51 mozas e mozos convértense este tarde, no acto de graduación que a Escola de Enxeñería Industrial celebra no auditorio pazo de congresos Mar de Vigo, nos primeiros egresados en Enxeñaría Biomédica pola Universidade de Vigo. Atrás quedan catro anos de estudo e formación da primeira promoción do grao que botou a andar no curso 2018-2019 cunha oferta de 50 prazas, 240 créditos, dúas intensificacións (Biotech e Biommec) e unha estreita relación co Hospital Álvaro Cunqueiro. “O nome non mente, se ben a titulación está orientada cara á rama da saúde, é unha enxeñaría, polo que foron uns anos de moito estudo. Pero aínda sendo unha carreira técnica, este grao conta coa gran vantaxe de poder tocar unha rama tan bela como é sanitaria, e de poder mesturar dous mundos aparentemente afastados, pero moi necesarios xuntos, como son a enxeñería e a saúde”, aseguran Antía Álvarez Pazó e Antón García Sixto, delegados da primeira promoción do grao, que destacan como elemento diferenciador da titulación cursada na UVigo, respecto doutras universidades, “contar cunha forte colaboración do hospital, permitíndonos coñecer e ver de primeira man o estado da sanidade actual, polo que para nós, este foi o grande aliciente da carreira, o noso paso continuo polo Hospital Álvaro Cunqueiro”.
Ao longo de catro cursos, o alumnado da primeira promoción do Grao en Enxeñaría Biomédica recibiu formación básica e tecnolóxica, así como sobre os principais aspectos relacionados coa fisioloxía e a anatomía do corpo humano, co obxectivo de aplicar estes coñecemento á resolución de problemas do ámbito sanitario. “Esta titulación é unha aposta estratéxica da nosa Escola, da Universidade e da nosa comunidade e a miña valoración, en termos xerais, é moi positiva, tanto polo deseño do plan de estudos, no que se establece unha parte da formación en colaboración co Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, como no despregue ao longo destes catro cursos, cunha grande implicación e compromiso por parte de todas as persoas que veñen participando no mesmo”, explica o director da Escola de Enxeñería Industrial, Juan Pardo Froján.
Antía e Antón, en representación dos 51 estudantes que conforman a primeira promoción do Grao en Enxeñaría Biomédica da UVigo, consideran que tanto os estudos como as prácticas si responderon as súas expectativas, porque “o temario dado ao longo da carreira foi moi amplo, o que nos permitiu afondar en gran variedade de ámbitos das enxeñaría biomédica”. Non obstante, para estas e estes pioneiros, “ser a primeira promoción ten moitos inconvenientes e non todo foi cor de rosa”, aseguran. Ocasionalmente falta de coordinación entre docentes e departamentos ou materias non impartidas de xeito especializado para amosar as aplicacións que pode ter a rama técnica na medicina, son algúns dos aspectos que o estudantado inclúe no “debe” dos primeiros cursos da titulación, na que a pandemia tamén se deixou notar. Aínda así, Antia e Antón coinciden en sinalar que “pese a algúns momentos caóticos, cómpre tomar en consideración que é a primeira titulación desta escola e que se fixo en colaboración co complexo hospitalario de Vigo, o que implica unha complexidade adicional a calquera grao, especialmente por mor destes anos de crise sanitaria. Ademais o feito de que a clase tivese en ocasións que traballar xunta para poder avanzar dentro da novidade xerou un bo ambiente, que a pesar das diferenzas, fixo de nós un grupo estupendo”, aseguran.
Ademais da adaptación do temario á súa especialidade, os delegados da primeira promoción do grao suman ao que consideran melloras a introducir na titulación a revisión do carácter e extensión das prácticas hospitalarias, “xa que tras catro anos de carreira, tres deles parcialmente no hospital, seguemos sen ter moi claro o papel que desempeñamos no sistema sanitario. Claro que hai que ter en conta que a pandemia condicionou a nosa entrada no mundo hospitalario e tamén, ao ser a primeira promoción, contribuiremos nós mesmos a definir ese rol”, explican Antía Álvarez e Antón García, que como contrapunto positivo destacan a tremenda implicación e profesionalidade do persoal docente da escola e do hospital, así como o dos e das traballadoras do sistema de saúde, tanto con eles, coma cos pacientes.
A ilusión, a actitude e o “magnífico nivel que amosan os estudantes día tras días” son para Juan Pardo as maiores satisfaccións destes catro anos, nos que tamén destaca “o enorme compromiso de institucións, profesorado, alumnado… en acadar unha titulación de prestixio para a nosa comunidade”. Pola contra, para o director da Escola de Enxería Industrial o impacto da situación sanitaria foi “o maior quebradeiro, porque xusto cando se declarou o estado de alarma/emerxencia coincidiu co curso no que ían comezar as primeiras materias a impartir por parte do complexo hospitalario de Vigo”, lamenta Pardo, que agradece a súa colaboración e implicación, así como a do profesorado e profesionais e a gran comprensión do alumnado, “xa que a implantación desenvolveuse dun xeito diferente ao planificado. Somos conscientes de que temos que corrixir cousas e nese proceso de mellora unha parte moi importante foron e son as achegas do primeiro alumnado”.
Despedida a primeira promoción do grao, o curso 2022-2023 será o da estrea na EE Industrial do Máster en Enxeñaría Biomédica. Tras superar todos os trámites e obter o informe favorable da Acsug, o mestrado botará a andar “logo dun proceso un pouco máis complexo do habitual, porque durante a tramitación entrou en vigor un novo Real Decreto que regula as ensinanzas universitarias e houbo que adaptar a memoria os novos requerimentos nun tempo moi curto e no que non estaban claras as implicacións desta nova normativa”, lembra Pardo Froján. Mentres, o futuro dos delegados da primeira promoción do grao pasa, no caso de Antía por seguir estudando “gustaríame dedicarme á investigación e docencia e preferiría ficar en Galiza”, explica. Pola súa banda, Antón explica que lle gustaría cursar un mestrado no estranxeiro, “pero antes creo que farei o
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL