• Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • Hito en el Cunqueiro
  • Nuevo restaurante Vigo
  • Conciertos Peregrina
  • Castrelos
  • Rutas barco Rías Baixas
  • Fiestas de Bouzas
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

As carapuchiñas do século XXI sofren o acoso dos lobos a través das pantallas

As carapuchiñas do século XXI sofren o acoso dos lobos a través das pantallas
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
20/03/2023

O lobo feroz xa non se agocha baixo o disfrace de avoa, agora agarda as súas vítimas escondido nas redes sociais. E é que aínda que a sociedade ten avanzado moito no eido da igualdade e da diversidade de xénero, “as carapuchiñas do século XXI non se libran do acoso dos lobos a través das pantallas”. Este é o punto de partida do proxecto Carapuchiña e a pantalla feroz, liderado polo grupo de innovación docente GTiCH (Group for Teaching Innovation on Children´s Literature) e desenvolto co financiamento da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo.

O obxectivo era analizar o uso da linguaxe nas redes sociais por parte de preadolescentes e adolescentes para determinar cales son as diferencias respecto dos usos estándar da linguaxe e estudar como inflúe o binomio sexo/xénero no seu uso. Ademais, tamén se centraron en recoller datos sobre imaxinario e identidades, sexismo e hipersexualización que axuden a diagnosticar e previr posibles comportamentos que preceden á violencia de xénero.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

O estudo foi desenvolto polas investigadoras do GTiCH Veljka Ruzicka, Lourdes Lorenzo, Ana Pereira, Beatriz Rodríguez, Ana Fernández e Sonsoles Facal e polo investigador do grupo GALMA Jesús Meiriño e ten as súas orixes nos proxectos europeos Gender Identity: Child Readers and Library Collections (G-BOOK) e G-BOOK 2: European Teens as Readers and Creators in Gender-positive Narratives, ao abeiro dos cales se creou a primeira bibliografía europea sobre igualdade de xénero en Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) en inglés, francés, italiano, alemán, búlgaro, bosnio-serbio-croata e castelán.

Para realizar este estudo as investigadoras partiron de datos obtidos de enquisas realizadas en tres institutos galegos e de tres clubs de lectura con adolescentes, un en colaboración con Espazo Lectura e outros dous con Down Vigo e o Centro Juan María, ambos dedicados á atención e formación de persoas con discapacidade cognitiva ou intelectual, no que se puxeron en relación os relatos coas novas narrativas dixitais (Facebook, Instagram, TikTok, WhatsApp e SnapChat). A finalidade era “ver se había diferenzas na temática tratada e na linguaxe empregada nas redes sociais por rapaces e por rapazas e analizar se o feito de ter unha discapacidade intelectual influía dalgunha maneira no modo en que se expresan elas e eles, así como analizar o imaxinario e identidades de xénero nas redes para deseñar estratexias que axuden a corrixir determinadas condutas, nomeadamente a hipersexualización e a violencia de xénero”. Os libros cos que traballaron nos clubs de lectura foron escollidos da bibliografía europea preparada para o proxecto G-Book 2 e a súa lectura en sesións monitorizadas por unha persoa dinamizadora serviu como paso previo que animou logo aos asistentes a facer comentarios sobre o uso das redes no que atinxe á perspectiva de xénero.

Sen apenas diferencias entre mozos e mozas

Coa información obtida, as investigadoras puideron determinar que tanto rapaces como rapazas empregan neoloxismos propios da súa xeración, “entre os que destacan formas sexistas (emputar) e acrónimos que continúan cousificando a muller (THOT, BOSH, SLUB ou HOE como sinónimos de puta/zorra)” sen observar diferencias salientables entre elas e eles no uso da linguaxe. No que se refire ás temática, apenas hai diferencias: estudos, gustos, conversas sobre celebracións e agasallos. Dos clubs de lectura si que puideron determinar que as rapazas abordan “máis temas de moda e roupa que os rapaces, mentres que estes adoitan falar máis ca elas de deportes”.

Diferencias discapacidade

Outro punto focal do estudo era determinar se o feito de ter unha discapacidade intelectual influía no modo en que se expresan as e os adolescentes. Como explica Lourdes Lorenzo, “os mozos e mozas con discapacidade cognitiva tamén son usuarios de redes sociais e non son alleos ás novas narrativas dixitais, malia que fan un uso menor delas, máis pasivo e limitado, tanto en formas de expresión como en contidos”.

As investigadoras destacan que a discapacidade cognitiva adoita afectar en maior ou menor medida ás habilidades lingüísticas. Por exemplo, as mensaxes de WhatsApp son máis curtas cas dos (pre)adolescentes sen discapacidade cognitiva e case non usan abreviaturas nin fórmulas alternativas ao uso estándar. Pola contra, recorren máis a emoticonas, fotos, audios e vídeos propios, empregando moito máis imaxes ca palabras. Respecto da xerga propia das redes, “moi poucos coñecían un par de expresións da enquisa, como OL e hater e descoñecen palabras de uso común como hashtag ou tips. Tampouco se observan diferenzas nin nas expresións nin nas temáticas se temos en conta as variables sexo/xénero: todos os participantes eran homes e mulleres e o seu sexo coincidía coa súa identidade de xénero”.

Hipersexualización e violencia de xénero

Os datos obtidos deste estudo, tanto os puramente lingüísticos (como neoloxismos ou expresións que caracterizan a súa xeración) como os sociolóxicos “apuntan a unha clara hipersexualización da sociedade, lamentablemente unha conduta que se estende rapidamente por internet e polas redes sociais”, destacan as investigadoras.

Se ben no último terzo do século XX era a publicidade a que contribuía á sexualización especialmente da muller, recalcan, “na actualidade deuse un paso máis e chegouse ao que podemos chamar hipersexualización, a obsesión por resaltar os atributos sexuais por riba de calquera outra característica definitoria das persoas”. Neste contexto, engaden, “as novas xeracións reciben xa o cualificativo de pornonativas e a rapazada coincide en que a meirande parte da xente á que seguen (influencers) son figuras hipersexualizadas e tamén refiren que as poses máis habituais nos seus selfis (especialmente as rapazas) son «poñendo morriños» e que son ese tipo de fotos as que máis likes obteñen, obxectivo que perseguen na procura do recoñecemento social e da popularidade”.

No que se refire á violencia de xénero, as investigadoras recalcan que pode iniciarse a idades temperás, “cando se están a construír as identidades e o imaxinario de xénero; nos centros educativos existe violencia de xénero en maior ou menor grao e, case sempre, empeza no uso que se fai da linguaxe” e lembran que aínda que o modelo educativo predominante é o mixto, non se educa en igualdade e o androcentrismo continúa a imperar en moitos programas escolares”, perpetuando roles de xénero e valores patriarcais, malia os esforzos que se fan desde as distintas administracións para mudar a situación. E a lingua é o seu instrumento”.

Atendendo á violencia de xénero a través das redes sociais e das novas narrativas dixitais, os participantes no club de lectura relataron experiencias que viviron tanto de forma directa como indirecta e que teñen xa formas léxicas acuñadas e recoñecibles como sexteo ou sexting (envío de mensaxes de contido sexual), sexts (mensaxes de texto de contido sexual) sextorsión, GNOC (espirse diante da cámara), GYPO (quitar os pantalóns) ou Sugarpic (enviar unha foto sexy).

Ante este contexto e preguntadas sobre as vías para corrixilo e revertelo, as investigadoras sinalan un camiño claro, o da prevención, que nos centros escolas pode realizarse a través de varias vías, como o traballo nas aulas con libros do proxecto europeo G-BOOK 2; o uso de guías de linguaxe non sexista; o traballo con ferramentas informáticas como a Lupa Violeta para axudar a evitar o uso sexista da lingua ou o emprego de textos, publicidade, películas, etc. que axuden ao alumnado a estar vixiante, a tomar conciencia da cousificación e hipersexualización da muller e do prexuízo que pode causar un mal uso das redes sociais, en ocasións antesala da violencia de xénero. “Porque o lobo feroz xa non se disfraza de avoa. A pantalla é a que pode ser feroz para as carapuchiñas e carapuchiños do século XXI”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Llega al centro de Vigo un súper con "horarios extendidos" que abrirá todos los días
Enfoque

Llega al centro de Vigo un súper con "horarios extendidos" que abrirá todos los días

...

PorIván Dacal
20/07/2026
Enfoque

Más autobuses, más rutas o abonos ilimitados, las propuestas para mejorar bus urbano de Vigo

...

PorUxía Pérez
20/07/2026
El Concello de Vigo regalará trozos de la grada de Gol como recuerdo del "viejo" estadio de Balaídos
Enfoque

Vigo da otro paso en la grada de Gol para que Balaídos sea el gran fortín del Celta en Liga y en Europa

...

PorIván Dacal
20/07/2026
Pasión por los chiringuitos en Vigo, con lleno total en los conciertos gratis al atardecer
Enfoque

Primera reunión en el Concello para abordar el regreso de los conciertos gratis a los chiringuitos de Vigo

...

PorIván Dacal
20/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X