• Aperitivo de moda en Vigo
  • Cartas Pokémon en Vigo
  • Cascada escondida
  • Villa indiana Redondela
  • Vídeo rescate Ourense
  • Nuevo mirador
  • Afectados Viaxes Loa
  • Arte urbano Nigrán
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Científicos de nove países debaten na UVigo sobre novas ferramentas para a medicina do futuro

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
20/07/2023

Hai seis anos, as e os investigadores de posdoutoramento co Cinbio, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, decidiron poñer en marcha unha cita anual coa investigación máis punteira nas áreas de biomedicina e nanomateriais: o Annual Meeting. A sexta edición desta iniciativa, que se ten consolidado como un encontro científico multidisciplinar de primeiro nivel, arrancou hoxe no campus e boa mostra do seu tirón son os preto de 200 participantes procedentes de nove países diferentes.

A cita, que se celebra no salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais, desenvolverase ao longo do día de hoxe e na mañá deste venres. O encontro conta con oradores invitados internacionais e nacionais procedentes de disciplinas como os nanomateriais, a oncoloxía, a bioinformática, a bioestatística, a inmunoloxía, a síntese química e outras disciplinas abordadas polo CINBIO. O obxectivo é abrir, ao longo das dúas xornadas, un debate creativo sobre novas ferramentas para a medicina do futuro conxugando as achegas procedentes e todas estas áreas.

Másnoticias

Foto: Grupos Emergencias

Cortada la A-52 entre Vigo y Ourense por los fuertes incendios que asolan Galicia

17/08/2025

"No tengo tierras, pero tengo cartas", la pasión por Pokémon llega a Vigo también con inversión

17/08/2025

Unha xuntanza de alcance internacional

No acto de apertura do simposio, a vicerreitora de Internacionalización, Maribel del Pozo, puxo en valor que este evento se teña convertido “nun símbolo de innovación, colaboración e progreso no campo da biotecnoloxía e ciencias da vida” e lembrou que CINBIO é un dos tres centros de investigación de referencia da Universidade de Vigo e “estamos moi orgullos de poder dicir que se ten convertido nun plataforma líder que reúne a mentes brillantes de diferentes orixes e disciplinas, constituíndo unha rede global de científicos unido por un propósito común que é avanzar nas fronteiras do coñecemento para beneficio da humanidade a través da biomedicina e biotecnoloxía”.

Por parte do CINBIO no acto de apertura interveu Isabel Pastoriza, membro do equipo directivo do centro, que salientou que o obxectivo principal do evento é “reunir a científicos académicos, estudantes e investigadores da industria para fomentar, promover e recoñecer a investigación científica sobresaínte”. Lembrou que dende o seu inicio en 2017, este encontro anual foi sempre integramente organizado polos investigadores de posdoutoramento do CINBIO e tense consolidado como “unha plataforma para debates interdisciplinarios, facilitando o intercambio de experiencias e achados de investigación sobre diversos temas de investigación científica e social” e tamén como foro de discusión de “desafíos prácticos atopados e as solucións correspondentes”.

Segundo Pastoriza, o feito de contar con participantes de nove países diferentes fai que a xuntanza teña “realmente un alcance internacional e ademais o programa integral brinda amplas oportunidades para establecer contactos e interacción entre os asistentes”. A investigadora tamén trasladou o agradecemento do CINBIO ao persoal investigador que se encargou da organización do evento, así como aos membros do comité científico, aos poñentes e aos presentadores de pósters. “Co voso apoio e participación, o noso obxectivo é garantir o éxito futuro deste encontro”.

Finalmente, en representación do Concello de Vigo asistiu Jaime Aneiros, concelleiro de Orzamentos e Facenda, que subliñou “a importancia da investigación científica na Universidade e na cidade de Vigo” e destacou que cinco dos seis centros tecnolóxicos que ten Galicia están nesta cidade.

194 participantes, 20 presentacións orais e 85 de pósters

Aínda que a previsión inicial do comité organizador era contar con 150 participantes, a cifra final foi bastante superior, con 194 persoas inscritas procedentes de nove países diferentes.

En total terán lugar 20 presentacións orais e 85 presentacións de pósters, que forman o núcleo deste encontro, ademais da participación de 12 conferenciantes convidados: Luis Liz Marzán, catedrático de Química Física da UVigo e investigador do Cinbio e do CIC biomaGUNE; Sara Abalde-Cela, investigadora do International Iberian Nanotechnology Laboratory de Braga; Roberto de la Torre Martínez, investigador do Karolinska Institutet de Estocolmo; José Alemán, profesor titular na Universidad Autónoma de Madrid; Sovan Sarkar, profesor titular na University of Birmingham; Manel Juan, xefe da plataforma de inmunoterapia do Hospital Clínic de Barcelona; Patricia Horcajada, directora da Unidade de Materiais Porosos Avanzados da Fundación IMDEA Energía; María Mayán, investigadora do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña; Cristina Vieira, investigadora do Instituto de Investigação e Inovação em Saúde da Universidade do Porto; Luz Calle, profesora titular da Universitat Politècnica de Catalunya; Katherine Villa, investigadora do Instituto de Investigación Química de Cataluña e Francisco Fernández Trillo, investigador distinguido do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía e da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

Precisamente, o encargado de abrir o simposio foi o profesor Liz Marzán, cun relatorio sobre os mecanismos de crecemento e a resposta óptica das nanopartículas metálicas quirais.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Foto: Grupos Emergencias
Enfoque

Cortada la A-52 entre Vigo y Ourense por los fuertes incendios que asolan Galicia

...

PorAlfredo Teja
17/08/2025
Foto: Guardia Civil
Enfoque

Dos nuevos detenidos como presuntos autores de incendios en Ourense

...

PorEuropa Press
17/08/2025
Enfoque

Pedro Sánchez visita Galicia en mitad de los incendios y propone un "gran pacto" de Estado sobre clima

...

PorEuropa Press
17/08/2025
Un AVE de Renfe estacionado en una de las vías de la estación Puerta de Atocha // EUROPA PRESS
Enfoque

Adif descarta recuperar la Alta Velocidad entre Galicia y Madrid este domingo por los incendios

...

PorMetropolitanoy1 Otros
17/08/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

14agoTodo el díaProgramación de las Fiestas de San Roque de Vigo 2025FIESTAS | VIGO

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X