• Parques infantiles Vigo
  • Turismo en Vigo
  • Incendios Galicia
  • Ikea Vialia
  • Apertura O Porriño
  • Concurso gastronómico
  • Festival Pontevedra
  • Apertura Vigo
  • Alta Velocidad
  • Nintendo Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Berro de liberdade das mulleres contra as violencias machistas en Pontevedra

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
25/11/2020

A angustia, o pranto e a dor das mulleres que sufriron e sofren as violencias machistas tomou corpo hoxe na desgarradora acción artística que a bailarina e coreógrafa Janet Novás desenvolveu na praza da Peregrina como arranque das actividades de reivindicación do 25N da Deputación de Pontevedra. Un acto conxunto co Concello no que, tanto a propia artista como a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, e o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, quixeron lanzar un berro “alto e claro” fronte aos silencios para clamar polo fin desta lacra, ao igual que a xornalista Sara Vila, que leu un manifesto con motivo da xornada. Xunto a eles e elas participaron deputadas e deputados provinciais, así como concelleiros e concelleiras do municipio pontevedrés.

A de Janet Novás é a primeira das 25 accións do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” que se realizarán en toda a provincia, como destacou a comisaria, Paula Cabaleiro. A artista do Porriño partiu da interpretación da canción “Feelings” para amosar nunha rompedora e dramática coreografía, aos pés da Peregrina, a escuridade da violencia machista escenificada tamén nas súas bágoas de cor negra. Coa música de Sergei Rachmaninoff, Novás foi tomando os distintos espazos da escalinata do Santuario nun berro desesperado, pero cun final esperanzador. “Hai que berrar ben alto –dixo- para que se nos escoite e se escoite a todas as mulleres que están a sufrir violencia nas súas casas e máis nestes momentos. Para min este é un berro de liberdade, un berro de forza, un berro para que se escoite e se saiba que non están soas. Se nós escoitamos estaremos aí”.

Másnoticias

Fotos: Concello de Salvaterra

Arrancan en Salvaterra las obras para mejorar el parque de A Canuda, con nuevos juegos

07/08/2025
Foto: Bienal de Pontevedra

Éxito de la Bienal de Pontevedra, con más de 48.000 visitantes en su ecuador

06/08/2025

Na súa intervención, a presidenta Carmela Silva quixo incidir en que a violencia que sofren as mulleres “non é unha enfermidade nin unha pandemia, e os machistas asasinos non son enfermos”. “A violencia machista –engadiu-, nace de que a metade da poboación, as mulleres, vivimos subordinadas á metade que domina. Nace do feito de que non vivimos nun espazo de igualdade. E cando nos empoderamos e non admitimos a subordinación, hai unha forma de dominación para que volvamos ao rego, que é a violencia”. Un feito que amosan, como citou, os datos das 41 asasinadas este ano en España, as 1.074 desde que hai estatísticas no país ou os 243 millóns de mulleres e nenas que sufriron violencia no mundo no último ano. “Hai que cambiar o sistema social no que vivimos –apuntou-. As mulleres esiximos o que nos corresponde, a metade de todo. Xa non soportamos máis as violencias e non cremos nos silencios”. De aí accións como este programa de visibilización das mulleres artistas de Galicia para “levar a todos os recunchos este grito pola igualdade, que é o máis fermoso, e o que merece máis a pena”.

“Remataremos coa violencia –avanzou a presidenta-, non teño ningunha dubida. Este é un canto de esperanza desde a indignación, porque a sociedade é cada día mellor, e por iso se erguerá cada día máis forte, mulleres e homes loitando contra os asasinatos de mulleres e denunciando aos asasinos. Hai que poñer o rostro neles, nos que asasinan. A sociedade os despreza”.

Pola súa banda, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, insistiu na necesidade de que a violencia machista non sexa “tratada como un problema de segunda orde” pola Covid, “porque con ou sen pandemia, a violencia é unha lacra para o conxunto da sociedade, non só para as mulleres que a padecen, e que siga existindo avergóñanos e indígnanos a partes iguais”. Incidiu na situación das mulleres “atrapadas nos seus fogares cos seus maltratadores, máis illadas ca nunca e con dificultades para acceder a espazos seguros”. Lores subliñou o feito de celebrar accións como “Violencia Zero” nos espazos públicos para converter esta loita “en algo tanxible e colectivo” e que vai na liña da filosofía da cidade pontevedresa respecto deste espazo “onde relacionarnos e vivir en igualdade”. E rematou afirmando que esta é una loita colectiva “coa esperanza de que algún día as fillas das nosas fillas non teñan que seguir marcando o 25N no calendario”.

No acto intervino a xornalista Sara Vila, que leu un manifesto da súa autoría no que amais de subliñar que “estamos fartas de minutos de silencio”, lembrou que “non hai oco para os maltratadores nin para os seus cómplices no mundo que queremos construír. Están sós”. “Protexernos dun virus non debe facer que nos esquezamos destoutra lacra que leva séculos, milenios, matándonos. Hoxe estou aquí para reclamar por todas as miñas compañeiras, e tamén por min, algo tan básico como o noso dereito a vivir”. Vila insistiu na necesaria colaboración dos homes na loita pola igualdade e en que é preciso ofrecerlles ás nenas “modelos de mulleres independentes e de relacións igualitarias”. “O que pedimos é tan sinxelo que nin sequera cómpre perder o tempo explicándollelo aos que non o queren entender. Queremos vivir en paz”.

Temas: Deputación de Pontevedrafeminismoigualdad
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Estabilizado el incendio de Carballeda de Avia, con lo que bajan a cinco los focos activos

El incendio ha afectado a unas 4.000 hectáreas, parte de ellas en los municipios de Avión, Melón, Leiro y Ribadavia

PorMetropolitano
21/08/2025
Enfoque

"En marcha ya la Biblioteca Pública de Teis", el Concello de Vigo licita su construcción

Vecinos del barrio de Teis reclaman que el espacio cuente con servicio de préstamo de libros y que no sea solo una sala de lectura

PorPaula Carballo
21/08/2025
Varias personas esperan para coger un tren en la estación de Chamartín-Clara Campoamor, a 20 de agosto de 2025, en Madrid
- Alejandro Martínez Vélez - Europa Press
Enfoque

La Alta Velocidad entre Galicia y Madrid ya funciona "con normalidad" pese a los incendios

Renfe confirma que la Alta Velocidad Galicia-Madrid está recuperada tras días cortada por incendios. Ha anunciado un refuerzo del servicio

PorEuropa Press
21/08/2025
Enfoque

El Concello pone fecha a la consulta pública para que Vigo opine sobre la tasa turística

Vigo abrirá este viernes la consulta pública sobre la tasa turística. Así funcionará este proceso para que cualquiera pueda dar su opinión

PorAlfredo Teja
21/08/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X