Defender os hábitats do bosque autóctono e implantar unha moratorio para as plantacións de eucaliptos. Estas son os dous principais obxectivos da Iniciativa Lexislativa Popular impulsada por Adega, Fruga e CIG. Segundo estas organización “un de cada cinco metros cadrados de solo galego está ocupado por un eucalipto, unha especie pirófita que se espallou até atinxir máis de medio millón de hectáreas –o 17% do territorio galego”.
Para as organizacións promotoras da ILP estamos diante dunha situación que cómpre reverter porque “as cifras oficiais amosan que a frecuencia coa que ocorren lumes nun eucaliptal é 3,55 veces superior aos lumes en masas de bosque autóctono”.
Para o representante de FRUGA, Manoel Dacal, é unha dinámica que debe mudar. “Impedimos que a xente poida vivir das súas actividades, abandónase a terra, detrás vén a política planificada de Ence de incentivar a plantación de eucaliptos e despois veñen os lumes, con decenas de miles de hectáreas queimadas e mesmo con mortes. Todo na orixe da eucaliptización que hai que frear e ofertarlle á xente saídas no rural rendíbeis que non sexa a única plantación de eucalipto”.
Con todo, a ILP vai máis alá do Plan Forestal, que atinxe só á xestión dos montes, porque pretende unha nova xestión do medio rural no seu conxunto. Entre outras, a protección da biodiversidade de hábitats e especies; medidas valentes para garantir a multifuncionalidade de usos; o fomento do arborado autóctono e mesmo que se elabore un catálogo de frondosas, pendente desde 1992, porque, sen isto, non se pode planificar.
Así, a iniciativa, que busca o máximo apoio popular para levar a lei ao Parlamento de Galicia, estará activa até o mes de marzo.
El CEIP Martínez Alonso de Mos se llevó uno de los premios STEAM. Un galardón que concede el Ministerio de Educación
El Vila do Conde Porto Fashion Outlet ya inauguró su nuevo espacio. Tiene 31 tiendas nuevas y cuatro espacios de restauración
Una marca de moda presenta su nueva tienda en pleno centro de Vigo. Un evento con muchos rostros conocidos de España y de la ciudad
Crudeza se alza como gran triunfador en la segunda edición de Conxemar Tapas con su propuestas "Ceviche Nikkei"
En Oceanografía, está entre las 200 mejores (en el tramo 151-200) y en Ciencias Agrícolas entre las 300 (en el tramo 201-300)
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL