• Cierre parques Vigo
  • Encendido Navidad Vigo
  • Bono Comercio Galicia
  • Magosto Vigo
  • Fiesta Vigo
  • Concierto Vigo
  • Magia en Vigo
  • Circo Nadal
  • Pueblo mágico Galicia
  • Ruta senderismo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

As universidades españolas abordan en Vigo o presente e o futuro da docencia

As universidades españolas abordan en Vigo o presente e o futuro da docencia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
11/10/2024

60 persoas, entre vicerreitoras e vicerreitores e directores e directoras da Área de Profesorado dunha trintena de universidades españolas, participan este venres na Comisión Sectorial de Crue-Profesorado que se celebra no edificio Redeiras da UVigo. Nesta xornada de traballo, inaugurada polo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, os e as representantes das institucións académicas españolas abordan algunhas das cuestións que marcan o presente e o futuro da docencia universitaria como a carreira profesional e as novas figuras de profesorado, a calidade dos procesos de avaliación e a formación do persoal docente.

O presidente da sectorial de profesorado e reitor da Universitat de Barcelona, Joan Guàrdia, foi o encargado de convocar a reunión que este venres se celebra en Vigo e que se desenvolve en sesións de mañá e tarde, nas que, ademais do desenvolvemento do fondo de compensación, responsables da Agencia Nacional de Acreditación, Aneca, trataron, para o seu posterior debate, os novos criterios de acreditación.

Másnoticias

Entre viñedos, un castillo y un santuario, así es la ruta cultural que propone la UVigo para el finde

Entre viñedos, un castillo y un santuario, así es la ruta cultural que propone la UVigo para el finde

04/11/2025

Vigo inicia los trámites para poner en marcha el Observatorio de la Vivienda

31/10/2025

Joan Guàrdia agradeceu na súa intervención inicial a colaboración da UVigo na organización da reunión, nomeadamente da vicerreitora de Profesorado e Ordenación Académica, Adela Sánchez Moreiras, ao tempo que gabou a “preciosidade de edificio” no que se desenvolve a xuntanza. O presidente da sectorial de Crue-Profesorado destacou na súa alocución inicial a importancia que desde a “Crue se manteña unha coordinación que nos permita interactuar co Goberno central”, unha función, que precisamente, o reitor da UVigo agradeceu a Guàrdia que realizase, cualificándoo de “interlocutor magnífico”, nomeadamente pola súa actuación en relación co Programa María Goyri, que ten a finalidade de financiar a incorporación de axudantes doutores ás universidades españolas.

En defensa da universidade pública e do seu profesorado

Manuel Reigosa foi o primeiro en intervir esta mañá no inicio da sectorial cun discurso no que eloxiou o valía da universidade pública e do seu profesorado, ao tempo que reiterou e alertou dos retos que enfrontan as institucións como o avellentamento do seu persoal docente ou a eliminación do requisito de acreditación para os axudantes doutores. Para o reitor da UVigo, “unha universidade é tan boa como o é o seu profesorado, a materia prima coa que se constrúe”, dixo Reigosa, que gabou a capacidade das institucións para cumprir cos retos que se lle presentan, a pesar de contar cun financiamento limitado.

O cambio xeracional é para Reigosa o gran reto que enfronta unha universidade “envellecida e limitada pola falta de orzamentos e temas burocráticos e normativos”. O reitor da UVigo incidiu na urxencia de captar persoal novo, ao tempo que asegurou que a LOSU “me parece unha oportunidade perdida. Queremos universidades fortes en docencia e investigación e preocúpame que non faga falta ningunha acreditación para entrar”, dixo en relación coa eliminación na Lei de Universidades do requisito dunha acreditación previa para os e as axudantes doutores. “Contar cunha acreditación é un elemento positivo e xa non o hai”, lamentou Reigosa.

A combinación das tarefas docente e investigadora foi outra das cuestións ás que se referiu o reitor, que as comparou con dúas mochilas, “que fan falta” para todo o profesorado universitario. Reigosa. que cualificou de “incrible” o posicionamento das universidades españolas nos ránkings internacionais, en relación cos cartos recibidos, agradeceu tamén o traballo realizado polos membros da Crue en relación co Programa María Goyri.”Xogámonos moitísimo”, dixo o reitor, que confirmou o apoio total da Xunta a esta iniciativa do Goberno central, que permitirá “sumar máis prazas” e contrarrestar os efectos da LOSU coas rebaixas de horas docentes.

Grandes retos e un obxectivo

Pola súa banda, a vicerreitora de Profesorado e Ordenación Académica da UVigo destacou a importancia dun foro como a sectorial da Crue para poder intercambiar experiencias e poñer en común erros e acertos e asegurou que os retos que a LOSU pon por diante ás universidades, “non deben enredarnos en cuestións que non son ofrecer as mellores condicións de docencia ao alumnado cuns recursos limitados".

Adela Sánchez Moreiras incidiu na, que considera, incongruencia, da LOSU ao marcar a figura do axudante doutor como “peza clave” para a entrada na carreira académica e non obstante retirar a acreditación que lle outorgaba un selo de calidade. “Agora temos economistas que se presentan a prazas de fisiólogo vexetal”, dixo a vicerreitora, que lamentou que “agora nós teremos que facer ese filtrado, que supón máis traballo”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Estos son los ocho municipios que optan a ser el próximo "pueblo mágico" de Galicia
Enfoque

Estos son los ocho municipios que optan a ser el próximo "pueblo mágico" de Galicia

...

PorIván Dacal
04/11/2025
Abre el plazo para usar el Bono Comercio 2024 de la Xunta, que premiará a los más rápidos
Enfoque

Abre el plazo para descargar el Bono Activa Comercio en Galicia, aquí los descuentos y cómo usarlo

...

PorIván Dacal
04/11/2025
Nuevo récord de vehículos en Vigo y Caballero da por bueno el dispositivo de tráfico en el centro de la ciudad
Enfoque

Exigen al Concello un plan de tráfico para la Navidad de Vigo y crear aparcamientos disuasorios

...

PorPaula Carballo
04/11/2025
Logran localizar con vida a un hombre desaparecido en O Porriño
Enfoque

Logran localizar con vida a un hombre desaparecido en O Porriño

...

PorAlfredo Teja
04/11/2025
Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados
Enfoque

Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados

PorMetropolitano
31/10/2025

409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X