Os centros de investigación da Universidade de Vigo (UVigo) integrados na Rede CIGUS—atlanTTic, CIM e CINBIO—recibiron este martes o recoñecemento da Xunta de Galicia como referentes da excelencia científica. No acto Alfonso Rueda destacou que "un país sen ciencia é un país sen futuro”. A rede, que inclúe tamén cinco centros da USC e dous da UDC, reúne 1.600 investigadores.
O goberno galego subliñou que destinou xa preto de 68 millóns de euros á Rede CIGUS, que nos últimos catro anos captou máis de 180 millóns en proxectos competitivos. Nesta nova convocatoria, na que oito centros renovan a súa acreditación e dous se incorporan, o financiamento autonómico increméntase nun 31%. Rueda destacou que a iniciativa, "única en España", fomenta a excelencia, a colaboración e o impacto real na sociedade.
No acto celebrado no Museo Centro Gaiás tamén foron recoñecidos o centro colaborativo Cintecx da UVigo e o interuniversitario Ecobas. O presidente da Xunta reafirmou o compromiso coa transferencia de coñecemento e a conexión entre ciencia e tecido produtivo, subliñando a importancia de reter talento en Galicia.
Ademais, lembrou a aprobación a semana pasada no Consello da Xunta do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027, que conta cun orzamento total de 1310 millóns de euros e que inclúe a creación dunha fundación para atraer talento internacional. Este plan súmase a iniciativas como Oportunius e o programa de apoio á carreira científica, que actualmente conta con 61 millóns en axudas. A Rede CIGUS está formada por centros da UVigo, USC e UDC, acreditados pola súa calidade e impacto na investigación en Galicia.
El grupo biofarmacéutico entregará sus reconocimientos anuales en una gala que tendrá lugar el próximo martes 11 de noviembre
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL