• Nuevo restaurante
  • PortAmérica
  • Vigo SeaFest
  • Gimnasios en Vigo
  • Festa do Viño Tinto
  • Fiestas de Coia
  • Reforma Concello
  • Accidente Vigo
  • Tapa top
  • Feria del Libro
  • Oferta Canarias
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Arranca o curso na UVigo con dous novos graos e preto do 100% de ocupación en novo ingreso

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
05/09/2022

Co obxectivo de recuperar a máxima normalidade tras dous cursos marcados pola pandemia, a Universidade de Vigo deu este luns a benvida ao curso 2022-2023, marcado na institución académica pola estrea de dous novos graos de carácter interuniversitario, Intelixencia Artificial e Relacións Internacionais, ambos no campus de Ourense. Alén das presentacións que as diferentes facultades e escolas promoven nestes días para o seu alumnado de novo ingreso, Pontevedra acolleu este luns a primeira das tres xornadas de benvida que a institución académica organiza nos tres campus e que teñen como obxectivo achegar ao estudantado que inicia a súa etapa universitaria información sobre os diferentes servizos que a UVigo pon ao seu dispor.

“O curso arranca moi ben, con moita máis tranquilidade que nos anteriores”, salientou o reitor, Manuel Reigosa, tras a sinatura dun convenio de colaboración co Concello de Vigo. O reitor lembrou que a Universidade superou “moi ben” uns cursos marcados pola pandemia, mais tamén que a covid-19 “obrigou a tomar moitísimas medidas". "Nesta ocasión será un curso moito máis normal e máis achegado á presencialidade absoluta”, engadiu Reigosa, que lembrou que “o ano pasado xa tivemos cifras de presencialidade elevadísimas”, de tal xeito que o propósito e que este sexa un curso "moito máis agradable, tanto para o alumnado como para o profesorado”.

Másnoticias

Pep Moreno, Estrella Michelin: "Galicia tiene un productazo, pero debe perder miedo a ser moderna"

01/07/2025
FOTO: JESUS MARCO GONZÁLEZ CASTILLO

Las Fiestas de Coia de Vigo confirman su nueva programación, esto es lo que habrá y lo que no

01/07/2025

Nesa mesma liña pronunciábase tamén, no marco da Xornada de benvida desenvolvida en Pontevedra, a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini, que destacaba o positivo de comezar o curso “con total normalidade”. Nese senso, co obxectivo de “informar aos centros das recomendacións que se poidan facer”, como apunta a vicerreitora, convocouse para este mércores un Consello de Goberno extraordinario dirixido a abordar as medidas preventivas ante a covid-19 para este curso.

Dous graos, catro mestrados e boas cifras de matriculación

En resposta ás preguntas dos medios, Reigosa amosouse “moi satisfeito” dos “bos” datos que a Universidade está rexistrar en materia de matriculación, á espera do peche dos diferentes prazos. “Sabemos que durante a pandemia houbo un repuntamento extraordinario por toda a xente que quedou en Galicia, pero neste caso os datos, se ben aínda non están completos porque aínda queda un chamamento por pechar, amosan unha situación moi positiva nos tres campus”, destacou o reitor, que sinalou que a UVigo atópase xa “preto do 100% de ocupación” nas súas prazas de novo ingreso. “Isto quere dicir que a Universidade de Vigo segue a ser atractiva para o alumnado, un dos nosos máximos obxectivos”, concluíu.

Con 11.759 prazas de novo ingreso nas titulacións de grao, 209 máis que o ano pasado, a principal novidade na oferta académica da Universidade é a posta en marcha de dous novos graos, ambos de carácter interuniversitario e ambos con sede en Ourense. Trátase do Grao en Intelixencia Artificial, que se imparte na Escola Superior de Enxeñaría Informática e para o que se ofertaron 50 prazas, e o Grao en Relacións Internacionais, con 22 prazas en Ourense e adscrito á nova Facultade de Relacións Internacionais. "

Por outra banda, o curso 2022-2023 vén tamén marcado pola posta en marcha de tres novas facultades, a de Relacións Internacionais en Ourense e as de Dirección e Xestión Pública e Deseño en Pontevedra.

Despois de que a pandemia impedise levalas a cabo nos últimos dous anos, a Universidade recuperou neste curso as Xornadas de benvida, dirixidas a ofrecer ao alumnado información dos seus diferentes servizos, nun encontro que se completa con música, xogos, refrescos e agasallos. “Cada centro fai o seu acto de benvida, onde lles informan de cuestións propias dos seus títulos e facultades, e aquí o que queríamos era que coñecesen o resto de servizos que ofrece á Universidade”, explicou Caparrini na primeira destas xornadas, que tivo lugar en Pontevedra. “O outro obxectivo é que todos se reúnan nun mesmo espazo e que interactúen entre eles”, engadiu a vicerreitora dunha actividade dirixida a “dinamizar os campus” e achegar o novo alumnado á “dinámica da Universidade”.

As e os numerosos estudantes que, pese a chuvia, se achegaron polo acceso á Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte puideron obter información sobre bolsas e axudas, aloxamento, mobilidade, emprego, cultura, voluntariado ou atención á diversidade, ademais de coñecer de primeira man o que lles ofrecen servizos como a Área de Benestar, Saúde e Deporte, a Unidade de Igualdade, a Área de Normalización Lingüística ou a Oficina de Relacións Internacionais, así como coñecer o labor de colectivos como UVigo Space Lab ou a asociación de alumnado sénior Asaexs.  As xornadas de benvida continúan mañá martes, no campus de Ourense, na praza do Monumento Nós, e complétase o mércores na praza Miralles do campus vigués, desenvolvéndose en ambos casos entre as 10:00 e as 14:00 horas. 

A matriculación continúa

Máis aló deste arranque oficial do curso, tanto as titulacións de grao como de posgrao teñen aínda por diante prazos de matrícula. No referido aos graos, ata mañá martes permanece aberto o período de matrícula do sexto chamamento realizado pola CIUG para o alumnado de novo ingreso nas tres universidades galegas, tras o que a UVigo publicará unha convocatoria extraordinaria para as titulacións con vacantes. Por outra banda, a matricula de continuación de estudos permanece aberta ata o 12 de setembro. 

No caso dos mestrados, tras a preinscrición aberta en agosto, do 16 ao 19 de setembro terá lugar o segundo período prazo de matrícula para as titulacións con prazas vacantes, que será o primeiro no caso dos de modalidade alternativa. No caso de existir vacantes, a este sumaríase, como lembra o vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións, “un terceiro prazo por solicitude expresa da comisión académica do máster”, xunto coas “posibles matrículas condicionadas, que se poñen en marcha por primeira vez neste curso académico, de acordo co procedemento aprobado o 28 de xullo no Consello de Goberno”, que permite acceder aos másters sen ter rematado o grao, sempre que se cumpran un conxunto de condicións. Para a continuación de estudos de máster, o prazo de matrícula permanece aberto ata o 16 de setembro.

No referido ao doutoramento, ata o 9 de setembro permanece aberto o período de preinscrición, debendo formalizarse a matrícula entre o 1 e o 7 de outubro. A este prazo sumaráselle un segundo en febreiro, mentres que o alumnado que continúa estudos pode realizar a renovación de matrícula ata o 10 de outubro.

Temas: Universidade de VigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Pep Moreno, Estrella Michelin: "Galicia tiene un productazo, pero debe perder miedo a ser moderna"

...

PorAlfredo Teja
01/07/2025
Propuesta ganadora de reforma // MAMarquitectura
Enfoque

Una piel de cristal con 'guiños' al mar gana el concurso para el 'nuevo' Concello de Vigo

...

PorÁngel Vila
01/07/2025
TELEMARIÑAS
Enfoque

Susto en el centro de Vigo al caer varias vigas sobre la acera y dañar un edificio

...

PorÁngel Vila
01/07/2025
Enfoque

La Xunta recurre ante los tribunales la suspensión de la licencia para el centro de asociacionismo de Vigo

...

PorMetropolitano
01/07/2025
Enfoque

Os retos e oportunidades da intelixencia artificial para a docencia universitaria

PorMetropolitano
01/07/2025

Pontevedra acolle unha xuntanza do proxecto Edu-Ina, que reúne profesorado de seis universidades

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

01julTodo el díaFeira do Libro de Vigo

02jul19:30Verbenas na Caridade - Música, bar y mercadillo en Vigo

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X