• Nueva plaza en Vigo
  • Navidad Vigo Vialia
  • Mister España Redondela
  • Escape room Samaín
  • Aparcamiento gratis Porriño
  • Navidad Vigo
  • Voando nas Rías Baixas
  • Navidad Portugal
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Especialistas europeos debaten na UVigo sobre os desafíos xurídicos que supón a IA

Especialistas europeos debaten na UVigo sobre os desafíos xurídicos que supón a IA
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
26/05/2023

Dous días para debater sobre os principais desafíos xurídicos que supón a Intelixencia Artificial (IA) para a contratación pública na Unión Europea. Nisto consiste, a grandes trazos, a reunión anual do European Procurement Law Group, o grupo europeo de especialistas en contratación pública, xuntanza que nesta ocasión se celebra este xoves e venres na Universidade de Vigo co patrocinio da Axencia Galega de Innovación -GAIN-, baixo a coordinación da vicerreitora de Profesorado e Ordenación Académica, Patricia Valcárcel, catedrática de Dereito Administrativo experta en normativa sobre contratación pública e implicacións da IA no Dereito público.

O encontro, que se está a levar a cabo no edificio Redeiras, conta coa participación de especialistas en contratación pública de diversos Estados membros da UE (Alemaña, Austria, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Holanda, Italia, Polonia, Portugal e Romanía) e do Reino Unido, e a temática central está ligada á execución do proxecto de investigación Desafíos estratéxicos da contratación pública na era da 4ª revolución industrial: sostenibilidade, gobernanza e intelixencia artificial, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, e que está coordinado por Patricia Valcárcel, da UVigo, e Christoph Krönke, da Universität Bayreuth, en Alemaña.

Másnoticias

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

24/10/2025
As mulleres lideran as novas incorporacións ao corpo de docentes catedráticos e titulares da UVigo

As mulleres lideran as novas incorporacións ao corpo de docentes catedráticos e titulares da UVigo

23/10/2025

Tecnoloxías dixitais 

A Intelixencia Artificial (IA) está a deixar unha importante pegada en moitas áreas, entre elas, o sector público, que desde hai tempo camiña cara a un novo modelo de gobernanza pública dixital. Neste proceso, tal e como indicaron as e os especialistas que participan na xuntanza, están xa a adoptarse diferentes tecnoloxías dixitais, tales como a automatización robótica de procesos e procedementos, o blockchain, a análise de big data, a aprendizaxe automática e outras formas de intelixencia artificial. “Iso supón numerosos e importantes retos e problemas xurídicos, en particular, polo alto risco de toma de decisións inadecuadas, inconsistentes ou capturadas e sesgadas polas ferramentas tecnolóxicas que utilizan IA”, apunta Patricia Valcárcel, ao tempo que explica que, desde unha perspectiva xurídica, isto pode xerar problemas relacionados co respecto dos principios democráticos, así como das regras e principios que as administracións públicas deben observar na súa toma de decisións.

Detectar problemas e achegar solucións

Se ben existen xa diversas propostas normativas pioneiras a nivel da Unión Europea que pretenden crear unha gobernanza adecuada no uso dalgunhas tecnoloxías dixitais -a máis notable é a proposta de Regulamento UE, denominada Lei de Intelixencia Artificial-, “parece pouco probable que estas propostas teñan un impacto directo na regulación da contratación pública”, explica a profesora Valcárcel, quen fai fincapé en que, “con todo”, a relevancia práctica deste sector no despregamento das tecnoloxías dixitais por parte do sector público “é incuestionable” tendo en conta que, na maioría dos casos, cando o sector público utiliza a IA, faino celebrando primeiro un contrato público. Neste sentido, desde o punto de vista das persoas que participan nesta xuntanza, debe facerse notar que a miúdo se esquece o feito de que a lexislación sobre contratación pública “é -ou debería ser-“ un instrumento crave para garantir que, ao contratar IA, a Administración reciba un sistema que cumpra todos os requisitos legais e prácticos cara o seu uso.

“Por iso é polo que o proxecto de investigación que estamos a levar a cabo ten como principais obxectivos poñer de relevo o crucial papel que corresponde á contratación pública no uso de tecnoloxías dixitais que utilizan IA, examinar e determinar se as leis de contratación pública dos distintos Estados membros son adecuadas para «comprar IA» e en que medida, así como realizar un exhaustivo diagnóstico da situación e, notablemente, achegar solucións aos problemas apuntados”, explica a coordinadora viguesa do proxecto.

Primeira sesión aberta ao público en xeral

A primeira sesión da xuntanza, celebrada este xoves pola tarde, estivo aberta ao público en xeral, e nela, ademais de presentarse o traballo do grupo e a súa utilidade para os profesionais -o que fixeron, respectivamente, o profesor François Lichére da University of Jean Moulin Lyon 3, e Carlos Pérez Ramos, avogado experto en contratación pública-, interviñeron Julián Cerviño, director da AMTEGA, e, desde Bruxelas, Daniel Arosa Otero, responsable de Nttdata, que está traballando na posta en marcha do PPDS (Public Procurement Data Space) que impulsa a Comisión Europea. A sesión deste venres prolongarase ao longo de toda a xornada.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Agreden y roban material valorado en 28.000€ a un topógrafo mientras trabajaba en Mos
Enfoque

La DGT y la Guardia Civil activan en Galicia un plan de vigilancia especial de neumáticos y luces

...

PorCarlos I. Castrillón
27/10/2025
El hombre más guapo de España está en Redondela, Guillermo Lago es el nuevo Mister España 2025
Enfoque

El hombre más guapo de España está en Redondela, Guillermo Lago es el nuevo Mister España 2025

...

PorCarlos I. Castrillón
26/10/2025
Vigo recuperará un enigmático “molino” con estanque y zonas verdes en un barrio que renace
Enfoque

Vigo recuperará un enigmático “molino” con estanque y zonas verdes en un barrio que renace

...

PorÁngel Vila
26/10/2025
Más de 1.400 personas llenan Bouzas de solidaridad en la Carrera por la Esclerosis Múltiple de Vigo
Enfoque

Más de 1.400 personas llenan Bouzas de solidaridad en la Carrera por la Esclerosis Múltiple de Vigo

...

PorCarlos I. Castrillón
26/10/2025
A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú
Enfoque

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

PorCarlos I. Castrillón
24/10/2025

A Universidade de Vigo participou nas feiras Study in Spain celebradas nas cidades de San José, Bogotá e Lima

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X