• Concierto Castrelos
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
  • Mundial Vigo
  • Mercado piso Vigo
  • Ruta senderismo
  • Obras en Balaídos
  • Concurso pan
  • París de Noia
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Carmen García Mateo tomará posesión como a primeira reitora da historia da UVigo en xuño

Carmen García Mateo tomará posesión como a primeira reitora da historia da UVigo en xuño

A. Irago - EP

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
26/05/2026

Carmen García Mateo tomará posesión como reitora da Universidade de Vigo o xoves 25 de xuño, nun acto que se celebrará no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a partir das 12:30 horas. Alfonso Rueda presidirá o acto de investidura da primeira reitora da UVigo, que chegará ao cargo algo máis dun mes despois de gañar, en segunda volta, as eleccións á Reitoría, á candidatura de H2040, encabezada por Belén Rubio.

O acto do día 25 comezará co discurso do reitor en funcións, para a continuación procederse á lectura do decreto de nomeamento de García Mateo, que prometerá o cargo e recibirá de mans de Manuel Reigosa a medalla e o bastón de mando. Logo do discurso da nova reitora, procederase ao nomeamento do seu equipo, que prometerá os seus cargos. O presidente da Xunta será o encargado de pechar co seu discurso o acto que rematará coa interpretación do Gaudeamus igitur. Ademais de confirmar esta mañá a data de celebración do acto de toma de posesión da nova reitora, Reigosa tamén sinalou que o traspaso de poderes co novo equipo de goberno “xa está en marcha e desenvólvese con normalidade”.

Másnoticias

En marcha el gran supermercado que aterrizará en el centro de Vigo

En marcha el gran supermercado que aterrizará en el centro de Vigo

03/06/2026
Los 'mini pisos' se instalan en Vigo, el 25% en alquiler miden menos de 60 metros

Los 'mini pisos' se instalan en Vigo, el 25% en alquiler miden menos de 60 metros

03/06/2026

No que podería ser o derradeiro Consello de Goberno do actual equipo reitoral, déronse luz verde a novas titulacións para o vindeiro curso, entre elas, o Máster en Enoloxía; aprobouse a saída a concurso de tres prazas de docentes asociados en Ciencias da Saúde propios que se incorporarán á UVigo para facilitar que a descentralización completa da docencia práctica do Grao en Medicina sexa efectiva no curso 2026/2027; actualizouse o protocolo para garantir dereitos de identidade e expresión de xénero; e aprobouse a celebración dun acto de recoñecemento ao Consello Social da UVigo co gallo do seu 30 aniversario.

Informe do reitor: casos de presunto acoso sexual e medicións de radon

En relación cos casos de presunto acoso sexual, o reitor insistiu no informe que presentou ante o Consello en que o posicionamento do equipo de goberno seguirá a ser o mesmo, “actuar impecablemente cando haxa algunha denuncia e poñer nos dous lados da balanza o respecto absoluto pola presunción de inocencia das persoas denunciadas e ao mesmo tempo o respecto, cariño e acompañamento ás vítimas”, Reigosa sinalou que “nos dous casos que xurdiron hai pouco, teño a sensación de que chegaron en mal momento político, por así dicilo, pero creo que ser van resolver con absoluta normalidade, aproveitando as canles que temos, que levan moito tempo funcionando”. O reitor lembrou a existencia doutras denuncias, “algunha que rematou coa saída dalgunha persoa da institución, algunha xubilación anticipada, e ao mesmo tempo outras quedaron en nada porque as denuncias non tiñan fundamento” e pediu coidado “porque pode danarse a persoas que non teñen ningunha culpa e cómpre ser moi agarimoso coas que denuncian, porque se é unha denuncia real, atenta contra a dignidade persoal e como institución creo que sempre o fixemos ben”. Reigosa agradeceu o traballo das persoas que integran da Comisión de Acoso Sexual e da actual e a anterior directora da Unidade de Igualdade.

No seu informe, o reitor tamén confirmou, neste caso, a través das explicacións do vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, Félix Quintero, que PDI e PTXAS xa pode consultar o informe sobre o radon realizado no edificio Exeria, o primeiro pechado e publicado nun repositorio da UVigo. Quintero lembrou que “a UVigo é das primeiras institucións en cumprir coa norma (RD 1029/2022) sobre a detección e adopción de medidas en relación coa presenza de radon en instalacións da institución”, así como que xa están realizadas medicións en todos os edificios. Cara o futuro, o vicerreitor sinalou que deberá continuarse coa realización de medicións, adopción de medidas correctoras e elaboración e publicación de informes finais de acordo coa normativa.

No que podería ser o seu derradeiro informe, o reitor tamén trasladou os seus parabéns á catedrática e vicerreitora de Extensión da UVigo, Susana Reboreda, polo seu nomeamento en próximas horas como membro do plenario do Consello da Cultura Galega. Ao remate da sesión, Reigosa agradeceu o labor das e dos integrantes do órgano de goberno da UVigo, aos que dixo, “foi un pracer traballar con vós” e “levareivos sempre no corazón”.
Tres docentes asociados para Medicina e máis avances

O Grao en Medicina estivo presente en varios puntos da orde do día, incluíndo o propio informe do reitor, quen resaltou que “todo vai moi ben, pero deben manterse as espadas en alto”. Logo de lembrar que en caso de incumprimento dos acordos acadados a UVigo poderá activar a cláusula de saída e pedir a titulación, Reigosa asegurou estar moi contento coa decisión de que sexa a Consellería de Facenda a que se faga cargo de pagar os tres docentes asociados de Ciencias da Saúde propios que se incorporarán á UVigo para facilitar que a descentralización completa da docencia práctica sexa efectiva no curso 2026/2027, ao tempo que reiterou que “esta é unha solución boa para o país”.

O vindeiro curso marcará pois o arranque do proceso de descentralización, nesta caso, tal e como explicou o vicerreitor Alfonso Lago, coa docencia práctica de 5º curso e o rotatorio de 6º. Tendo en conta a estimación de estudantes que poden solicitar a impartición das mesmas nos hospitais, unidades e centros sanitarios vinculados á Universidade de Vigo, “que entendemos se moverán nun abano de entre 30 e 50 estudantes”, o Consello de Goberno aprobou a saída a concurso desas tres prazas de docentes asociados en Ciencias da Saúde que xa mencionara o reitor no seu informe, “o que consideramos que permitirá cubrir as necesidades docentes de dito curso”, recalcou Lago.

Estas tres prazas de asociado inclúen tres áreas: medicina familiar, onde se prevé se inscribas máis estudantes; cirurxía (cardíaca e maxilofacial) e medicina, un gran paraugas que inclúe medicina intensiva, rehabilitación, alergoloxía, reumatoloxía, nefroloxía, xeriatría, neurofisioloxía, anatomía patolóxica e medicina preventiva.

Por outra banda, procedeuse tamén á aprobación, por asentimento, do concerto asinado entre o Sergas e as universidades públicas galegas, un documento do que o vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente Alfonso Lago destacou que por primeira vez se trata dun concerto único do Sergas coas tres universidades públicas galegas “e non como acontecía ata agora, que había concertos diferentes con cada unha das universidades”, un aspecto no que tamén fixo fincapé o reitor, aludindo a que “ao tratarse dun concerto único evitamos que cada unha das universidades teña que negociar por separado con cada unha das consellerías, todos estamos presentes nas negociacións e isto é bo para todos”.

A maiores, deuse luz verde ao Regulamento de funcionamento das unidades docentes do Grao en Medicina, un documento no que se detalla de forma clara a composición deste órgano, as súas funcións e organización. “Este aspecto fai referencia á cláusula sexta do convenio en relación á creación no CHUAC e CHUVI dunha unidade docente que acollerá a todo o profesorado que imparta a docencia prevista no acordo, tanto da universidade á que estea vinculado o hospital como da Universidade de Santiago de Compostela”, explicou o vicerreitor.

Tres novos mestrados e un doutoramento para o curso 2027/2028

No ámbito académico, o Consello de Goberno aprobou por asentimento a tramitación de tres novos mestrados para o curso 2027/2028, tres propostas únicas da Universidade de Vigo: Ciencia e Tecnoloxía en Nanomateriais e Biomedicina, que vén a substituír o antigo mestrado interuniversitario de Nanociencia e Nanotecnoloxía, na Facultade de Química; Dereito Público dos Recursos Hídricos e Termais, na Facultade de Dereito; e Viticultura e Enoloxía na Facultade de Ciencias, unha titulación da que, tal e como lembrou o reitor, se leva falando desde o ano 2005, “que era unha gran demanda en Ourense”, e que “agora, por fin, será unha realidade”, unha boa nova á que, desde o seu punto de vista, contribuíu de xeito definitivo “a acreditación do Campus Agua”.

Haberá tamén novidades en canto aos doutoramentos coa posta en marcha, tamén no campus de Ourense, dun novo programa en Física, Computación e Ciencia Aeroespacial no que participan a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, a Escola Superior de Enxeñaría Informática e o Campus Auga.
Balance do plan HRS4R: 14 accións completadas e sete en progreso

Dende a Vicerreitoría de Investigación e Transferencia presentouse o informe de resultados do plan de acción 2023-2026 do selo HRS4R (Human Resources Strategy for Researchers), ferramenta posta en marcha pola Comisión Europea para dar recoñecemento ás institucións de investigación que ofrecen unha contorna laboral favorable, transparente e estimulante para o persoal investigador. Segundo foi explicando a vicerreitora, Belén Rubio, o plan do HRS4R contemplaba para este período 21 accións, que encaixaban tanto co Plan Estratéxico da Universidade como coa propia Carta Europea do Investigador. “Desas 21 accións, 14 considerámolas completadas ou rematadas, en función dos indicadores obxectivos que nos propoñiamos, e 7 están aínda en progreso, polo que deberían incluírse no novo plan 2026-2029 si se decide continuar mantendo o selo HR”, explicou Rubio.

Entre as rematadas salientou as de Ciencia Aberta, a de avaliación da investigación conforme aos criterios CoARA e a de mobilidade internacional. Con respecto a este último aspecto fixo especial mención ao Programa de investigadores visitantes, xa que “en 3 anos tivemos 398 investigadores visitantes que cualificaron a súa estadía na Uvigo cun 4.72, en promedio, sobre 5”. Así mesmo, mencionou tamén o recoñecemento como Centro Euraxess desde o ano 2024 e a creación da Euraxess Welcome Office, co seu manual de benvida e atención ao persoal. “É algo do que me sinto moi satisfeita, pois ata agora non se tiña contemplado ningún plan para estas persoas”, recalcou Rubio.

Por outra banda, a vicerreitora tamén mencionou a política OTM-R (Open, transparent and merit recruitment) de contratación de persoal investigador, que se aprobara en Consello de Goberno en decembro do 2023; a creación do novo Servizo de Recursos Humanos de Investigación, que se aprobou en xullo do 2024, e o Proceso de modificación da normativa, en xuño do 2025. “Este foi un cambio notable con respecto ao que existía no pasado e, ademais, máis dun 95% das prazas ofertáronse en Euraxess”, indicou a vicerreitora, quen admitiu que lle encantaría que se mantivera no futuro, “pois considéroo un gran logro para a universidade, para a captación de talento e para visibilizar que o mérito e a capacidade son as sinais de identidade da nosa institución”.

No relativo aos aspectos que quedaron “a medio camiño”, explicou que o que máis mágoa lle dá é o da carreira do Persoal Investigador e de Apoio á Investigación e a súa estabilidade no emprego. “Tiñamos acordado un convenio coa mesa sindical que contemplaba unha carreira clara, con melloras salariais e outras vantaxes, pero non chegou a aprobarse”, destacou Rubio, quen admitiu que agarda “que poida retomarse e ser aprobado polo novo equipo reitoral”.

Actualización do protocolo para garantir dereitos de identidade e expresión de xénero

Na sesión deste martes tamén se aprobou por asentimento o Protocolo de actuación para cambiar de nome e/ou xénero as persoas trans, intersexuais e non binarias na UVigo, unha actualización da normativa co obxectivo de garantir os dereitos de identidade e expresión de xénero da súa comunidade. “A reforma introduce importantes novidades que afectan tanto á súa denominación e alcance, como á súa xestión práctica e administrativa”, explica Raquel Rey, directora da Área de Diversidade da UVigo, que sinala como motivo central da reforma “o deber legal e institucional da UVigo de protexer á comunidade LGTBIQA+. Desde o ano 2018, o panorama lexislativo estatal sufriu unha fonda transformación que esixe que a institución académica adapte o seu Protocolo”.

O documento pasa de chamarse Protocolo de actuación para cambiar de nome e de xénero de uso común das persoas transxesuais, tranxénero e intersexuais na universidade de Vigo a Protocolo de actuación para cambiar de nome e/ ou xénero as persoas trans, intersexuais e non binarias na universidade de Vigo, adaptándose así o termo trans conforme aos estándares actuais e incluíndose de xeito explícito as persoas non binarias.

“O traspaso de competencias organizativas de xeito que a responsabilidade directa de xestionar os procedementos pase da Unidade de Igualdade á Unidade de Diversidade; así como unha serie de melloras na tramitación con xestión de solicitudes a través da Sede Electrónica; o establecemento dun prazo máximo de catro semanas para a resolución do proceso, coa obriga explícita de comunicar calquera demora á persoa solicitante; a actualización do nome nos portais de investigación e nos perfís institucionais do PDI e do PTXAS”, son algunhas das melloras na tramitación, que destaca Raquel Rey. “

Temas: Universidade de VigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Escolares de O Porriño se suman a la "Operación Ola" para disfrutar de jornadas de surf
Enfoque

Escolares de O Porriño se suman a la "Operación Ola" para disfrutar de jornadas de surf

...

PorPaula Carballo
03/06/2026
Nigrán aprueba rehabilitar la antigua escuela unitaria de Chandebrito y darle una nueva imagen
Enfoque

Nigrán aprueba rehabilitar la antigua escuela unitaria de Chandebrito y darle una nueva imagen

...

PorPaula Carballo
03/06/2026
Antonio Resines protagoniza en Galicia la nueva película que se rueda en la provincia de Pontevedra
Enfoque

Antonio Resines protagoniza en Galicia la nueva película que se rueda en la provincia de Pontevedra

...

PorMiguel Alonso
03/06/2026
La AN propone juzgar por homicidio imprudente al capitán del Pitanxo y a dos directivos de la armadora
Enfoque

Piden nueve años de cárcel para el capitán y los responsables de la armadora del 'Villa de Pitanxo'

...

PorEuropa Press
03/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X