Despois dunha campaña en redes que chegou a ser trending topic en twitter cos cancelos como #FinDeCursoXa, #AsíNonUVigo ou #AsíNonUsc, o sindicato estudantil ANEGA vén de convocar unha folga de “duración indefinida” dende este xoves 16 de abril para lograr as súas demandas.
Os promotores reclama a liquidación do curso académico coa superación automática das materias, na liña do que pediron outras asociacións coma ANPAS galegas no ensino medio, así coma varios partidos políticos coma Anova, Podemos ou o BNG. Para iso, o estudantado deixará de asistir ás clases virtuais e de entregar traballos, sendo a primeira folga destas características na historia do Estado.
Dende ANEGA, denunciaron que os estudantes “xa perdemos toda a confianza nas nosas universidades”, logo das declaracións en prensa dos reitores da USC ou da UDC anunciando medidas de forma “totalmente extraorgánica ás canles de comunicación co estudantado”. As medidas anunciadas polas universidades van dende a realización de exames telemáticos, que requiren dunha infraestrutura que dende o sindicato califican de “inexistente”, ata a realización de exames presenciais, “moi perigosos” no contexto de pandemia que estamos vivindo, e foron rexeitadas por un gran número de estudantes nas redes sociais.
Ademais, ANEGA denuncia as consecuencias económicas e psicolóxicas que esta tendo sobre o estudantado a crise do COVID-19, que, conxuntamente coas graves limitacións técnicas da avaliación, imposibilitan continuar o curso.
Pedro Sánchez reconoce que las próximas horas serán duras en la lucha contra los incendios en Galicia. Confirma que la UME desplegará 500 efectivos más por España
Adif confirma que no es posible recuperar la Alta Velocidad entre Galicia y Madrid este domingo. Los incendios siguen amenazando en Ourense
Este rápido despliegue "evitó una tragedia" en los incendios que asolan Ourense. En este vídeo se puede ver la situación vivida en Galicia
De cazar Pokémon a querer venderlos al mejor precio. Así viven algunos jóvenes de Vigo el 'boom' por las cartas de esta saga
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL