Comisións Obreiras vén de denunciar o “incumprimento das instrucións do SERGAS no terceiro proceso de vacinación” contra o covid para o persoal dos centros sanitarios de Galicia. Segundo explican dende o sindicato, a xerencia da área sanitaria de Vigo “decidiu vacinar a persoal que non é destinatario da vacina neste terceiro proceso”. Nesta fase, teríase vacinado ós mandos e persoal da Fundación Biomédica entre outros, sen ter finalizado o proceso entre todo o persoal do SERGAS “ao que si lle correspondía e que si atende a pacientes”. CC.OO pon como exemplo ao persoal de ADOS (Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia), que figura no plan de prevención como primeira liña.
Segundo denuncian, no primeiro proceso “xa se tiñan dado moitos incumprimentos das instrucións de vacinación, que xeraron malestar e alarma social”. Así, CCOO esixe, “una vez máis”, que a xerencia de Vigo respecte estritamente as instrucións de vacinación emitidas polo Sergas e Saúde Pública, e deixe de transmitir a sensación de “arbitrariedade e discrecionalidade na dispensación da vacinación”, que está a crear malestar entre o persoal. A vacinación da conselleira delegada de DomusVi, Josefina Fernández, e máis do seu irmán, Pedro Fernández, xerou a pasada semana unha importante polémica que chegou até o Parlamento de Galicia.
De xeito paralelo, o sindicato lamenta a “improvisación” nas medidas adoptadas pola xerencia da área sanitaria de Vigo, que se implementan sen información algunha ao persoal nin aos seus representantes. O persoal do Meixoeiro coñeceu onte a decisión do centro de facer que has habitacións foran individuais, “unha media que pode ser axeitada”, recoñecen, pero que supón “unha sobrecarga de traballo para o persoal que as atende”. A dirección do centro decidiu reducir o número de enfermeiras, facendo que nas quendas de tarde e noite unha única enfermeira debe atender a 17 persoas.
La bodega señala que busca crear espacios de encuentro, formación y disfrute en los que generar vínculos con la hostelería y los empresarios
CC.OO. denuncia que la dirección pusiese a disposición de los usuarios de cucharas en sustitución de los timbres, "inoperativos"
Este local de hamburguesas en Vigo planea abrir en nuevas ciudades. Lleva cinco años abierto en la ciudad olívico
La Navidad de Vigo de este 2025 se prepara para su gran prueba de estrés en las calles con medidas inéditas: fechas y horarios
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL