O BNG de Vigo alertou este martes da situación de sobrecarga que atravesan as ambulancias do 061 na cidade. O concelleiro Xabier Pérez Igrexas explicou que as dotacións que xa eran de partida insuficientes para atender a poboación da principal cidade galega non foron debidamente reforzadas diante da crise sanitaria do coronavirus.
Igrexas expresou a súa preocupación polas consecuencias que a insuficiencias de medios para a atención de emerxencias sanitarias poida ter. Nese sentido, puxo o foco en que o feito de que as mesmas ambulancias teñan visto duplicada a súa carga de servizos por causa do coronavirus, estaría a comprometer a debida rapidez na asistencia de patoloxías graves e tempo-dependentes como son os infartos ou ictus.
“Sen máis medios, estanse alargando perigosamente os tempos de resposta para atender problemas nos que a rapidez é clave. Nesta situación hai pacientes que están a achegarse aos centros hospitalarios cos seus propios medios ou chegan máis tarde do que se debera” alertou o portavoz municipal nacionalista.
Na cidade de Vigo continúan operando seis ambulancias de soporte vital básico de día e outras tres de noite xunto a ambulancia de enfermería, á que se engade unha única ambulancia de soporte vital avanzado as 24 horas para toda a cidade. Uns medios que segundo puido afirma constatar Igrexas con representantes sindicais do sector resultan claramente insuficientes, polo que instan ao seu aumento.
La Xunta replica al alcalde y asegura que que no pudo acceder a ellas hasta este año y urge una reunión técnica
Importantes rostros conocidos como Clara Lago o Malena Costa estarán en Vigo para participar en la apertura de esta tienda de moda
Vigo protagoniza un nuevo anuncio de Navidad para llegar a toda España. Tras la Lotería de Navidad, ahora llega Suchard
El PP de Vigo censura que el plan de tráfico de la Navidad presentado por el Concello "constata" el fracaso del plan de los años anteriores
Llega la decimoctava edición de Debut, que además se completará con otras actividades como una exposición con Bimba & Lola
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL