• Entradas Chayanne Vigo
  • El Tiempo Vigo
  • Fuegos de Bouzas
  • Hito en el Cunqueiro
  • Nuevo restaurante Vigo
  • Mundial 2030
  • Conciertos Peregrina
  • Mar de Galicia Vigo
  • Castrelos
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Investigadoras da UVigo reforzan a difusión de recursos de Cíes para que sea xeoparque da Unesco

Investigadoras da UVigo reforzan a difusión de recursos de Cíes para que sea xeoparque da Unesco
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

Carlos I. CastrillónPorCarlos I. Castrillón
11/09/2025

Dende o ano 2023, cinco investigadoras e investigadores da Universidade de Vigo, aos que se suman outros nove das universidades do Algarve e Sydney e do CSIC, conforman o comité xeocientífico creado polo Concello de Vigo ao abeiro da proposta de candidatura do arquipélago de Cíes como xeoparque mundial da Unesco, coa que o goberno municipal vigués aposta pola conservación, protección e promoción turística e medio ambiental sostible das illas. Coordinado polos docentes e investigadores do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio do CIM-UVigo, Irene Alejo e Gonzalo Méndez, o comité xeocientífico de expertos centra as súas actividades “na achega de toda a información necesaria para apoiar a candidatura, que se concreta na avaliación e validación da información recollida sobre Cíes, complementar o coñecemento existente con novos datos, mesmo facendo campañas de campo e coordinar o informe técnico”, detalla Méndez. “O noso compromiso é proporcionar evidencia do valor xeolóxico, natural e cultural que se atopa nas Cíes, demostrando que o arquipélago cumpre cos criterios da Unesco para o seu recoñecemento como xeoparque”, sinala Irene Alejo, que confirma que este obxectivo se materializará “na realización de estudos nos que se avaliará a candidatura mediante a identificación e singularidade do seu patrimonio xeolóxico, a súa vulnerabilidade ou a afectación do cambio climático e os riscos naturais cara estes recursos, ademais de proporcionar información coa que se poderán establecer accións de protección, xestión e conservación do territorio”.

Ambos os dous investigadores participaron este mediodía no Concello de Vigo, xunto ao alcalde, Abel Caballero, e o reitor, Manuel Reigosa, no acto de sinatura do convenio de colaboración entre as dúas entidades para a realización de proxectos e actividades para a consolidación da candidatura nos ámbitos da investigación, a educación e a promoción. “Nós temos un compromiso claro co xeoparque das illas Cíes”, asegurou o reitor Manuel Reigosa, que se amosou convencido que co traballo dos especialistas da UVigo “imos ter éxito”. Reigosa lembrou o traballo que desde hai anos realizan as e os investigadores da institución académica viguesa, mentres que Caballero destacou a importancia de acadar o recoñecemento de xeoparque, así como de contar “coa colaboración da UVigo para preservar o patrimonio, en suma ás illas Cíes, neste caso, pero ademais explotar todas as oportunidades sociais a efectos turísticos”. Caballero confirmou que o importe do convenio acada os 50.000 euros, ao tempo que lembrou que Galicia só conta con dous xeoparques O Courel e Ortegal, e “Cíes será o terceiro”, mentres que en España hai 18. O alcalde lamentou a “paralización torticera”, dixo, por parte da Xunta da candidatura de Cíes a patrimonio da humanidade en 2017, así como que non fixera nada desde entón. “Isto xa no pasa pola Xunta e imos acadar Cíes xeoparque da Unesco”.

Másnoticias

Vigo da un nuevo paso para que las Islas Cíes se conviertan en Geoparque Mundial de la Unesco

Vigo da un nuevo paso para que las Islas Cíes se conviertan en Geoparque Mundial de la Unesco

18/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026

Un labor continuo centrado este ano na difusión e na promoción

O estudo comparativo do patrimonio xeolóxico das Cíes e a súa singularidade en relación con outros xeoparques; a organización dunha xornada de intercambio con outros xeoparques e o fomento da investigación académica nas illas coa realización de TFG e TFM son tres das liñas fundamentais de traballo da comisión incluídas no eixo da investigación. Pola súa banda, dentro do eixo educativo contémplase a realización de cursos de formación para guías; o lanzamento dun programa educativo e a organización de actividades de promoción do xeoparque nos campamentos urbanos; mentres que as accións de promoción céntranse en actividade de comunicación e divulgación como a creación de produtos turísticos e rutas xeolóxicas ou de figuras representativas do xeoparque.

“Non hai que esquecer que o recoñecemento faino a Unesco e polo tanto, ademais da compoñente científica, ha outra cultural e educativa, Por iso, este ano queremos reforzar a elaboración e difusión de materiais didácticos accesibles para estudantes de distintos niveis educativos e a promoción, que busca dar a coñecer e pór en valor os recursos xeolóxicos, naturais e culturais ao público en xeral”, detalla Gonzalo Méndez. “Dalgún xeito, as accións deste ano son continuidade das de anos anteriores. É como un labor continuo, pero podemos destacar as actividades e material de divulgación en niveis educativos de primaria e secundaria”, sinala Irene Alejo, para quen a participación do persoal investigador do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio da UVigo neste proxecto, ten unha dobre perspectiva: “por unha banda, de recoñecemento da longa dedicación ao estudo da xeoloxía das illas Cíes, e por outra, é unha inmellorable oportunidade de transferencia dese coñecemento”.

Optimismo sobre a consecución do recoñecemento

Tres anos despois da creación dos comités xeocientífico e o socioeconómíco, os investigadores da UVigo amósanse optimistas sobre a posibilidade de que o arquipélago acade o recoñecemento ao que aspira. “Cíes ten valores suficientes para a súa declaración como xeoparque mundial Unesco e se o comparamos con outros xeoparques reforzamos esta convicción”, aseguran Alejo e Méndez.

Xuntanza entre o reitor e o alcalde: Medicina e edificio Siemens

Con anterioridade á sinatura do convenio sobre Cíes, Caballero e Reigosa mantiveron unha reunión centrada na polémica suscitada pola demanda da UDC dun Grao en Medicina, así como no edificio Siemens. “Estou comprometido con que haxa estudos de Medicina en Vigo. Entendo a reivindicación dunha facultade para a cidade, pero eu aposto máis pola colaboración coas outras dúas universidade galegas, porque temos un modelo de éxito en diversas titulacións nas que partillamos as cousas e nos permite facelas máis folgadamente” dixo Reigosa, que esta tarde manterá un encontro cos seus homólogo de A Coruña e Santiago.

O reitor da UVigo reiterou que se as negociacións do grupo de traballo non permiten acadar un acordo “presentarei ante o noso Consello de Goberno outras alternativas como ir en solitario. Buscaremos algún posicionamento que Vigo merece e a UVigo tamén, e que nos apetece moitísimo, pero persoalmente paréceme mellor para o SUG e para a formación dos nosos egresados, que as tres universidades galegas traballemos conxuntamente”. Sobre a continuidade das reunións do grupo de traballo dixo Reigosa que se non se acadan desbloqueos antes finais deste mes ou principios de novembro “non ten moito senso perder tempo en algo que non ten futuro. Se en outubro non houbese acordo convocaríase o Consello de Goberno da UVigo”, avanzou.

En relación coa cesión do edificio Siemens á UVigo por parte de Zona Franca, Reigosa asegurou que “se vai achegando ese día para min moi esperado no que poidamos anunciar que movemos a Facultade de Ciencias do Mar, os mestrados relacionados con Bioloxía Mariña e o CIM cara á ETEA que é algo ao que aspirabamos”. Cómpre lembrar que a UVigo solicitara o pasado de xullo á Xunta de Galicia a cesión dos edificios Morse e Enfermería.

Temas: CíesIllas CíesUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Pasión por los chiringuitos en Vigo, con lleno total en los conciertos gratis al atardecer
Enfoque

Vigo da el primer paso para el regreso de los conciertos gratuitos en los chiringuitos

...

PorIván Dacal
20/07/2026
Galicia se propone ampliar las plazas de enfermería en Primaria hasta alcanzar una por médico en 2030
Enfoque

Galicia se propone ampliar las plazas de enfermería en Primaria hasta alcanzar una por médico en 2030

...

PorMiguel Alonso
20/07/2026
Las Medallas de Galicia reconocen a la emigración, cuatro mujeres en el exterior reciben el galardón
Enfoque

Las Medallas de Galicia reconocen a la emigración, cuatro mujeres en el exterior reciben el galardón

...

PorPaula Carballo
20/07/2026
Contratiempo en una playa de las Rías Baixas, Vilagarcía desaconseja el baño en uno de sus arenales
Enfoque

Contratiempo en una playa de las Rías Baixas, Vilagarcía desaconseja el baño en uno de sus arenales

...

PorUxía Pérez
20/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X