Nunha reunión telemática mantida o pasado mércores 20 polo o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, a Concelleira de Benestar Social, Pilar González Santos, coa delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, o Concello das Neves foi informado do aumento de horas asignadas para a prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF); o que supón unha subida de 552 horas, e que sitúa As Neves en 20.364 horas de SAF, o que representa un incremento do 2,7% respecto de 2020.
Actualmente o Concello ten de alta 35 persoas usuarias do servizo de SAF de dependencia. O importe por hora que custa o servizo é de 12,98 €, que é aboado co co-pagamento das persoas usuarias, a aportación da Xunta, e a aportación do Concello, do seguinte xeito: Xunta fai unha aportación máxima de 9,70€/hora nos casos de co-pagamento 0€, e nos de maior aportación polos usuarios e usuarias, a aportación da Xunta diminúe de xeito proporcional á capacidade económica da persoa usuaria. No caso das Neves, do total de persoas usuarias, 11 teñen o servizo gratuíto, e das restantes, a media de aportación é de 2,5 €/hora.
Con isto o Concello ten que aboar a diferenza ata cubrir a totalidade do custo do servizo, que se aproxima aos 300.000 euros anuais, "asumindo unhas competencias impropias sen financiamento", subliña o alcalde. É certo que contribúen a un maior benestar do colectivo social destinatario do servizo, pero "lastran os capítulos de inversión ou os de competencias directas, e prexudican ao conxunto do orzamento municipal", sinala Xosé Manuel Rodríguez.
Por esta razón, o Concello reclama a asunción das competencias propias por cada administración ou, que se doten con suficiencia económica as delegadas ou atribuídas, neste caso, aos concellos.
Detenido un vecino de Tomiño como supuesto autor de un robo con fuerza en una vivienda. Accedió con una llave obtenida ilícitamente
Redondela ha inaugurado oficialmente su Festa da Coca. Un fiestón que promete conquistar todo el área de Vigo
Casi 200 escolares participaron en la iniciativa "Operación Ola". Una propuesta que les llevó a practicar surf en la playa de Patos
El pleno aprobó la rehabilitación, por 25.000 euros, de la antigua escuela unitaria de Chandebrito. Estos son los trabajos que se harán
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL