da Universidad de Sevilla Catalina Fuentes Rodríguez; Alexia Dotras Bravo, do Instituto Politécnico de Bragança, así como do profesor da Universidade de Vigo José Yuste.

Unha cita con máis de medio século de historia

O I Coloquio da AEPE celebrouse en Estrasburgo en outubro de 1969 e nel participaron arredor dun cento de socios. Desde entón pasou máis de medio século e a día de hoxe a asociación está composta por uns 400 docentes de español de arredor de 40 países de todo o mundo: Alemaña, Arxentina, Australia, Brasil, Canadá, China, Corea, Francia, India, Italia, Xapón....

Nestes anos o encontro ten viaxado por medio mundo, desde múltiples cidades de España ata países tan diversos  como México, Arxentina, Perú, Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Guinea Ecuatorial, Italia, Xapón, Marrocos...

Temas: Universidad de VigoUniversidade de Vigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Foto: Grupos Emergencias
Enfoque

Cortada la A-52 entre Vigo y Ourense por los fuertes incendios que asolan Galicia

...

PorAlfredo Teja
17/08/2025
Foto: Guardia Civil
Enfoque

Dos nuevos detenidos como presuntos autores de incendios en Ourense

...

PorEuropa Press
17/08/2025
Enfoque

Pedro Sánchez visita Galicia en mitad de los incendios y propone un "gran pacto" de Estado sobre clima

...

PorEuropa Press
17/08/2025
Un AVE de Renfe estacionado en una de las vías de la estación Puerta de Atocha // EUROPA PRESS
Enfoque

Adif descarta recuperar la Alta Velocidad entre Galicia y Madrid este domingo por los incendios

...

PorMetropolitanoy1 Otros
17/08/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

14agoTodo el díaProgramación de las Fiestas de San Roque de Vigo 2025FIESTAS | VIGO

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X