A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, presenta a súa campaña nacional sobre a eliminación das casas de apostas no país. Desde a organización nacionalista criticaron que a falta de ocio alternativo e coa “publicidade obscena” das casas de apostas, empurran á mocidade da clase traballadora a masificar estes locais e anunciaron que levarán ás institucións esta cuestión e proporán medidas para un ocio alternativo.
O Secretario Xeral de Galiza Nova, Paulo Ríos, acompañado de militantes e simpatizantes da organización xuvenil da cidade de Vigo, presentou o cartaz da campaña nacional contra as casas de apostas instaladas en Galiza. A finalidade da mesma é concienciar e dar a coñecer ao conxunto da mocidade galega “a lacra e a perda de poder adquisitivo” que supón manter estas empresas no noso país, cebándose sobre todo nas clases traballadoras.
“Coa COVID-19 agudízanse os problemas que a sociedade e a mocidade galega xa tiñan. Neste caso, o das casas de apostas, vendo un repunte das mozas que recorren a masificar estes locais ante a falta de ocio alternativo” sinalou o Secretario Xeral de Galiza Nova e deputado no Parlamento de Galiza, Paulo Ríos. Así mesmo, Ríos explicou que a sociedade galega leva, nestes anos, perdendo “millóns de euros neste modelo de negocio que a través dunha publicidade obscena e descarada pretende espoliar os recursos da clase traballadora”.
Por outra banda, a membro da Dirección Nacional da organización xuvenil, María Alonso, destacou as estratexias empregadas polos empresarios e donos das grandes casas de apostas co obxectivo de “banalizar e branquexar” o negocio. “A través de futbolistas, cantantes e famosos fan que a mensaxe das casas de apostas incida e atraia máis á mocidade” apuntou Alonso. As casas de apostas, segundo sinalou a organización xuvenil, non seguen as restricións horarios impostas polas institucións coma “o casino de Vigo que pecha ás catro da mañá”.
Desde a organización xuvenil amosaron o seu rexeitamento ante este tipo de negocio e anunciaron que esixirán que as casas de apostas se vaian fóra do país. Neste sentido, tamén se comprometeron a traballar para desenvolver medidas de ocio alternativo coa visión posta a finais de ano, presentando unha nova campaña para a mocidade galega.
Galicia tendrá dos nuevos platós de rodaje que se convertirán en los más grandes de España. Así es el proyecto que ya está en marcha
Continúa la lucha contra las llamas en Oia y Vilaboa. Medio Rural ha dado parte de la situación, tras una noche con numerosos desalojos
Los incendios forestales de Oia y Vilaboa han obligado a decretar la situación 2. Se han desalojado un camping y varias viviendas
El humo del incendio de Vilaboa ha llegado a Vigo tras cubrir toda la ría y hacen recordar los voraces incendios de 2017
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL